Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Verbas’ Category

Buscando o Norte

Desenfocada, entre una multitude que consumía freneticamente copas de Moët et Chandon e petiscos de salmón con trufa negra ao carón dun mar de prata, confesábame odiar todo aquilo. Baixo o seu forzado sorriso comezaron a xurdir revelacións que soterraban dúas almas xemelas palabra a palabra. Gústame o frío, non todos temos porque namorarnos deste sol e calor do sur. E a choiva, tamén me gusta a choiva. Encántanme os intres nos que estou soa. Teño morriña do meu país, quixera viaxar alí sempre que me dese a gana. Eu son do norte.

Read Full Post »

Lotaría Nadal 2008

Reunidos na vila catalá de Sort tódolos mentalistas, bruxos e bruxas, adiviños, futurólogos, meigas (“haberlas haylas”)… e demais entes de todo o planeta que todo o saben, ou queren saber, decidiron por unanimidade que o número que vai saír premiado este ano no Sorteo de Nadal vai ser o 46.599, corenta e seis mil cincocentos noventa e nove.

Casualmente o Club Deportivo Maceda, entidade coa que servidor anda enleado ultimamente, ten en posesión o prezado número. Segundo recentes novas ás que puiden ter aceso, de seguir o ritmo de vendas actual apenas han quedar décimos para a vindeira semana…

Tamén casualmente, hai varios locais en Maceda que teñen aínda os cobizadísimos décimos á venda; Café Bar 2000, A Taberna, O Pincho,  A Cepa, Bar Plaza, A Cervexería, Cafetería Castillo, Bar Rufas, Restaurante La Diligencia, Estación de Servicio Maceda.

Nota para despistados, moi despistados: calquera semellanza coa realidade… é puro azar. Toda a información anterior non é máis que un xeito de lembrarche que aínda temos lotería (San Google tamén ten que traballar) do Club Deportivo Maceda e de darlle as grazas ós locais que están colaborando na súa venda. Pois iso, moitas grazas.

Read Full Post »

¡Donas e cabaleiros!, ¡nenos e nenas!… ¡benvidos a noite máis tola das vosas vidas!… ¡preparádevos para o surrealista mundo do Circo Palomanes!

¡¡¡Tititiririri titi tititiririri!!! ¡¡¡Tititiririri titi tititiririri!!!

Los payasos de la tele

O circo desta familia non ten nome. Esta pasada madrugada presentáronse, coa súa “troupe” nas portas do Castelo, a facerlle un espectáculo de escapismo á xente de Protección Civil que estaba a facer garda no Castelo e … finalmente un deles “colouse” na fortaleza, enganchado a súa maleta, tal como faría o mesmísimo Houdini nos seus mellores tempos.

Até agora a PrinCelsita dábame certa pena (a amargura de ver a un pallaso chorar); pensaba na soidade do camerino despois de cada actuación, nas horas consumidas fronte ó espello maquillándose para volver a crear unha infeliz máscara, no afastados que quedaban os sorrisos dos seus queridos “nenos”… e non podía evitar sentir certa angustia. Agora que xa son dous “pallasos” no Circo todo é diferente, seguro que ata a ti che apetece participar ¿non si?.

Por certo, o circo merece maior respecto.

Read Full Post »

Mensaxe do Edu

holaaaaaaaaaaaaaaa a todos estou de puta madre e con ganas de voltar. Mil abrazos e gracias os que me tedes vido ver os outros non pasa nada se non podedes xa nos veremossssun abrazoooooooooooooooo a todos.

O Edu

Eu agora xa sei para que serve un blog. OLucas.

Read Full Post »

C- Ó- M- I- C- O

Fernán Gómez

Prezado amigo:

Coñecíate de vista, eras coma unha desas caras familiares que un perece ter atopado mil e unha vez: saímos xuntos a coller bolboretas en Allariz, vivimos a guerra compartindo aquel pequeno cuarto de Madrid e, xa maior, fixéchesme teimar unha e outra vez sobre a importancia da honra, da amizade e do amor. Aínda así, podo dicir que non te coñecín ben ata que unha oferta de El Corte Inglés fixo que o teu amor polo cine e o teu pensamento entrara na miña vida, vaia 295 pesetas máis ben invertidas. Aqueles artigos escritos “Desde la última fila”, encheron de imaxinación e ilusións a pequena habitación da Florida, por un tempo tiven o meu particular Café Gijón en Vigo. Foi o principio da nosa amizade, comecei a coñecerte e a comprender aquelo que Marisa Paredes dixo de ti para presentarnos ” por anarquista, por poeta, por cómico, por articulista, por académico, por novelista, por dramaturgo, por único y por consecuente”.
Logo compartimos centos de peripecias, fames e amores con ¡Stop!, novela de amor ou El vendedor de naranjas, os dous toleábamos daquelas polo cinema; eu soñaba con escribir guións de cine e ti amosábasme o fermoso e complicado que podía ser. Só ti e máis eu sabemos que algo saíu daquel soño.
E agora vaste, eu sei que cabreado, porque desexabas que a túa derradeira bafarada de aire se perdese nun escenario, e que alguén dende o fondo, lle murmurase ó compañeiro do lado: “é un pallaso”. Ó que este lle respondería “si, é un auténtico… cómico”.

Os meus respectos,

OLucas.

PD: un destes días volveremos a vernos, estou desexando escoitarte en “La silla de Fernando”

Read Full Post »

Chámame lunático

Estaba fermosa a lúa. Alaranxada, no fondo do horizonte íase consumindo. As estrelas despedíana entre aplausos. Mañá saíra o sol.

lúa

Veño cabreado, supoño que afectado pola miña visión lunar. Veño do castelo. A policía local cercando as posesións do “Conde Palomares” as 24 horas, o alcalde e os concelleiros do BNG poucas menos á busca dunha solución, algún traballador do Concello facendo garda durante a noite, a mamá do individuo pechada dentro… ¿e a xente de Maceda?

Non quero escribir demasiado porque se cadra cando me “arrefríe” arrepíntome, pero o que está a pasar supérame. ¿Podemos deixar que esta situación se prolongue?, ¿e logo os veciños non imos facer nada?, ¿e que este pobo só se move cando lle furgan nos petos?, ¿onde están todos aqueles que dicían que o Castelo era do pobo e que habería que recuperalo polas boas ou polas malas?.

Son da idea que cada pobo é o que quere ser, o que está a pasar estes días no Castelo dará fe do que Maceda quere ser nos vindeiros anos. O que avisa…

Chamádeme lunático pero eu mañá volverei por alí, cando menos para ollar a lúa.

Read Full Post »

Eu tamén

¿O poder de Deus na terra?

Jo també sóc antimonàrquic

Read Full Post »

Anda o galiñeiro da política galega revolucionado por un “dáme aí eses cartos” e un “eu non os quería”, a verdade é que o asunto ten miga… cando menos tanta como 15000 €.

A disposición transitoria 17 da Lei da Función Pública de Galicia, establece subidas salariais de 15.000 euros anuais para os altos cargos da Xunta que sexan empregados públicos. Esto supón que 2000 persoas que desenvolveron o seu traballo como altos cargos na Xunta, dende a aprobación do Estatuto no ano 81 e durante máis de dous anos, terán un sobresoldo ó reincorporarse ó seu traballo como funcionario de ata 15000 €.

Dende logo houbo voces discordantes, entre elas unha valente Encarna Otero, pero a maioría dos nosos políticos mirou cara outro lado… e calou.

Na miña opinión os políticos deberían estar ben pagados. Non teño ningunha dúbida de que o xeito de progresar un país é poder contar na esfera política co seu mellor capital intelectual. Tampouco dubido á hora de valorar a enorme responsabilidade inherente ós seus postos e a adicación que supón. Dende logo na empresa privada ese tipo de perfís estan bastante mellor remunerados.

Xa que logo, ¿que facer para atraer os mellores e que a política se profesionalice?, ¿non é esta unha medida atractiva nese senso?

Penso que este tipo de medidas dificilmente se poderían xustificar en base a estas ideas, en primeiro lugar por ser inutilmente discriminatorio entre os altos cargos, é dicir, non diferencia en base a súa boa ou mala xestión, simplemente valora o feito de ter permanecido nun alto cargo durante dous anos. En segundo lugar por ser altamente discriminatorio cos futuros compañeiros da administración á hora de reincorporarse á función pública, ou a caso é sostible que entre dúas persoas que ocupan o mesmo posto e fan o mesmo traballo para a mesma empresa, haxa unha diferencia de 15000 € anuais nos seus salarios.

En fin, que con vontade sempre hai tempo de mudar as cousas. Fagámolo.

Read Full Post »

Seguen sen entendernos

Patético. Esa é a única palabra que se me ocorre para defini-lo artigo que El Mundo publicou a semana pasada sobre o Himno galego. Na súa liña van tamén as últimas declaración de Rajoy ó respecto.

Estamos a falar dun Himno con cen anos de historia, instaurado pola Xunta de Galicia cando Fernández Albor era presidente e Rajoy vicepresidente, e que a día de hoxe está plenamente asumido pola inmensa maioría dos galegos.
Disque Rajoy pensa que o importante é que os cativos aprendan “inglés e informática”. Eu tamén. E tamén penso que é importante que se desenvolvan en francés, que melloren as habilidades de comunicación en público, que as artes teñan maior peso na educación… e sobre todo que se (auto) valoren como persoas e como pobo.
Dende o meu modesto punto de vista, de pouco vale ter unha xuventude perfectamente formada e preparada para mellorar as condicións de vida do noso país, se cando rematan a súa formación e comezan as súas vidas profesionais deciden (ou se ven obrigados) a marchar cara “Madrí”. A miña “boa e xenerosa” interpretación é que todas aquelas medidas que tenten desterrar o sentimento de auto-odio que se colou na vida dos galegos nos séculos pasados serán positivas para acadar un maior benestar no noso país. Pero claro fai falla ser “sabio, temperado e aberto, esperto e clarividente” para entendelo… e eles non nos entenden, non.

Read Full Post »

Un compromiso

Foi unha semana dura. Os ecos do accidente aínda baten na memoria e na alma. Sei que o Edu vai adiante, contenteime o martes cando o vin, loitando, forte, como un gladiador enfrontado ó inimigo invisible. Dende entón souben que nada o frearía… e onte abriu os ollos. Naceu.
O Carballo conta cos amigos, tirarán del, non teño ningunha dúbida. Son grandes.

Intento que as bágoas non distorsionen a realidade. Reflexiono. Coñezo moita xente que conduce, moita xente que bebe, moita xente que fai as dúas cousas paralelamente. Inclúome entre o 99% de xente que coñezo e que algunha vez colleu o coche despois de tomar unhas copas, para todos nós, o do venres pasado foi un regalo vital. Explícome. Foi un regalo vital porque o seu infortunio prolongará a vida de moitos de nós, unha parte da miña vida a partires daquel intre perténcelle a estes tres amigos. Non sei cal será a porcentaxe, non sei se acontecería ou non, non sei se me decataría noutra situación, nin sequera sei o porque. Só sei que dende entón naceu no meu ser un compromiso, persoal e inviolable. Nunca máis na miña vida o alcohol conducirá o coche no que eu me suba. É o mínimo que se me ocorre devolverlles.

Read Full Post »

« Newer Posts - Older Posts »

A %d blogueros les gusta esto: