Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Profesional’ Category

Segue Buscando

Pasei a miña infancia apoiado na barra dun bar, non porque tivese unha especial carencia polos fluídos despachados sobre a amigable superficie senón porque durante os oitenta, esta foi o sustento da miña familia.

Hoxe, como profesional da xestión de persoas, non dubido de que o primeiro acto de calquera das nosas novelas persoais marca o carácter do protagonista da trama. Neste caso o feito de medrar nun bar marcou inevitablemente o meu desenvolvemento persoal, tendo adquirido unha serie de competencias de uso diario que xamais me abandonarán… mesmo en tempos de crise como o actual.

Aprendín a escoitar. As controversias nocturnas entre borrachos deron moito de si. Recordo fixar a atención para intentar buscar un gañador na dialéctica, aínda sendo temas dos que eu non tivese nin a máis mínima idea. De aí a importancia concedida, daquelas e agora, á linguaxe corporal, que tan poucas veces nos engana. Ademais estaba a outra linguaxe, esa  que empurra a razón contra a ruindade; con seis ou sete anos era capaz de identificar mentalmente entre trinta e corenta tacos e palabras malsoantes, algo que non estaba ao alcance de calquera rapaz da miña quinta. (máis…)

Read Full Post »

Qda vc despdido

«A empresa vai fechar. A partir de segunda-feira vocês vão receber a carta para ir para o fundo de desemprego»

Non sei cal será o nivel máximo de impersonalidade na xestión de recursos humanos, pero estou seguro de que poucas accións poderían superar á realizada no pasado mes de agosto pola empresa portuguesa Pinhosil. En pleno período de vacacións, dezaoito dos seus empregados recibiron a mensaxe que acabas de ler no seu móbil. Dan gañas de responder, verdade?. (máis…)

Read Full Post »

A oportunidade prestábase perfecta, a CEO en colaboración coa Escuela de Negocios Caixanova, organizaba en Ourense unha xornada baixo o título As Claves para unha Xestión de Persoal Efectiva. Así que por alí me deixei caer. Sen dúbida pagou moito a pena escoitar de boca de reputados profesionais dos RRHH, ideas frescas dentro dun ámbito profesional, que por desgraza na nosa provincia, aínda está en cueiros.

As claves para unha xestión de persoal efectiva

Para comezar D. Raúl Dávila Aparicio, do Grupo PGC, contrapuxo a histórica visión da dirección de persoal baseada nas relacións laborais coa visión actual dunha dirección de persoas na que son precisamente estas a que se sitúan no centro da xestión da empresa.

A continuación D. Álvaro Vázquez Losada, de Zara España, expuxo algunhas das políticas que en materia de RRHH fan que a súa empresa sexa un referente para os demandantes de emprego. Mostrou de igual xeito a súa preocupación polo dinamismo do entorno actual e a dificultade en atopar algún tipo de perfís en zonas da península como Madrid, Barcelona, A Rioxa… e o traballo que están a desenvolver para atraer e reter os profesionais que consideran interesantes para a organización. Tamén saíron nalgún intre da súa exposición interesantes temas como o brand empowerment ou a xestión do coñecemento, neste caso postos en relación coa Xeración Y, a web 2.0, e toda a avalancha de colaboración que está a xurdir no noso entorno.

As claves para unha xestión de persoal efectiva

Finalmente D. Antonio Domingo Tudó, Presidente de AEDIPE Galicia, na súa presentación “O uso do sombreiro dobre para unha negociación eficaz”, sacou a luz a problemática da xerencia á hora de negociar e implantar medidas que favorezan a flexibilización na empresa; por unha banda debe dar resposta á parte empresarial, e por outra banda eles son os primeiros en verse afectados por calquera tipo de medida que a compañía leve adiante. Son pois como o personaxe de Stevenson, Dr. Jekyll e Mr. Hyde, xestores e traballadores a un tempo.

Un pequeno coloquio puxo fin a xornada e animounos a todos a participar, non só neste tipo de actos senón tamén no desenvolvemento das políticas de xestión de persoas a nivel provincial. Algo que dende a CEO e Caixanova están a facer con este tipo de iniciativas, e polo que gañaron os meus parabéns.

Read Full Post »

Durou 20 ou 25 minutos, estaba tenso, todo saiu ben, gustoume, salín contento, satisfeito, e foi aquí…


Instalacións de Faurecia en Ourense

Así é, hoxe foi a miña primeira vez… coma entrevistador nun proceso de selección. Como xa contei fai un par de días estou a facer unhas prácticas no departamento de RRHH de Faurecia, e hoxe, despois de asistir a un par de entrevistas de traballo, o director propúxome que a seguinte a fixera eu, así “a pelo” (seguindo coa metáfora que todos identificastes nas primeiras líneas), sen preparar nada. Aprendín cousas interesantes, entre elas que cada candidato é un mundo, por alí apareceron dende o típico “sobrao” que todo o sabe, ata o recén diplomado que busca calquer cousa pra sacarse unhas pelas. Deste xeito se cada un deles é diferente a súa entrevista tamén debe ser diferente, e así o tratei de facer. O meu entrevistado, Rubén, penso que se sintiu cómodo e puido ofrecernos a súa mellor cara, porén, a falta de arranxar un problema de datas, comezará a traballar na empresa a próxima semana.

Read Full Post »

A día de hoxe, dúas son as actividades que ocupan o meu tempo, polas mañás estou a facer as prácticas do máster que durante o pasado ano estiven a facer na Universidade de Santiago de Compostela, finalmente tiven sorte e estou a facelas en Faurecia, multinacional do sector do automóbil e que ten unha das plantas con mais traballadores de Ourense. Por outra banda onte comecei a traballar no proxecto que temos que elaborar pra o remate do ano, neste caso trátase de analizar a implantación dun novo sistema de RRHH na Autoridade Portuaria do Porto de Marín. Aparte desto estes días ando amañando os papeis pra a miña aventura americana, dentro dun par de meses o que vos escribe estará vivindo na “terra dos soños”, pero desto xa falaremos outro día.

Read Full Post »

A %d blogueros les gusta esto: