Apértaseme o estómago e danme arcadas cada vez que escoito de preto os ecos dun novo accidente.
Por certo, o Edu xa aparcou a cadeira de rodas e logo ha de estar por Maceda. ¡Forza meu!
Advertisements
10 Xaneiro 2008 por OLucas
Apértaseme o estómago e danme arcadas cada vez que escoito de preto os ecos dun novo accidente.
Por certo, o Edu xa aparcou a cadeira de rodas e logo ha de estar por Maceda. ¡Forza meu!
As estradas poucas veces son asasinas, aínda que ás veces haxa maas señalizacións, maa construcción e materiais inapropiados. A responsabilidade sempre é nosa: dos cas diseñan, dos cas fan e dos cas utilizan (“Entre todos la mataron e ela soa morreu”. din por aí).
VIVIMOS DEMASIADO DE PRÉSA, sen dúbida algunha, e as mortes e os accidentes nas estradas e autoestradas débense, maiormente, aos comportamentos e actitudes coas que nós, as persoas en xeral, empregamos unhas máquinas que acaban dominándonos, ata perder o control sobre a mesma, pois éstas poden acadar máis CV e máis forzas centrípetas/centrífugas das que estabamos habituados a manexar nas autoescolas. Moi poucos saben reaccionar (eu tampouco) ante imprevistos na carreteira provocados por circunstancias como a climatoloxía, os animais soltos, o sono, o estrés, o exceso de horas ao volante, o alcool, etc. (non sigo, porén todos sabemos que hai máis elementos que inciden na conducción dun vehículo motorizado).
Eu sempre digo que hai que aprender dos fracasos, porque os éxitos obnuvílannos e fannos crer o que non somos, perfectos.
Que ninguén vexa nestas verbas unha crítica personal a ninguén en particular, só quixen facer unha reflexión e unha autocrítica pública sobre o título desta Post.
Toño
Hola Edu , segue asi é unha enorme noticia ver que a túa evolución cada día é mellor. Segue asi campeón que pronto voltarás a Maceda
Anímo chaval por unha cuestión de idade, aínda que son de Maceda non teño trato contigo. Pero cada vez que vou a Maceda pregunto a xente como vai o túa progresión, para mín e para moitos veciños, que te recuperes produce un sentimento de benestar, que semella moito ao que debe ser a felicidade.
Un saúdo.