Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Eventos’ Category

A oportunidade prestábase perfecta, a CEO en colaboración coa Escuela de Negocios Caixanova, organizaba en Ourense unha xornada baixo o título As Claves para unha Xestión de Persoal Efectiva. Así que por alí me deixei caer. Sen dúbida pagou moito a pena escoitar de boca de reputados profesionais dos RRHH, ideas frescas dentro dun ámbito profesional, que por desgraza na nosa provincia, aínda está en cueiros.

As claves para unha xestión de persoal efectiva

Para comezar D. Raúl Dávila Aparicio, do Grupo PGC, contrapuxo a histórica visión da dirección de persoal baseada nas relacións laborais coa visión actual dunha dirección de persoas na que son precisamente estas a que se sitúan no centro da xestión da empresa.

A continuación D. Álvaro Vázquez Losada, de Zara España, expuxo algunhas das políticas que en materia de RRHH fan que a súa empresa sexa un referente para os demandantes de emprego. Mostrou de igual xeito a súa preocupación polo dinamismo do entorno actual e a dificultade en atopar algún tipo de perfís en zonas da península como Madrid, Barcelona, A Rioxa… e o traballo que están a desenvolver para atraer e reter os profesionais que consideran interesantes para a organización. Tamén saíron nalgún intre da súa exposición interesantes temas como o brand empowerment ou a xestión do coñecemento, neste caso postos en relación coa Xeración Y, a web 2.0, e toda a avalancha de colaboración que está a xurdir no noso entorno.

As claves para unha xestión de persoal efectiva

Finalmente D. Antonio Domingo Tudó, Presidente de AEDIPE Galicia, na súa presentación “O uso do sombreiro dobre para unha negociación eficaz”, sacou a luz a problemática da xerencia á hora de negociar e implantar medidas que favorezan a flexibilización na empresa; por unha banda debe dar resposta á parte empresarial, e por outra banda eles son os primeiros en verse afectados por calquera tipo de medida que a compañía leve adiante. Son pois como o personaxe de Stevenson, Dr. Jekyll e Mr. Hyde, xestores e traballadores a un tempo.

Un pequeno coloquio puxo fin a xornada e animounos a todos a participar, non só neste tipo de actos senón tamén no desenvolvemento das políticas de xestión de persoas a nivel provincial. Algo que dende a CEO e Caixanova están a facer con este tipo de iniciativas, e polo que gañaron os meus parabéns.

Read Full Post »

III Mini BTT Maceda

Espectacular tarde de ciclismo nos arredores do Castelo de Maceda. Parabéns a tódolos participantes e o Club Ciclista Maceda e a Escola de Ciclismo J. A. Hermida pola organización.

Ciclismo BTT Maceda

Fotos do III Mini BTT Maceda

Read Full Post »

Noite do Terror

Cae a noite e a Santa Compaña comeza a buscar incrédulos entre as derruídas paredes do Pazo de Chaioso e os seus arredores. Eu non creo, ti non crees, el non cree… ninguén cre. Pero, ¿que foi daquel grupo de amigos que o ano pasado non creían?, ¿porque non volveron xamáis a Chaioso?. Alguén te vai perseguir os días 10 e 11 no Pazo… e non poderás escapar.

Read Full Post »

Nova publicada hoxe en La Voz de Galicia:

 Maceda Atrasará a setembro a festa medieval prevista para o domingo e trasladaraa á vila.

Cando a decisión do goberno municipal de Maceda de retirar a concesión ao actual xestor do castelo segue sendo o principal tema de conversación da vila, o Concello decidiu tamén suspender a Festa do Leitón prevista para esta fin de semana. Os novos responsables do concello queren darlle un novo aire á celebración de inspiración medieval pero aínda non tiveron tempo de facelo, polo que o festexo atrasarase ata o mes de setembro. Desde o Concello non aclararon se a suspensión ten que ver coa fronte aberta co xerente do castelo aínda que aseguran que en próximas edicións a festa terá máis presencia na vila.

O que si se celebrará esta fin de semana é a Noite do Terror. O medo será o anfitrión no Pazo de Chaioso mañá e o sábado, a partir das once da noite. Para poder gritar de pavor hai que pagar unha entrada de tres euros.

Read Full Post »

¿Que me dis das festas?

O de onte foi incríbel. Só me queda dar os parabéns e as grazas (o resto xa o din todo á noite) ós Taberneiros do Pobo… e que sexa por moitas máis veces. ¡Vémonos na rúa!

Fotos en Macedavirtual.com

Read Full Post »

Festas de Maceda 2007

Aquí vos deixo o programa das Festas das Neves 2007.
Pasádeo ben. ¡Vémonos na rúa!

Programa festas das neves maceda

Programa festas das neves maceda

Read Full Post »

Premio en Maceda

O vindeiro martes 31 de Xullo a macedana Eva Quintas presentará Premio, a súa primeira curtametraxe, en Maceda. A proxección terá lugar as 11 da noite na Praza das Toldas.
Unha vez rematada a presentación poderemos gozar tamén dunha sesión de curtametraxes elixidas para a ocasión.

Premio Maceda

Lembro que cando a curta fora presentada en Ourense moitos macedáns nos achegamos ata alí e quedamos gratamente sorprendidos. Estou seguro que paga a pena repetir… moito máis se é a primeira vez.

Read Full Post »

Fai uns días convidábame Moncho Ramos a descubri-la figura de Celso Montero. Personaxe que dalgún xeito quedou solapado por “non bailar” ó son da música que lle marcaban dende as filas franquistas, dende a igrexa ou dende o Partido Socialista de Ourense.
Mañá sábado as oito da tarde no Salón de Actos do Concello teremos oportunidade de asistir a unha conferencia para coñecer un pouco mellor o seu pensamento. O historiador macedán Francisco Carballo aportará a súa visión sobre a época que lle tocou vivir a Celso Montero, Xulio Montero narrará experiencias persoais da súa estadía como compañeiros en América do Sur, e finalmente, Moncho Ramos achegaranos á figura de Celso Monteiro como humanista e político comprometido.

Read Full Post »

« Newer Posts

A %d blogueros les gusta esto: