Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘DxT’ Category

Hai momentos que pagan por si sós todo o esforzo que un poida por naquelo que lle gusta. O pasado mes de Xuño os rapaces do ClubDeportivoMaceda xogaron a final da Copa Delegación de Ourense, as lembranzas daquel día non teñen prezo…

 

 

Houbo un día no que nos fixemos grandes.

Chegamos ata aquí sendo uns máis, cada golpe de bombo facía tremer o noso corazón e alentounos a medrar ata facernos grandes, moi grandes.

Porque a grandeza demóstrase nos momentos difíciles como o que nos tocou vivir no campo.

Cando despois de loitar sen descanso, despois de deixar ata o último bafo de alento na procura da vitoria, despois de caer derrotados, somos capaces de felicitar ao gañador e entender que isto é o que fai tan grande ao noso deporte.

As bágoas da derrota non farán máis que regar con orgullo a terra na que hoxe botamos a semente de futuros éxitos.

Cremos en nos mesmos ata o final… e continuaremos crendo.

Forza Maceda!

Read Full Post »

Agora que a temporada peta de novo nas portas do Cardeal Quiroga, preséntovos este vídeo e o texto que o acompaña. Letras e imaxes son o meu regalo para todos aqueles que formaron parte do grupo que levou ao ClubDeportivoMaceda de volta á Primeira Autonómica do fútbol ourensán. Xunto con elas vai o meu desexo para que esta tempada se converta na confirmación do bo traballo feito nos últimos anos e a certificación de que o club estea na máxima categoría do fútbol provincial, que é onde merece estar.

 

 

Para todos os que formamos parte da familia do ClubDeportivoMaceda o 15 de Maio do 2011 foi un día moi especial. Só nós sabemos o que custou este ascenso.

Foron demasiados terceiros postos, demasiadas veces quedándonos ás portas e, aínda así mantivémonos unidos. Por iso temos dereito a saborear este intre máis que ningún outro… temos dereito a lembrar sempre!

Lembraremos que o xeito no que se acadan os éxitos tamén importa, o sabor da vitoria intensifícase e prolóngase infinitamente cando esta é sincera. Porén, no lado oposto, na derrota, tamén hai un podio reservado para aqueles que, con dignidade, apostan polo xogo limpo. Porque a nobreza sempre lle dá valor aos actos humanos. (máis…)

Read Full Post »

O intenso sabor da vitoria

Deporte, coraxe, loita, equipo, vitoria. Son verbas demasiado fermosas para intercambiar por ningunha outra.

O xeito no que se acadan os éxitos tamén importa, o sabor da vitoria intensifícase e prolóngase infinitamente cando esta é sincera. Porén, no lado oposto, na derrota, tamén hai un podio reservado para aqueles que, con dignidade, apostan polo xogo limpo. Porque a nobreza sempre lle dá valor aos actos humanos.

Hoxe, a min e todos os que formamos parte do ClubDeportivoMaceda, quédamos un retrogusto de orgullo que tardará anos en diluírse.

Read Full Post »

Rematou a primeira volta do mundial de Sudáfrica 2010 e apenas puidemos gozar de bo fútbol. Moito ruído, iso si, tanto a nivel prensa como das malditas vuvuzelas, pero co balón… nada máis que un pouquiño da Arxentina de Maradona, pinceladas dunha España que non se está gustando, a Alemaña menos Alemaña de tódalas Alemañas, un Brasil máis alemán que Alemaña, e a esperanza de que a Holanda lle funcione tan ben o fútbol coma o marketing de emboscada.

Persoalmente sorpréndeme a mala xestión de persoas que se fixo no equipo francés; cun adestrador no que non confiaba ninguén antes do Mundial, falto de liderado e que ademais foi incapaz de facer que, no peor dos casos, ese liderado o ocupase alguén da súa confianza. O resultado, xogadores que se creen deuses, rifas dialécticas, bochorno e para casa.

Tamén é de subliñar o bo papel do fútbol latinoamericano, só Honduras se quedou fóra da segunda fase  e, alén dos clásicos Brasil e Arxentina, países de segundo nivel nas apostas futbolísticas como Uruguai, Chile ou México mostraron serias candidaturas a avanzar camiño da final.

Non me sorprende a eliminación de Italia. A lira tamén lle soou unha vez a Grecia en Portugal pero, esta Italia ao contrario daquela Grecia, non tiña espírito e a diferencia da Italia do 2006, non tiña a Pirlo.

No tocante ao que queda por diante, emoción seguro, fútbol de calidade penso que pouco. Aposto por Alemaña e Brasil ou España. Arxentina ten o meu corazón e probablemente o mellor equipo pero Maradona acabará cagándoa. Verémolo en 15 días.

Read Full Post »

Lotaría Nadal 2008

Reunidos na vila catalá de Sort tódolos mentalistas, bruxos e bruxas, adiviños, futurólogos, meigas (“haberlas haylas”)… e demais entes de todo o planeta que todo o saben, ou queren saber, decidiron por unanimidade que o número que vai saír premiado este ano no Sorteo de Nadal vai ser o 46.599, corenta e seis mil cincocentos noventa e nove.

Casualmente o Club Deportivo Maceda, entidade coa que servidor anda enleado ultimamente, ten en posesión o prezado número. Segundo recentes novas ás que puiden ter aceso, de seguir o ritmo de vendas actual apenas han quedar décimos para a vindeira semana…

Tamén casualmente, hai varios locais en Maceda que teñen aínda os cobizadísimos décimos á venda; Café Bar 2000, A Taberna, O Pincho,  A Cepa, Bar Plaza, A Cervexería, Cafetería Castillo, Bar Rufas, Restaurante La Diligencia, Estación de Servicio Maceda.

Nota para despistados, moi despistados: calquera semellanza coa realidade… é puro azar. Toda a información anterior non é máis que un xeito de lembrarche que aínda temos lotería (San Google tamén ten que traballar) do Club Deportivo Maceda e de darlle as grazas ós locais que están colaborando na súa venda. Pois iso, moitas grazas.

Read Full Post »

Xa temos aberto o prazo de inscricións na Escola de Fútbol Concello de Maceda- Club Deportivo Maceda, se che apaixona o deporte rei e tes gañas de compartir experiencias e facer un grupo de amigos… esta é a túa casa. ¡Esperámoste!

Read Full Post »

Fútbol de altura

Seguen a dar os seus primeiros pasos deportivos os rapaces da Escola de Fútbol do Concello de Maceda- C.D. Maceda. A verdade é que xa estou desexando velos nun campo de fútbol 7, ou incluso no grande… haiche calidade!.

Neste caso fágovos chegar unhas fotos do equipo alevín, que onte gozaron enfrontándose ós compañeiros de Xinzo de Limia.

C. D. Maceda Alev�n

Fotos do C. D. Maceda- Xinzo

Read Full Post »

Galiza 1 – Camerún 1

Pois alá nos fomos, preto de cen macedáns a apoiar a selección en Balaídos. A noite estaba fría, e a hora e media que nos fixeron esperar as “cuestións económicas” dos cameruneses puideron ter esmagado a festa… non foi así, a xente choutou e berrou tratando de que o tempo se consumise. Logo os “irmandiños” saíron ó campo de batalla. Dende as bancadas a pitada dos seareiros ós “leóns indomábeis” foi das de época, dende a distancia semellaban miquiños.

Maceda Galiza Camerún

Fotos do Galiza- Camerún

Se falamos de fútbol… a verdade é que hai pouco que dicir, dous goles de penalti e máis a emoción de ir gañando ata os derradeiros minutos. Unha mágoa ese gol cando xa pasaba o minuto 85, aínda así seguimos sen perder.

O que si nos perdemos foi máis da metade do concerto de Lamatumbá que estaba organizado para o remate do encontro, todo por un puñado de Euros, ¿botarémoslle a culpa ó Etoo?.

Read Full Post »

Cara Vigo nos imos, dous buses cargados de gañas para ver a nosa selección. ¡Forza Galiza!

Selección Galega

¡Ir- man- di- ños! ¡Ir- man-di-ños! ¡Ir-man-di-ños!

Read Full Post »

E a choca do ano é para…

O vindeiro sábado, 29 de decembro a partires das 19:00 horas, no multiusos do Campo da Feira, en Maceda, terá lugar a entrega dos premios “Choca do ano”, que dende o ano pasado ven entregando o Clube Ciclista Maceda-Escola de Ciclismo J.A. Hermida a deportistas galegos do mundo da bicicleta, que teñan destacado neste ano ou pola súa traxectoria ou aportación ao mundo do ciclismo; estes premios, pretenden ser un recoñecemento, modesto, a grandes deportistas do mundo da bicicleta; temos que lembrar que os primeiros galardonados foron Oscar Pereiro e Marcos Serrano.

Este ano faráselle entrega dos mesmos a:

Javier Gómez Noya: un dos millores triatletas do mundo, por non decir o millor, xa que con apenas 24 anos ten un palmares impresionante, téndose proclamado Campion Mundial Sub-23 no ano 2.003, Campión de Europa no 2.007, campión da Copa do Mundo absoluta nos anos 2006 e 2007 e Subcampión Mundial Absoluto no ano 2007.

GómeZ Noya

Equipo Karpin Galicia: Primeiro equipo profesional galego, que ven acadar importantes resultados neste seu primeiro ano de funcionamento, destacando a súa actuación nunha das probas máis importantes do calendario ciclista mundial, a Volta a España, donde un dos seus corredores finalizou 5º. O CC Maceda, quere reconocer a importacia que ten para Galicia contar con un equipo profesional de cara a promoción deste deporte. Recollerá o premio o ex corredor e agora técnico, Jesus Blanco Villar.

Karpin Galicia

Asemade, e no mesmo acto, o CC Maceda dará inicio a nova tempada 2008 , servindo o acto como presentación da mesma. Ó remate teremos oportunidade de gozar dunha charla coloquio na que participaran Javier Gómez Noya e Jesús Blanco Villar.

Choca: campá de latón que en Maceda constitúe un elemento con dobre uso, xa que é un elemento destacado no traxe do Felo (traxe do entroido) así como tamén no mundo da gandeiría. Entón pois, representa traballo e divertimento.


Read Full Post »

Older Posts »

A %d blogueros les gusta esto: