Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Eu’ Category

O vendedor de seguros

Baixo aquel tupido cabelo loiro, uns ollos azuis mentireiros, un par de meixelas ben encarnadas debido aos rigores dunha garabata apertada de máis para cumprir coas formalidades, e unha lingua digna do presentador do mellor espectáculo circense, comezaron unha exhibición que adoptaba tódolos estándares das mellores leccións de ventas.

Toda aquela verborrea non tería nada de extraordinario se non fose por aquela preparada oración que daba continuación ao engado colectivo: “como sabedes todos, a sanidade pública aquí en Irlanda non funciona tan ben coma noutros países…” (máis…)

Read Full Post »

FADE IN

INT. Cuarto de baño. NOITE.

Baixo a luz dunha lámpada de pé vemos a OLucas sentado no retrete dun cuarto de baño acondicionado como sala de estar, enriba dunha mesiña distínguese unha guía de viaxes de Irlanda, o Dubliners de Joyce, un vaso de pinta e unha cervexa. Lee a prensa do día. Ri un par de veces e finalmente levanta a vista e mira á fronte.

OLUCAS:

Benquerido amigo, agora que os dous sabemos o duro que é

Ser  un “anocorenta” botarei man do cómico con maiúsculas

para lembrarche aquilo de  “a la mierda, a la mierda he dicho,

váyase usted a la mierda…”.

E que mellor sitio para irse de bastos, de corenta en bastos, que

esta modesta porcelana que a todos nos iguala. Que se vas de

duro dirás que é porque agora compartes número atómico co

circonio, que se vas de brando escusaraste con constantes

conferencias telefónicas a Romanía e aquel conto de “vou telefonar

que fai tempo que me estou telefonando”.

Como o cu continuarán a soar os 40 Principales, é por iso que será

en balde empregar a coartada esa de “es que me sube la bilirrubina”

cando nos fagas unha anovada trece- corenta antes de que cante o

galo (sexa do Torres ou non) e negues ser Brozas e ter entoado catro

veces o Ten. (máis…)

Read Full Post »

Pero se me dan a elixir…

Preguntábame un bo amigo, nas recentes datas de Nadal que puiden gozar en Maceda, a miña opinión sobre o feito de que toda unha xeración de xente nova, segundo din máis preparados que nunca, teña que deixar o país para traballar. Comentábamos a maiores a aparente felicidade que transmiten todos eles cando as súas personaxes desfilan por programas televisivos do estilo “Españoles por el Mundo”.

Por sorte, e nos últimos tempos por desgraza, tiven a oportunidade de ser “pirata coxo” cando aquela que eu consideraba a trama principal da miña vida “non se deixou meter man”. Até aquí nada novo que non levase tempo rebulindo no meu estómago, principalmente porque apenas teño lido un par de artigos que traten a cara B, a cara que moitos de nós ocultamos tras as mans cando as cousas non son Jauja. Difícil atoparse cara a cara cos usuarios dos albergues Robin Hood de Noruega, cos compañeiros que a diario continúan a buscar traballo en Dublín logo de media ducia de meses na que teñen gastado boa parte dos seus aforros, ou coas testemuñas da arriscada “avalancha” de españois que deciden apostar polo Paraíso Merkel e se perden na fría realidade xermana.

É por iso que máis alá do resultado final, desa televisiva felicidade finxida ou real, eu son dos que cree que o interesante do que está a acontecer con esta nova emigración é o relatorio das motivacións. Que é o que leva a unha persoa  a deixar a comodidade da súa familia, do seu pobo, do seu grupo de amigos de toda a vida… e embarcarse nun camiño onde o único indicio da futura realidade é aquela que aparece nos soños. (máis…)

Read Full Post »

Casaron (eles tamén)

Fai pouco máis de un ano escribía nesta mesma bitácora acerca do privilexiado que me sentía de poder ser partícipe da felicidade de dous amigos. Continúo a pensar o mesmo… velaquí a proba!

Foto: María Ferreiro

Sei que hoxe todos vos teredes claras lembranzas de cada un dos noivos arribando á vosa cabeza. Aínda así eu, que teño a fortuna de coñecelos aos dous dende que a miña memoria é memoria, ao escribir estas liñas cheguei á mesma conclusión que ese amigo cinematográfico co que todos nos sentamos nun banco na procura do bombón axeitado. Dicía Gump, Forrest Gump, sentado naquel banco que “ é curioso o que un pode lembrar, porque eu non lembro o día no que nacín, nin lembro o meu primeiro regalo de Nadal, nin tampouco lembro a primeira vez que saín de excursión …” (máis…)

Read Full Post »

Ecos rumososos

Vagando no máis absoluto silencio, onde solitarios pensamentos manteñen o que resta de cordura, alí, nese mundo facilmente accesible para a tristura, cruceime cos ecos rumorosos. Arrastráronme os seus murmurios cara o Liffey, afundinme na escoura até o mar. Somerxido no baleiro dun mar que raras veces une, lembrei o salgado sabor da morriña.

Sensacións difíciles de apagar.

Tratábase do 150 Aniversario da Brigada de Bombeiros de Dublín.

Read Full Post »

Fútbol de verdade

Hoxe vamos a ver fútbol de verdade, do grande, do que regala a alma na procura dun soño xurdido nos recunchos da Masía e Lezama, do que arrisca para facer protagonista a ese compañeiro redondo que é máis veloz que o ar. Hoxe, nós xogaremos, nós intentaremos gañar… Aupa Athletic!

Read Full Post »

Cork

Foi só un abrir e pechar de ollos, un par de días cun desconto excesivo de horas de viaxe nun autobús que foi  repartindo as súas humanas existencias en cadanseu pobo até chegar a Cork. A cidade rebelde recibiunos amablemente no climatolóxico, cun baleiro propio dunha fin de semana longa e, moi ao noso pesar, co English Market pechado na mañá do luns.

Estou seguro que non foi o efecto das pintas compartidas nos pubs da cidade o que nos fixo dubidar da hora ao pasar diante do mentireiro campanario da Igrexa de Santa Ana (St Ann’s Church, Shadon). Acovardados, non chegamos a tocar as súas campás. Púidonos o medo a que o seu son irritase ao anxo dourado da Catedral de San Finbar (St. Finbarre’s Cathedral) e este, nun arrebato de ira, se decidise a tocar a súa trompeta, anticipando así o comezo do Apocalipse.

Read Full Post »

Chourizo da casa…

O código de conduta de calquera larpeiro macedán que se prece sinala, como feito irrenunciable para que calquera asentamento humano acade o estado de casa ou morada habitual, a preparación e posterior goce duns bos spaghetti con chourizo… da casa.

Así pois, nunha “sinsentida” homenaxe a ese monstro (no peor dos sentidos) que tiña un Estado na cabeza (y “moviendo un dedo maneja un Estado” ) e que tantas fixo, só me resta por dicir: Queda inaugurada!

Read Full Post »

Desbordante Dublín

Pisar unha nova cidade, inevitablemente, desbórdate. Se ademais eses primeiros pasos pretenden converterse nunha carreira de fondo, entón, o efecto do principio de Arquímides multiplícase.

Após dos clásicos avatares con Ryanair, que desta volta baleiraron o meu peto en 50 euros e a miña paciencia até limites escuros, encamiñeime cara un Dublín que cumpría todos os tópicos; o día gris, a choiva miúda, a amabilidade do roibo chofer de autobús, e os pubs, os pubs alá onde levantes a vista …

Chegado a O´Connell Street, plena zona centro (ou que por estes lares chaman Dublín 1), nunha rúa que só un novato nas artes dublinesas exploraría por vontade propia, está o Sky Backpackers Hostel, renomeado Litton Hostel. A miña morada por unha semana. O son que as rodas das maletas deixan sobre o adoquín da húmida rúa, deixa no ar a derradeira lembranza do que xa quedou atrás.

O Litton Hostel non é o máis moderno, nin o máis limpo, nin o máis silencioso. O seu almorzo non impresiona e a velocidade da internet vai cumprida para usar o Skype. Ao cambio, un atópase nun lugar céntrico, o persoal é servizal, as habitacións (ao menos até o momento no que escribo isto) son seguras, ten unha boa cociña á disposición de calquera que se aloxe no establecemento e, sobre todo, a boa música e o bo ambiente imprégnano todo. Gustoume especialmente a súa decoración; ese gran sofá quedará na memoria como o pequeno curruncho dos meus primeiros días. (máis…)

Read Full Post »

Vida B

” Choose life. Choose a job. Choose a career. Choose a family. Choose a fucking big television, Choose washing machines, cars, compact disc players, and electrical tin can openers. Choose good health, low cholesterol and dental insurance. Choose fixed-interest mortgage repayments. Choose a starter home. Choose your friends. Choose leisure wear and matching luggage. Choose a three piece suite on hire purchase in a range of fucking fabrics. Choose DIY and wondering who the fuck you are on a Sunday morning. Choose sitting on that couch watching mind-numbing spirit-crushing game shows, stuffing fucking junk food into your mouth. Choose rotting away at the end of it all, pissing your last in a miserable home, nothing more than an embarrassment to the selfish, fucked-up brats you have spawned to replace yourself. Choose your future. Choose life . . . But why would I want to do a thing like that?”

Rebobina, volve cara atrás, nas vellas casetes atopar o intre exacto foi sempre tarefa de expertos. O Bic Cristal xira a velocidade lumínica e impídeche ver un instante máis aló. Ninguén dixo que dar co momento axeitado fose sinxelo, na enmarañada cinta férrica da vida o que arriscas es ti.

Canso de escoitar a cara A: o silencio dun país cunhas taxas de desemprego que tinguirían de vermello as fazulas de calquera honesto con capacidade de influír na situación, no que máis da metade dos novos que queren traballar están desempregados, e no que a mellor resposta da clase gobernante a esta situación é unha reforma laboral que nos une pola forza a Europa, ao tempo que nos afasta da primixenia Europa do benestar coa que soñamos. (máis…)

Read Full Post »

Older Posts »

A %d blogueros les gusta esto: