Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Eventos’ Category

Palíndromo de Eva Quintas

Todos temos soños, mais tamén todos fomos nenos e soñamos doutro xeito. ¿Lémbraste da derradeira vez que soñaches coma un neno?, ¿serías capaz de regresar?…

Isto é o que nos propón a macedana Eva Quintas na súa nova curtametraxe. Un exercicio de transporte cara o apaixonante mundo da infancia, no que os adultos son un mundo aparte e no que os soños, o final, cúmprense. ¿Ou non?.

Poderemos gozar da presentación en Maceda de Palíndromo o vindeiro mércores día 6 ás 22:30 nas Toldas, e despois cinema ó aire libre.

Por certo, sei que varios rapaces de Maceda fixeron o seu pequeno papel na curta, así que haberá moita xente esperando ver o resultado final. Vémonos aló.

Read Full Post »

Entroido Quente en Maceda

Andan “os do cruceiro” a todo trapo dándolle os últimos retoques á organización do I Entroido Quente de Maceda. A idea é caralluda, eu penso que só hai unha cousa do Entroido da que a xente non gosta, son esas noites de frío en pleno Febreiro… así que desta, meus amigos, non hai escusa que valga.

Tamén vos podedes anotar (son só 15 prazas… ¡y me las quitan de las manos señora! ¡anótese que se acaban!) para o Rali do Humor que durante a tarde do día 26 encherá as rúas de Maceda de vehículos dispostos a superar enxeñosas probas ó estilo das que, fai xa máis dunha ducia de anos se organizaban no Mismo. Iso si, desta volta sen motor, non vaia se-lo demo (ou a garda civil).

Concertos de Kogito e Durundatu, premios na Cervexería, o Albanta, o Ambigú, a Casa Rosa, o Indio, o Golfo e o Delirium… ¡O de menos é que “os do cruceiro” nos vaian invitar a Licor Café e a cear ós participantes! (¿en serio?).

Unha canción: Kriminal festa de Galegoz

Read Full Post »

Por telégrafo. – Orense, 13- 21

Esta mañana fue muerto en el pueblo de Vigueses, Benigno Álvarez, jefe comunista de la provincia, quien se hallaba oculto desde los primeros días del Movimiento nacional y era buscado por la Benemérita y la Falange.

Apareció hoy y como hiciera resistencia a la fuerza pública, ésta le disparó, matándole.

El cadáver fué conducido a esta ciudad, dejándolo en el depósito municipal, a fin de que el público lo viera.

Benigno Álvarez había formado parte de la candidatura del Frente Popular y era sujeto peligroso. – Corresponsal.

Publicado en La Voz de Galicia un 14 de marzo de 1937.

Se queres coñecer máis sobre a apaixonante vida de Benigno Álvarez e do tempo que lle tocou vivir achégate o vindeiro venres día 13 de xuño ás 8 da tarde á Torre da Homenaxe do Castelo de Maceda. Na presentación do libro “Benigno Álvarez. Un comunista na Galiza dos anos 30” do macedán Santiago Prol, participarán, ademais do propio autor, Xavier Oviedo (alcalde de Maceda), Afonso Eiré (Conselleiro Delegado de Promocións Culturais Galegas, A Nosa Terra), Bieito Seara (Director Xeral de Acción Social da Vicepresidencia da Xunta), Francisco Carballo (historiador). Vémonos aló.

Read Full Post »

Comezaron hoxe no Castelo de Maceda as Xornadas de Cata- degustación de Produtos Galegos Agroalimentarios de Calidade organizadas polo Concello de Maceda e a Consellaría do Medio Rural. E que mellor para este primeiro contacto que a sangue do nosa terra, os viños das denominacións de orixe Ribeira Sacra, Valdeorras, Ribeiro, Rías Baixas e Monterrey.

Cata Viños

Fotos da Cata- degustación de viños galegos

A verdade é que para un profano como é o autor destas letras resultou curioso e sorprendente atopar algúns cheiros e sabores no fondo dunha copa de viño… e por riba de todo descubrir que as relacións que o noso cerebro fai nestes casos teñen unha explicación máis ou menos lóxica na gran maioría dos casos.

As Xornadas han continuar o vindeiro xoves 24 coa Cata- degustación dos queixos de denominación de orixe protexida galegos. Para máis adiante quedarán as augardentes e licores, as carnes, a mel, as patacas, o pan de Cea, os produtos de agricultura ecolóxica e… e marcho cear porque non hai quen se concentre con tanto sabor, xa empez# a co€me% at+ as pa$ab*as.

Read Full Post »

Cheirando a coiro

O vindeiro venres un cheiro dos máis propios da nosa vila inundará o Castelo, un cheiro que merece facerse maior, converterse en perfume. Son horas de por en valor oficios que, como o de albardeiro, perderon peso no pobo e non souberon buscar a continuidade nos mercados actuais.

Batanando de Ux�a Caride

Este cheiro tórnase en dous suculentos manxares, como primeiro prato teremos ocasión de escoitar de primeira man experiencias familiares dun albardeiro do pobo. Uxía Caride fará as veces de chef coa presentación da súa obra Batanando. O segundo é un gran reserva, de 1996, o documental Os albardeiros de Maceda de Karlos Abal e X. M. Vilas, que por certo, aínda non catei e estou desexando saborear.

Read Full Post »

A verdade é que sabendo que son o Pájaro e a Ro os encargados de levar adiante este proxecto, non tiña apenas dúbidas sobre o seu futuro éxito. Porén, as poucas que puidera ter, quedaron esvaecidas despois da viaxe da semana pasada a Sanlúcar con motivo da inauguración. Sei que nos trataron como se fóramos a súa familia, e sei que o farán cos clientes do pequeno Hotel Barrameda.

Por iso poderíavos falar do fermoso que é o edificio, do ben situado que está o hotel, da exquisita mestura na decoración, do amable que é a cidade… pero no fondo sei que todo era tan perfecto porque eles estaban alí, porque puxeron o corazón en cada detalle, porque tentaron crear o seu pequeno mundo por aquelas terras. Eu de verdade adorei.

Hotel Barrameda Logo

Fotos do Hotel Barrameda

Así que, tratándose duns amigos, toda publicidade que lle faga será pouca. Xa sabes as túas vindeiras vacacións no sur … Ademais, nos próximos días mostrareiche cousas que facer por aqueles paraxes, e pensa que estarás posiblemente no mellor hotel do mundo… probablemente.

Read Full Post »

Mañá venres as 7:00 da tarde os veciños de Maceda, cualificados na prensa oficial do Reino Palomanes (La Coz de Galicia) como delincuentes, porcos, mentireiros e vándalos, responderán coas únicas armas que poden tirar abaixo o “muro das mentiras”… as verbas do pobo.

 

 

arqueiro

 

Acude armado… algo para montar barullo e a túa frase dedicada á Princesa Celsa escrita nun terzo dun folio. Un exército de arqueiros faralle chegar a túa mensaxe.

 

 

¡¡¡O CASTELO É NOSO!!!

 

Read Full Post »

O “conto” da princesa

Hoxe… máis e mellor. Participa no novo capítulo, só precisas un aparello para armar rebumbio.

O conto da princesa

Read Full Post »

Manifestación

Estase a correr a voz en Maceda de que hoxe a tarde, a partires das 7, os veciños acudirán en manifestación ata o castelo para reclamar o que é noso. Vémonos alá. Temos que estar todos.

¡O castelo é do pobo!

Read Full Post »

Pleno Extraordinario

O vindeiro luns día 8 celebrarase un Pleno Extraordinario (público) no Concello de Maceda que ten como único tema na orde do día a rescisión do contrato da xestión do Castelo de Maceda.

Castelo Maceda

¿Por fin o veremos libre?

Read Full Post »

« Newer Posts - Older Posts »

A %d blogueros les gusta esto: