FADE IN
INT. Cuarto de baño. NOITE.
Baixo a luz dunha lámpada de pé vemos a OLucas sentado no retrete dun cuarto de baño acondicionado como sala de estar, enriba dunha mesiña distínguese unha guía de viaxes de Irlanda, o Dubliners de Joyce, un vaso de pinta e unha cervexa. Lee a prensa do día. Ri un par de veces e finalmente levanta a vista e mira á fronte.
OLUCAS:
Benquerido amigo, agora que os dous sabemos o duro que é
Ser un “anocorenta” botarei man do cómico con maiúsculas
para lembrarche aquilo de “a la mierda, a la mierda he dicho,
váyase usted a la mierda…”.
E que mellor sitio para irse de bastos, de corenta en bastos, que
esta modesta porcelana que a todos nos iguala. Que se vas de
duro dirás que é porque agora compartes número atómico co
circonio, que se vas de brando escusaraste con constantes
conferencias telefónicas a Romanía e aquel conto de “vou telefonar
que fai tempo que me estou telefonando”.
Como o cu continuarán a soar os 40 Principales, é por iso que será
en balde empregar a coartada esa de “es que me sube la bilirrubina”
cando nos fagas unha anovada trece- corenta antes de que cante o
galo (sexa do Torres ou non) e negues ser Brozas e ter entoado catro
veces o Ten.
Ten por seguro que esa XL romana que agora gastas non te vai
abandonar nin sequera despois de sufrir unha famélica coresma.
E falando de Roma e dos 40, daquelas Calígula era o emperador romano
e xa sabes como as gastaba o “suso- dito”, dito “el encaligulador que
lo encaligule, buen encaligulador será…”, será, será Alí Babá y Los
Cuarenta Ladrones, que para os tempos que corren tampouco son tantos.
Tantos, cómprenme tódolos tantos para non irme polos Ramos e que
non te me Requejes por gastar máis de corenta segundos para
mandarche unha felicitación “de mierda”.
OLucas abre unha cervexa e vaina botando no vaso de pinta que esta sobre a mesiña. Bebe un trago e volve a mirar a fronte.
OLUCAS:
Así que hoxe non vou tomar 40 cervexas, pero as 39 que quedan
pendentes gárdoas para que nos próximos días poidamos brindar
para que dentro de outros corenta anos, cando menos nos
valiamos de nós mesmos para sentarnos nesta fermosa porcelana
que, queiramos ou non, seguiranos igualando a todos.
Moitos parabéns e gozade polos que hoxe non podemos estar aí.
OLucas ergue o vaso para un brinde. Péchase a porta do cuarto de baño e entón sobre ela podemos ver un cartaz coa lenda “Peligro Cuarentena”.
FADE OUT.
Deixar unha resposta