Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Na rede’ Category

OLucas Simpson

Sempre me preguntei como sería a vida no mundo amarelo de Matt Groening. Onte brincando na arañeira atopei a porta de entrada a Springfield. Non o dubidei e tentei “renacer”, a verdade e que non me acabo de ver no personaxe…pero é o meu intento.

OLucas Simpson

O mellor de todo foi poder compartir unha cervexa con Homer, Barney, Lenny e Carl na Taberna de Moe. Unha gloriosa Daff da que aínda fica pouso nos meus beizos.

No Bar do Moe

Foron horas de cháchara estúpida; fooball, mulleres, comida, chismes do pobo… Espertei as catro da madrugada, con resaca, no meu particular Springfield.

Read Full Post »

Rainin´n in paradize

Menos mal que aínda nos queda Manu. El sempre ten algo que dicir cando abre a boca para cantar… e desta volta por partida dobre. Unha versión dirixida polo inimitable Kusturica e a outra animada polo debuxante polaco Evene Wozniak. Pracer para os sentidos!

Welcome to paradise
Today it’s raining (Welcome to paradise)
Today It’s raining (Welcome to paradise)

In Zaire, Was no good place to be
Free world go crazy, it’s an atrocity

In Congo, Still no good place to be
They killed Mibali, it’s a calamity

Go Maasai go Maasai be mellow, Go Maasai go Maasai be sharp

In Monrovia, this no good place to be
Weapon go crazy, it’s an atrocity

In Palestina, too much hypocricy
This world go crazy, it’s no fatality

Go Maasai go Maasai be mellow, Go Maasai go Maasai be sharp

Today it’s raining, in paradise
Today it’s raining

In Baghdad, it’s no democracy
That’s just because, it’s a US Country

In Fallujah, too much calamity
This world go crazy, it’s no fatality

Go Maasai go Maasai be mellow, Go Maasai go Maasai be sharp

Today it’s raining
In Jerusalem, in Monrovia, Guinea-Bissau, today it’s raining

Welcome to paradise, Come to the fairy lies
Welcome to paradise
Today it’s raining, fade out.

Read Full Post »

Nova publicada hoxe en La Voz de Galicia:

 Maceda Atrasará a setembro a festa medieval prevista para o domingo e trasladaraa á vila.

Cando a decisión do goberno municipal de Maceda de retirar a concesión ao actual xestor do castelo segue sendo o principal tema de conversación da vila, o Concello decidiu tamén suspender a Festa do Leitón prevista para esta fin de semana. Os novos responsables do concello queren darlle un novo aire á celebración de inspiración medieval pero aínda non tiveron tempo de facelo, polo que o festexo atrasarase ata o mes de setembro. Desde o Concello non aclararon se a suspensión ten que ver coa fronte aberta co xerente do castelo aínda que aseguran que en próximas edicións a festa terá máis presencia na vila.

O que si se celebrará esta fin de semana é a Noite do Terror. O medo será o anfitrión no Pazo de Chaioso mañá e o sábado, a partir das once da noite. Para poder gritar de pavor hai que pagar unha entrada de tres euros.

Read Full Post »

A voltas co castelo

A mellor noticia das festas está a ter repercusión na prensa provincial e autonómica. Estas son as novas que recollen hoxe El Pais, La Región, Faro de Vigo e La Voz de Galicia:

O Concello de Maceda alugou o castelo por 1000 euros ó ano.

O Concello de Maceda rescinde a concesión como hotel do castelo pola súa “inactividade”.

O alcalde rescinde o aluger do castelo de Maceda pola mala xestión.

O alcalde di que a xestión do castelo dá mala fama a Maceda.

O xerente pide ó Concello que demostre as súas acusacións.

Read Full Post »

Sobre o castelo

Hoxe aparece en La Voz de Galicia unha nova que moitos macedáns esperábamos con impaciencia:

O alcalde rescinde a concesión hostaleira do Castelo de Maceda

O Concello de Maceda retirará a concesión de explotación hostaleira do castelo. O alcalde, Francisco Xabier Oviedo, convocou unha roda de prensa para hoxe na que dará as explicacións oportunas sobre esta decisión. O castelo foi rehabilitada no ano 2003 para ser convertida en establecemento hoteleiro.

No día de mañá esperamos ter novas sobre a roda de prensa que tivo lugar hoxe á mañá en Ourense e onde estiveron presentes o alcalde Xavier Oviedo, a tenente alcaldesa Ana María Rodríguez e o concelleiro Xulio Conde.

Read Full Post »

Ja, ja, ja… Sen palabras!

el jueves

Read Full Post »

Durante esta semana tivo lugar o primeiro pleno da nova corporación de goberno de Maceda. O cambio de horario, a partires de agora celebraránse as 8:00 da tarde, espertou a curiosidade entre os veciños… e, polo visto ó día seguinte, entre a prensa provincial.

La Región, “El equipo de gobierno de Maceda reorienta la gestión municipal dotándola de tintes sociales”

La voz de Galicia,  “O pleno de Maceda aprobou a gratuidade da piscina e do pavillón”

Read Full Post »

Entrevista publicada hoxe a Alfonso Rodríguez Lopez, menbro da organización da Noite do Terror de Chaioso (Maceda), en La Voz de Galicia.

Ao igual que ou ano pasado, esta singular actividade nocturna será no pobo de Chaioso, dentro do municipio macedán, xa non non castelo como outrora. Alfonso Rodríguez é un veterán membro dá organización deste evento.

-¿Cal é o escenario?
-O pazo de Chaioso, unha construción dous séculos XV e XVI que dependía do castelo e pertenceu á dezasete condesa de Fefiñáns, Araceli Anta Novoa.
-¿Usan todo o pazo?
-Para a Noite do Terror empregamos somentes a planta baixa.
-¿Como resulta a experiencia neste edificio?
-É o segundo ano que se fai alí. O dono é o danés Thomas, que nos facilita as instalacións dun xeito desinteresado. Os veciños do pobo vólcanse moito tamén. A experiencia é boa, segue a liña que se facía no castelo.
-¿Cantas dependencias usarán non espectáculo?
-Entre dez e doce habitacións. Terán iluminación especial segundo o ambiente, cañóns de fumo, neóns…
-¿De cantos membros se comporá cada grupo de espectadores?
-Os grupos serán de seis ou oito persoas.
-¿E a idade mínima?
-A partires dos oito anos.
-¿Non será moito para nenos desa idade?
-Segundo sexan os integrantes de cada grupo, así será máis ou menos intenso o percorrido terrorífico polo pazo. As persoas que iremos guiando ó público estamos todas acostumados a tratar co público e a enfrontarnos a moitas situacións psicolóxicas. Se hai menores o percorrido adaptarase de xeito automático sen tanta forza como para vos adultos.
-¿Houbo noutras ocasións algunha resposta contraria?
-Sempre hai alguén do público ó que a tensión polo medo súbelle dabondo e ten que pedir que o saquen do percorrido.
-Tensión ben seguro que non faltará.
-Haberá criaturas estranas e por momentos o grupo verase asediado por seres e accións ante as que quedará quedo e inseparable. Entre sala e sala, ó pasar por corredores, non haberá respiro. O visitante estará en activo en todo ou seu paseo.
-Aínda haberá unha chea de actores.
-Son entre os 20 e os 25 máis toda a xente que colabora de modo indirecto. Para facermonos unha idea o ano pasado colaborou toda a veciñanza para rozar os arredores do pazo, que está en abandono.
-Vaia a que van montar.
-Hai que escapar dous convencionalismos.
-Desde logo que si. ¿E de atrezo como andan?
-Hai traxes que veñen dá época en que usabamos ou castelo e outros son novos.

Read Full Post »

Do seu habitual mergullo pola prensa diaria, rescátame Santiago Prol unha moi interesante entrevista realizada a Francisco Carballo o pasado 29 de Xuño en El País. O historiador macedán contestando ó entrevistador (Xan Carballa) fai un análise do carácter dual que manifesta o estudo da Historia, científico e narrativo; critica os dogmas “idealizados” nos textos escolares; mostra o seu interese polo estudo da Historia de Galiza acudindo a fontes privadas, ocultas, non oficiais; e finalmente proclama a súa defensa dunha educación gratuíta, universal e laica (aínda que el considera a relixión gratificante).

Francisco Carballo

Sen dúbida Francisco Carballo é un dos persoeiros a coñecer e vindicar dende Maceda, vaia dende aquí o noso pequeno grao de area.

Vídeo dunha entrevista con Francisco Carballo (Centro de Documentación da Asociación de Escritores en Lingua Galega)

Read Full Post »

Xabier Oviedo BNG

Estimados veciñ@s:

Falta pouco máis de dúas semanas para que entre todos decidamos o que queremos para Maceda nos vindeiros catro anos. Durante os derradeiros días tiven ocasión de conversar con moitos de vós e palpar as vosas inquietudes. Unha cousa que semella latente aló onde vaia é o interese por coñecer os proxectos das distintas formacións políticas. É por iso que, recollendo este sentir dunha gran parte do pobo, me gustaría aproveitar este medio para invitar os outros dous candidatos á alcaldía do pobo, Manolo e Ana, a un debate público, que podería celebrarse no Multiusos do Toural nunha data consensuada entre os tres.

Dende o Bloque estamos convencidos de que os veciños queren contar coa maior información posible para decidi-lo futuro de Maceda. Nós estamos dispostos a dárllela e esperamos que esta proposta cause o mesmo interese nas outras dúas forzas políticas.

Polo ben de Maceda, un saúdo.

Xabier Oviedo.

Read Full Post »

« Newer Posts - Older Posts »

A %d blogueros les gusta esto: