Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Na rede’ Category

Ano 1920. Poder, alcohol, violencia, sexo, apostas, jazz… todo agochado baixo as mudas táboas dun paseo marítimo de Atlantic City, no que soamente o mar é quen de devolver regurxitadas negras historias que conteñen unha verdade sen valor.

Levo meses recomendándolle Boardwalk Empire a todo aquel que se cruza no meu camiño, unha serie da HBO que é un auténtico espectáculo. Apenas é preciso que vexas o capítulo piloto dirixido maxistralmente por Martin Scorsese para que todo aquilo que eu che poida contar se quede en nada.

Deberías deixar todo o que estás a facer agora mesmo e, rapidamente buscar o xeito de ver a primeira temporada. A túa vida podería estar nas mans de calquera, a piques de mudar…

Read Full Post »

Até sempre Vieiros

Malas novas para o periodismo galego, malas novas para a minguada liberdade que aínda lle queda a nobre profesión dos contadores. Quince anos na arañeira non foron suficientes para consolidar un medio dixital na procura dun país “moderno e aberto ao mundo, sen complexos e con todo o futuro por diante”. Cousas da money (que outros si levan), pero é o que ten xogar a ser independente. Polo que a min respecta, continuarei a gardar o Vieiros na miña pestana de Favoritos a espera de que novos tempos nos amosen novos vieiros… Até Sempre.

Read Full Post »

Escribir para nenos sen caer no ridículo aos ollos do mundo adulto é unha empresa complexa. O camiño da simplicidade complícase con cada nova palabra e as flores moralizadoras das beiras adoitan a murcharse ás primeiras de cambio. É algo que eu non che sabería explicar, pero coñezo a vello amigo que…

Read Full Post »

Aqueles marabillosos anos

Disque 30 anos non son nada… ¿seguirás pensando o mesmo despois de ver este vídeo?

Maceda anos 60 -70- 80


A verdade é que me fixo sentir como un neno, apenas lembro ou recoñezo un par de persoas, o que si recordo son varios dos sitios que hoxe mudaron completamente… quen sabe se para mellor.

Read Full Post »

Os albardeiros en Maceda

Algún anxo da garda que vive en “terra santa” fixo que caera na miña caixa de correo este pedazo de Maceda que tiña buscado insistentemente pola rede.

O documental Os albardeiros en Maceda foi rodado por Karlos Abal e X. M. Vilas en 1997, baixo a influencia do seu profesor Ramón Caride. Ós tres lles agradezo que o compartan dende esta fiestra con todos nós.

Read Full Post »

Vivir unha revolución

¿Algunha vez te paraches a pensar como eran as xentes que viviron durante a Revolución Industrial?, ¿e durante a Revolución Francesa?. Seguro que nin imaxinas como vivían os homes do Neolítico.

Crees que alguén se parará dentro de 20 anos a pensar no que estamos vivindo, ¿tes ti 8 minutos para ollar e pensar?.

Read Full Post »

Sen comentarios

Read Full Post »

Un “okupa” no castelo

Así titulaba A Galega a nova dedicada ó castelo de Maceda no Telexornal de hoxe. Se aínda non o viches pincha aquí e avanza cara o final do vídeo, despois dos deportes (hora 3:16).

E mañá máis…

Read Full Post »

Vivamos como galegos

Read Full Post »

En branco e negro

Sempre me fascinou o perfecto maridaxe entre o jazz e a imaxe. Tódolos sentidos parecen querer sumarse ó gozo colectivo cando unha desas instantáneas en branco e negro dos “roaring twenties” se cola polos meus ollos. Creo que podo escoitar o balbordo do club, ulir o ambiente cargado de suor e esencias de tabaco, palpar as notas que saen dos desgastados instrumentos, saborear o derradeiro grolo dun espectáculo único, excepcional, improvisado. A próxima vez que olle a fotografía soará outra música, o ambiente será distinto, o artista alimentará outros instintos… pero será igualmente delicioso.

Dizzy Gillespie

Encóntrome na rede (vía Capitulo 0) unha colección de imaxes de Herman Leonard que me sacan as cores, fanme por un instante vivir en branco e negro.

Read Full Post »

Older Posts »

A %d blogueros les gusta esto: