Prezado amigo:
Coñecíate de vista, eras coma unha desas caras familiares que un perece ter atopado mil e unha vez: saímos xuntos a coller bolboretas en Allariz, vivimos a guerra compartindo aquel pequeno cuarto de Madrid e, xa maior, fixéchesme teimar unha e outra vez sobre a importancia da honra, da amizade e do amor. Aínda así, podo dicir que non te coñecín ben ata que unha oferta de El Corte Inglés fixo que o teu amor polo cine e o teu pensamento entrara na miña vida, vaia 295 pesetas máis ben invertidas. Aqueles artigos escritos “Desde la última fila”, encheron de imaxinación e ilusións a pequena habitación da Florida, por un tempo tiven o meu particular Café Gijón en Vigo. Foi o principio da nosa amizade, comecei a coñecerte e a comprender aquelo que Marisa Paredes dixo de ti para presentarnos ” por anarquista, por poeta, por cómico, por articulista, por académico, por novelista, por dramaturgo, por único y por consecuente”.
Logo compartimos centos de peripecias, fames e amores con ¡Stop!, novela de amor ou El vendedor de naranjas, os dous toleábamos daquelas polo cinema; eu soñaba con escribir guións de cine e ti amosábasme o fermoso e complicado que podía ser. Só ti e máis eu sabemos que algo saíu daquel soño.
E agora vaste, eu sei que cabreado, porque desexabas que a túa derradeira bafarada de aire se perdese nun escenario, e que alguén dende o fondo, lle murmurase ó compañeiro do lado: “é un pallaso”. Ó que este lle respondería “si, é un auténtico… cómico”.
Os meus respectos,
OLucas.
PD: un destes días volveremos a vernos, estou desexando escoitarte en “La silla de Fernando”
Sinto moito “okupar” este espazo adicado a FFG, porén non sei onde ubicarme para dicir algo urxente sobre alguén da radio que se xubilou en agosto e que hoxe, 27 de novembro, lle fan unha merecida homenaxe en Madrid, cun concerto de varios grupos do pop español, aos que el sempre apoiou e, ás veces, descubriu. El é galego e, para min, un dos tres mellores disk-jokeys dos de antes, non dos dj de agora (iso é outra historia).
O seu nome está case a altura de Angel Álvarez, ao nivel de Diego Manrique, e por encima de Jose Ramón Pardo, Ramón Trecet, José Miguel López, Carlos Tena, José Mª Iñigo… e para de contar (perdón, se me esquecín dalgún). Chámase JESÚS ORDOVÁS, e dirixiu “Diario pop” durante 25 anos en Radio 3. Aínda conservo algunhas cintas cassettes dos seus programas dos anos oitenta, adicados sempre aos grupos de aquí, coñecidos e maquetas dos que non editaran nada oficial. Hoxe, na 2 de TVE, onde el dirixiu fai poucos anos o programa musical “Ipop”, co mesmo denominador común, despois da medianoite dádelle unha ollada, se vos interesa, e se non é así, perdoade o intrusimo. Queren desmontar Radio 3 e os adictos a ela estamos no fío da navalla.
Toño.
Graciñas Toño, botarémoslle unha ollada. Por outra banda paréceme imposible que Radio 3 desapareza, como ben dis somos moitos adictos, e moi fieis.
Lembro con especial cariño o programa De Cuatro a Tres de Paco Pérez Bryan, pasámonos horas e horas “descubrindo” novas músicas e gravandoas en casetes para presentalas no (para nós) mítico programa de Radio Maceda, Satanic Claw Hammer.
O concerto emitírono en directo en Radio 3 (non sei se enteiro).
Na 2 de TVE, onte a noite, non deron nada, así que haberá que agardar a ver se o dan outro día en diferido.
Podes borrrar estes dous comentarios meus cando o consideres oportuno, porque, como dixen, nada teñen que ver co anfitrión deste espazo, FFG.
Toño.