O código de conduta de calquera larpeiro macedán que se prece sinala, como feito irrenunciable para que calquera asentamento humano acade o estado de casa ou morada habitual, a preparación e posterior goce duns bos spaghetti con chourizo… da casa.
Así pois, nunha “sinsentida” homenaxe a ese monstro (no peor dos sentidos) que tiña un Estado na cabeza (y “moviendo un dedo maneja un Estado” ) e que tantas fixo, só me resta por dicir: Queda inaugurada!
Non vos perdades, no enlace, o discurso do alcalde de Negreira, José Blanco Pazos. Un clásico entre os clásicos…