- Woody Allen, cineasta, humorista e escritor norteamericano: “Non é que teña medo a morrer. Só é que non quero estar alí cando aconteza”
- Proverbio africano: “Cando os elefantes loitan, a herba é a que sofre”
- E. Pierre Beauchêne, médico e escritor francés: “Quen opina que o diñeiro todo o pode, sen dúbida está disposto a todo por diñeiro”
- A xente: “Quen xoga co lume, quéimase”
- Proverbio hindú: “Cando fales, tenta que as túas palabras sexan mellores que o silencio”
- Eugenio d´Ors, crítico e pensador español, representante do novecentismo: “Todo o que non se comprende, envelena”
- Proverbio xaponés: “É mellor viaxar cheo de esperanza que chegar”
- Aristóteles, filósofo da Grecia clásica: “A esperanza é o sonho do home esperto”
- Castelao, político, humorista e escritor galego: “O verdadeiro heroísmo está en transforma-los desexos en realidades e as ideas en feitos”
- Mark Twain, escritor e periodista estadounidense: “O home é o único animal que come sen ter fame, bebe sen ter sede e fala sen ter nada que dicir”
- Diógenes de Sínope, filósofo griego: “O insulto deshora a quen o infire non a quen o recibe”
- Mahatma Gandhi, político e lider espiritual da India: “A grandeza dunha nazón e o seu progreso moral poden ser xulgados polo xeito en que son tratados os seus animais”
- Pablo Ruiz Picasso, artista español: “Cando me din que son demasiado vello para facer unha cousa, tento facela enseguida”
- Ramón Gómez de la Serna, vangardista español: “Cando polos altofalantes anuncian que se perdeu un cativo, sempre penso que ese cativo son eu”
- Proverbio ruso: “Caer está permitido. Erguerse é obrigatorio”
- Thomas Carlyle, historiador, pensador e ensaísta inglés: “Quen non traballa non descansa”
- Albert Einstein, científico estadounidense de orixe alemán: “Se buscas resultados distintos, non fagas sempre o mesmo”
- Juvenal, poeta satírico romano: “Nunca é longo o camiño que leva á casa dun amigo”
- Jose Luis Borges, escritor arxentino: “Eu non falo de vinganzas nin de perdóns, o esquecemento é a única vinganza e perdón”
- Epicteto de Frigia, filósofo gregolatino: “Un barco non debería navegar cunha soa áncora, nin a vida cunha soa esperanza”
- Anónimo: “A felicidade viaxa sempre de incógnito. Só despois de que pasou sabemos dela”
- Martin Luther King, lider relixioso norteamericano: “Se soubese que o mundo se acaba mañá, eu, aínda hoxe,plantaría unha árbore”
- Víctor Hugo, novelista francés: “O futuro ten moitos nomes. Para os febles é o inalcanzable. Para os temerosos, o descoñecido. Para os valentes é a oportunidade”
- Charles Chaplin, actor e director de cinema: “Todos somos aficionados, a vida é tan curta que non dá para máis”
- Blaise Pascal, matemático, físico e filósofo francés: “O home ten ilusións como o paxaro ten ás. Iso é o que o sostén”
- Martin Luther King, líder relixioso afro-americano: “Ninguén se nos montará enriba se non dobramos as costas”
- José Saramago, escritor portugués: “O que realmente nos separa dos animais é a nosa capacidade de esperanza”
- Octavio Paz, poeta, ensaísta e diplomático mexicano: “Se os líderes lesen poesía, serían máis sabios”
- Ovidio, poeta latino: “A esperanza fai que axite o naufrago os seus brazos no medio das augas, aínda cando non ve terra por ningún lado”
- Jonas Edward Salk, médico e epidemiólogo estadounidense: “A recompensa do traballo ben feito é a oportunidade de facer máis traballo ben feito”
- Oscar Wilde, dramaturgo e novelista irlandés: “O arte da música é o que máis preto se atopa das bágoas e as lembranzas”
- Leonardo Da Vinci, pintor, escultor e inventor italiano: “Así como unha xornada ben empregada produce un doce soño, así unha vida ben usada causa unha doce morte”
- Aristóteles, filósofo grego: “A democracia xurdiu da idea de que si os homes son iguais en calquera respecto, sono en todos”
- Martín Lutero, teólogo e relixioso alemán: “O que non ama o viño, as mulleres e as cancións permanece sendo un bobo toda a súa vida”
- Un anónimo: “Cando a vida che presente razóns pra chorar, demóstralle que tes mil e unha razóns pra rir”
- Homer Simpson, patriarca da familia máis amarela do mundo: “Advírtoche que se vas a enfadarte comigo cada vez que faga unha estupidez, non terei máis remedio que deixar de facer estupideces”
- Edgar Allan Poe, poeta, escritor estadounidense: “O único medio de conserva-lo home a súa liberdade é estar sempre disposto a morrer por ela”
- Albert Camus, novelista, ensaísta e dramaturgo francés: “A estupidez insiste sempre”
- O pobo de Maceda: “¡O castelo é noso!”
- Fernando Fernán Gómez, cómico: “Creo atoparme entre as persoas dispostas a defender a súa liberdade non coa violencia e o sangue, senón co pensamento e a palabra”
- Charlie Chaplin, actor, director, escritor e cómico británico: “O tempo é o mellor autor: sempre atopa un final perfecto”
- Ortega y Gasset, filósofo español: “Sempre que ensines, ensina á vez a dubidar do que ensinas”
- Benigno Álvarez, comunista macedán: “O que se deixa arrebatar o seu papel de home perde o seu obxecto de vida: a liberdade”
- Henry Ford, industrial estadounidense: “O fracaso é unha gran oportunidade para comezar outra vez con máis intelixencia”
- José Saramago, escritor e periodista portugués: “Os únicos interesados en mudar o mundo son os pesimistas, porque os optimistas están encantados co que hai”
- Santiago Ramón y Cajal, médico e premio Nobel español: “Comprázome de non ter figurado nunca entre a clientela especial das corridas de touros”
- Lucio Anneo Séneca, filósofo romano: “Tódalas cousas nos son alleas; só o tempo é noso”
- Victor Hugo, novelista francés: “O éxito é unha cousa bastante repugnante. A súa falsa semellanza co mérito engana aos homes”
O destiño reparte as cartas pero somos nós os que as xogamos
SHOPENHAUER
“nunca me olvido dunha cara,pero con vostede farei unha excepción”
GROUCHO MARX
Aínda non coñecín a unha persoa tan ignorante da que non se poida aprender algunha cousa.
Galileo Galilei
Non é que non nos atrebamos a facer as cousas por que son dificiles senón que facémolas difíciles cando non nos atrevebemos a facelas.
Seneca
Se as pessoas não gostarem de mim, pelo menos respeitem-me por ser diferente.
Ernesto “Che” Guevara
Os espellos e a cópula son abominables porque multiplican o número de homes.
J.L. Borges
meu problema non foi coas drogas,senon coa policia.keith richards,guitarrista rolling stones
“Espero que o librito depare a mais de un algunas horas de alegre entretenimiento”.
A. Eistein del Prólogo del manuscrito “Sobre la Teoría de la Relatividad Especial y General”
(manda carallo)
“A maior vitoria consiste en deixar a ambos contendientes máis fortes có principio da loita” (Mahatma Gandhi)
“Se un problema ten solución, por que preocuparse? Se un problema non ten solución, por que preocuparse?” (Proverbio chino).
“Divide e vencerás” / “Cheguei, vin e vencín” (Xullo César)
“Espero que o librito depare a mais de un algunas horas de alegre entretenimiento”.A. Eistein del Prólogo del manuscrito “Sobre la Teoría de la Relatividad Especial y General”(manda carallo)
+1