Cinco, catro, tres, dous, un… aló imos. Saímos “voando” da Universidade, no noso coche alugado, con rumbo a Houston. Ademais do partido da NBA, o noso outro obxectivo era o Johnson Space Center da NASA. Dende este centro coordínanse as operacións que leva a cabo a axencia americana, pero tamén outras en colaboración coas axencias espaciais europea, xaponesa, rusa…
Tivemos oportunidade de visita-las oficinas dende onde se guían a diario estes proxectos, os talleres onde se traballa coas maquetas e prototipos que serán empregados en futuras misións, un transbordador dunha viaxe rematada, varios foguetes dos anos 70 e 80. Ademais visitamos tamén o museo, onde se amosan todo tipo de equipamento empregado polos astronautas, se propón unha grande variedade de actividades interactivas que axudan a comprender algúns dos secretos da aeronáutica, e onde se pode entrar nunca réplica dun transbordador. O único que botei de menos na visita foi a actividade diaria do sitio, ó ser fin de semana non puidemos aprecia-lo atarefado que se supón que estará un lugar como este, en realidade éramos máis turistas que traballadores.
Non sei se a influencia da condución do espazo nos influíu, pero o certo é que a nosa “nave” tivo un pequeno problema durante a visita a Houston. Finalmente resultou ser nada, pero o susto ninguén no lo quita de enriba. Sabendo como son os americanos en temas xudiciais, temiámonos o peor. E é que xa se sabe como anda ó tráfico, ¡incluso no espazo exterior!
boa noite puto!ja vexo que não ha semana que não mostres coisas novas,e eso està muito bom!na sexta feira ao ser feirado na Espanha e Portugal vinheron o teu irmão e o naza!Ah, trouxerem licor do preto café!Fumos a um concerto e depois umas cervejinhas como eram de esperar!acho que gostarom muito da cidade!Vou embora a fazer o jantar! Já falamos! Uma aperta langrán
Diego deixa de facer o parvo e aprende a escribir, salides da casa e volvedesvos tolos..
home tioira, non creo que sexa facer o parvo intentar aprender unha nova lingua!ademais de que a mensaxe vai dirixida o lucas, e el sabe portugués, non creo que ninguén me tenha que dicir nada!bueno, o lucas si;pero non creo que sexa o caso!
p.d:pode o voso nome e non me venhades con pseudónimos que non creo que a mensaxe venha de todo tioira!
talogo
Cada un que escriba como queira, pero o de licor do preto café..jajaja
Estou contigo Diego. Creo que debes escribir, pensar, sentir… na lingua que queres aprender. Para min é o mellor xeito de chegar a dominala. O problema que temos coa educación , a nivel de linguas, no noso país é precisamente ese, a xente dalle vergoña falar outra lingua, cometer erros… ¿alguén naceu aprendido?
Até.
boas Suso!pois tamen tes razón!!non vamos alterar a canción da lamatumbá!polo que…licor do negro café que me tumbas que me matas!