Situádevos en escena. Día soleado e impagable sombra de carballos. A xente de Maceda xanta tranquilamente como medida de protesta pola usurpación do seu Castelo.
I Acto.
Ó fondo nótase a tensión, ruído, a xente comeza a erguerse das súas mantas e bancos… a irmá do “Conde Palomanes” achégase a porta e trata de entrar, trae as chaves (esas que deberían ser dos veciños). A xente bule cara a porta a bérralle para que lle devolva a Maceda o que é noso. Dá media volta e marcha, no canto de facelo polo camiño máis curto pasa por diante mesmo de tódolos veciños e as súas merendas. ¿Que estaba a buscar?. Seguro que pensaba que era o intre perfecto para que a alguén se lle rematase a paciencia.
II Acto.
A escena é practicamente a mesma, pero agora é o propio “Conde Palomanes” o que lanza o anzol. Non pica ningunha troita e o pescantín ten que marchar de baleiro. Pura provocación.
(Se tes algún vídeo sobre o que está a acontecer no Castelo estes días e o queres publicar aquí deixa un comentario)
– Pom pom, quen é?
– O pobo de Maceda.
– ¡¡Abre o castelo!!
– Pom pom, quen é?
– O homiño Palomanes.
– ¡¡Pecha o castelo!!
Eu pregunto aos presentes se non se pararon a pensar o seguinte:
1. ¿A concesión por 20 anos asinouna a nai de Palomanes, o seu fillo ou ambos os dous?
2. ¿Ten dereito a nai do Palomanes a seguir no castelo se o seu nome non figura no contrato de arrendamento?
3. Entón, ¿quen secuestrou a quen? ¿quen utiliza a quen?
4.¿O PP non lle “fixo a cama” ao alcalde, votando primeiro a favor da moción para botar ao Palomanes do castelo, no último pleno, e despois non apoiando ata o final a decisión acordada por unanimidade?
5.¿Idem o PSOE?
6. ¿Por que o PP mailo PSOE non encheron a praza das Toldas, o sábado pasado, coa súa xente simpatizante e/ou votante, apoiando e reivindicando a devolución do castelo aos seus lexítimos propietarios?
7. De verdade, ¿teremos que agardar a que se cumpran os 20 anos do contrato para botalo fóra, se xa tivo dúas multas por incumprimento do mentado contrato?
– Pom pom, quen é?
– O pobo de Maceda.
– ¡Abre o castelo!
– Pom pom, quen é?
– O homiño Palomanes.
– ¡¡Pecha o castelo!!
TOÑO, alias Marco Aurelio.
Deus cho pague. O Lucas fai de “mensaxeiro” do pobo de Maceda pra neutralizar ao “mensaxeiro” do Palomanes, léase o xornal “La Voz de Galicia”.
Deberías enviarlle este “post” e os anteriores dende que agromou o tema da “princesa autoengaiolada” ao xornal, tanto ao director n´A Coruña como ao de Ourense, J. M. Rubín.
Me encanta ver el morro con el que poneis cara a los votos, el morro con el que decis que todos los que estaban en la manifestación eran del bloque, eso no es verdad, había votantes del Psoe e incluso del PP, un concelleiro en concreto y que hizo mucho ruido, por cierto.
El caso es crear división en algo en lo que todo el pueblo debe estar unido.
Ya acabaron las elecciones así que no gasteis neuronas.
Hay que recordar que todos votaron para quitarle la concesión al castillo así que quedaros con eso y no dividais a la gente, que no hay porque, el pueblo tiene que estar unido y no darle la razón al Palomares en que esto es una venganza política. Esto es un clamor popular o por lo menos debe serlo.
Ten razón María.
Todo o pobo de Maceda debe estar unido e permanecer unido ata que remate esta farsa de Palomanes.
Quere cartos.
Sabe que lle van cair multas a esgalla por facer o que lle petou nun BIC (Ben de Interese Cultural) como é o Castelo de Maceda.
SIGAMOS UNIDOS E CON SÓ FIN: QUE O CASTELO VOLTE A MANS DOS VICIÑOS DE MACEDA CANTO ANTES. A UNIÓN FAI A FORZA!
María, penso que fas mal en empregar o plural. Cando menos do meu teclado non saíron esas verbas.
Perdona, por suposto que non iba por ti o meu comentario e que está mal empregado o plural. Era en resposta o comentario de Toño unicamente. Aclarado.
A señoriña que está no castelo pechada, non está a cometer algunha “irregularidade manifesta”?
Perdona María (non sei quen eres) se as miñas verbas crearon división fronte ao problema do castelo, que precisa a unión de pobo. Neso estou de acordo, porén o Xabier non pode asumir toda a responsabilidade política, aínda que sexa o alcalde. Escribo dende a distancia (a máis de 1000 km) e pode ser que non teña TODA a información, porén polo que sei, o sábado non estaban todos os que votaron por unanimidade no pleno, e iso é normal, xa o sei, nunca se pode esperar que estean todos ao cento por cento, porque unha mani é iso: vai o que quere, porén poderase dicir algo ao respecto. É moi doado falar, tirar a pedra, señalar co dedo, etc. pero mollarse e implicarse é outra cousa, e cómpre seren cantos máis mellor, nesta teima, e eu intentaba concienciar e identificar o problema (ou posible problema), precisamente porque houbo unanimidade, porén (senón ao tempo, e xa está pasando segundo as miñas informacións) xa lle queren pasar factura electoral ao Xabier e ao BNG pollas formas (as xerais están a volta da esquina), e a min sempre me atoparán en fronte de quenes, sexan do PP ou do PSOE, intenten sacar réditos electorais desta teima. E o mesmo lle digo ao Lucas (el supoño que sabe quen son, somos amigos): non quero dividir, quero subliñar, nada máis e nada menos. Corto e cambio.
Toño.
No permitamos que nos confundan y no permitamos que nos remitan a las épocas de Franco en las que una reunión de más de tres era una manifestación. En las movilizaciones fuimos muchos, pero de forma pacífica y sin cometer ningún acto ilegal. Los que si crearon situaciones limite fueron la familia Palomares, apareciendo el Domingo en plan provocador, muy mal lo deben ver porque ya están entrando en la desesperación y provocando que metamos la pata en algo, cosa que afortunadamente no sucede. Por cierto la única situación ilegal aquí es encerrarse en un edificio público y provocar el mantener las fuerzas de la policía local al tanto las 24 horas del día.
No permitamos que confundan la contundencia de nuestro alcalde que está muy bién con la radicalidad que le quiere colgar la parte opuesta. Yo que asistí a todas las movilizaciones puedo asegurar que sólo escuché en boca del alcalde palabras pacificadoras e invitaciones a mantener la calma. Al parecer y lo creo, incluso está manteniendo conversaciones muy sosegadas y tolerantes con la señora del Castillo, algo que demuestra mucho de Xabier en positivo, y por cierto propio de la línea suya. El mismo aconsejó no continuar con las movilizaciones para que los medios de comunicación no conviertan este, nuestro gran problema en un tema de salsa rosa.
No permitamos que nos dividan con cuestiones políticas, aquí estamos todos apuntando en la misma dirección y con un único fin, que consiste en recuperar nuestro Castillo, ya se que algunos se están mojando mucho más que otros, pero eso ya lo vemos todos y lo sabremos valorar. Por cierto Ana, ten cuidado porque los que te votamos de forma equivocada (mejor hubiera sido votar a Xabier, pero ahora es tarde), vemos perfectamente como juegas a dos bandas, “Si esto sale bién me sumo, y si sale mal que se lo coma el alcalde”. Ni se te ocurra aparecer en la foto final o entonces si que comenzaré yo misma a politizar este evento.
No permitamos caer en la rabia que provoca el ver a algunos del PP en las movilizaciones que está muy bién y que falten los de mi partido el PSOE. En todo caso apoyemos en esto al único alcalde que le planta cara a un impresentable que con todo el morro del mundo pretende vivir en nuestro Castillo.
No quisiera parecer una seguidora del Alcalde, más bién lo que soy es una persona que aún votando libremente en las anteriores municipales me equivoque, ya que la idea de que todo da igual con tal de quitar al PP del gobierno es una idea completamente equivocada, si no llega a salir este alcalde tampoco habría salido el Palomanes del castillo, está claro.
Besitos!!
Creo que o alcalde é o que ten que resolver este problema, primeiro, poque foi unha promesa electoral sua, pq se comprometeu a facelo, segundo pq él é o alcallde e polo tanto o que ten que dar a cara.
Ademais de eso creo que a xente de Maceda ten que apoiar o alcalde , por que o que está facendo é polo ben do pobo, e pq é algo que todos reclamamos.
Sigo optando pola unión e non pola división, si todos votaron no pleno, todos colaboraron.
“Creo que o alcalde é o que ten que resolver este problema”, acabo de ler. Estas verbas, aparte de inxustas (para min), son insolidarias e imposibles de levalas a termo só por unha persoa, o alcalde, porque os feitos están demostrando que si por el fora, o problema xa estaría resolto dende antes de aprobalo no pleno, porén as cousas hai que facelas con “seny”, que din en Catalunya. As promesas electorais son para cumplilas, porén o BNG non pode facer ditatorialmente o que queira no concello porque, en primeiro lugar, non ten (poido dicir “non temos”) maioría absoluta, e ademais por principios democráticos e por cuestións de consenso co resto das forzas políticas. E iso xustamento deuse no último pleno do concello: unanimidade. Perfecto. Porén despois veu a resposta do Palomanes, e nesas estamos, e sempre coa lei na man, moi importante, non esquezámolo, ou sexa, haberá que agardar o que dictamine a xustiza ou ben que o señor feudal do século XXI que viviu os derradeiros 3 anos no castelo de Maceda o deixe por propio convencimento ou por negociacións para a rescinsión do contrato por acordo entre as dúas partes, o Palomanes mailo concello, porén o alcalde non pode, como ben dí nun escrito que acabo tamén de ler, entrar ao castelo por unha fiestra para recuperalo, terá que entrar pola porta principal e coas chaves na man, porque pode dar un paso en falso, que é o que lle pracería ao inquilino actual e virtual do castelo. E o Xabier tivo e seguerá tendo apoio dos macedáns para resolver este problema, xusto e necesario, porén non hai que pedir peras ao olmo, hai que ir paseniño, sen pausas porén sen présas, e buscando o apoio de cantos máis mellor, se non de todos (porque iso é imposible, como xa vemos nalgúns comentarios que apoian ao Palomanes, e están no seu dereito).
E sigo dicindo que non todos os que votaron no pleno a favor estiveron na rúa despois apoiando ao alcalde para reforzar coa forza moral da xente as medidas que el tomou para levar á práctica a decisión do pleno. E dicir iso non é dividir, e subliñar un feito real. Eu tamén quero a unión de TODOS, que ninguén o dubide, porén sei que iso é unha utopía, porén eu sigo (e outros moitos de mellor forma ca min) loitando por esa utopía.
Toño.
Supoño que entón esa frase e a única que leiche pq non se pode calificar de insolidario e inxusto decir que “a xente de Maceda ten que apoiar o alcalde” e que unha das maneiras de apoialo e acudindo as manifestacións as que acudimos estes días, pero esa é unha opción persoal, cada un apoia como quere ou como pode.
Non atopo nas tuas palabras ningunha pretensión de querer a unión de todos, sinon todo o contrario, e esa é a miña opinión.
Se ti comezas dicíndome que “supoño que entón esa frase e a única que leiche” (sic), e despois engades que non atopas “ningunha pretensión de querer a unión de todos, sinon todo o contrario”, ti eres (e non eu) a que comete o erro de ler unha única frase. Iso chámase ver a palla en ollo alleo e non ver a trabe no propio.
Nun zoolóxico había dous burros atados cunha corda de 3 metros, polo pescozo, un ao outro. Á dereita, a 6 metros de onde estaban, tiñan un palleiro de alfalfa, e á esquerda, a outros 6 metros, había un palleiro de herba. O burro da dereita quería comer alfalfa, e turraba polo outro para levalo ata o palleiro de alfalfa, porén o burro da esquerda quería probar a herba, e facía forza cara ao palleiro da herba. Pasaban as horas e ningún dos dous burros puido arrastrar ao outro ata o palleiro de alfalfa nin ata o palleiro de herba, por moita forza que fixeron, e por moito tempo que o intentaron, porque cando un turraba para a dereita, o outro facía o mesmo, porén cara a esquerda. Practicamente non se movían do sitio, porén cada vez estaban máis escarallados e máis famentos. E así estiveron moitos días.
Os dous burros turraron con todas as súas forzas, na mesma dirección, sí, pero en sentido contrario, algo decisivo e fundamental, e así ningún dos dous puido comer. Cando se cansaron de facer forza inutilmente, sentáronse un ao carón do outro, para repor forzas. Porén ademais de descansar, pensaron e, ¡eureka!, déronse conta de que estaban facendo o parvo. Velaí que atoparon unha solución que conviña aos dous: se traballaban xuntos, é dicir, turrar os dous na mesma dirección e no mesmo sentido, acadarían os seus obxectivos, é dicir, comer alfalfa e comer herba, porque aos dous lle gustaban a unha maila outra, só era cuestión de pórse de acordo en cal comían primeiro. E así chegaron á conclusión que primeiro irían os dous burros comer alfalfa, e despois irían comer xuntos a herba, sen necesidade de empregar ningún kilopondio de forza inútil.
O que non se sabe é por que decidiron comezar primeiro pola alfalfa e despois continuar pola herba: hai dúbidas de se fixeron un sorteo puro e duro, ou ben o fixeron sinxelamente por orden alfabético do que ían comer o por orden alfabético dos seus propios nomes. Porén estaremos de acordo que iso non nos importa a nós, se tampouco lle importou aos burros. E a nós supónsenos algo máis intelixentes cós burros.
Así que, María, non vou polemizar máis contigo sobre o castelo, se os dous queremos o mesmo, e iso semella.
E tampouco discutiremos sobre se foi primeiro a galiña ou o ovo.
Efectivamente, podemos non estar dacordo nas maneiras, pero sí no fin, e neste caso o fin é o que importa.
A quen poida interesar e para que non haxa dúbidas (ao César o que é do César), NON PARA ENTRAR EN POLÉMICAS, afirmo que os comentarios asinados polo pseudónimo Marco Aurelio son meus (como xa ben saben algúns amigos). Están noutro blogg. Neste puxen o meu nome verdadeiro porque é o blogg do Lucas.
Toño.