
Polas castañas, que nunca chegan. E polos castañazos, que sempre sobran. Porque toca o Pedrinho do Reconco. Bis. Porque volve a tocar o Pedrinho do Reconco. Polos callos, a empanada, os chourizos e o viño (sen esquecernos do pan, que é capitán!). Porque nunca choveu que non parara, excepto nos Pipotazos dos últimos dous anos. Por unha noite máis ao lume a carón do Castelo; ¡O Castelo é noso!. Porque aínda teño que mercarlle a camiseta ao Arturo. Pola xente do Pipote; que bote, que bote, que bote o Pipote. Porque até o Hitler se cabrearía se non puidese vir. Pola primeira vez que vin a un escarvadentes a tirar dun estadullo. Polas herbas e polo licor café. Porque teño gañas de Morphina. Pola carpa e a megacarpa. Porque estaremos a “Cinco bajo cero”. Polo barro. Porque o bar non se pecha ata que o decidan os clientes…
