Saímos ben cedo do albergue Azkorria, Joaquín, David e un servidor. A mañá espertábanos cunha espesa néboa en Saint Jean Pied de Port pero empeñados en escapar dela, subimos, subimos e subimos ata que a néboa se deu por vencida e se rendeu aos nosos pés.

Unha vez superada ofreceunos un espectáculo amoroso sensacional abrazándose a cantas cumes se deixaban ver. Só estas vistas suavizaban as fortes pendentes que nos fixeron suar a gota gorda. Entre ovellas da raza Manech, cabalos percheróns e algunha que outra vaca fomos restándolle metros a uns aproximadamente 24 Km. de ascenso, superando un desnivel de 1.250 m. para acadar unha cota máxima de 1450 m. no Porto do Lampoeder. Ao longo do ascenso uníronsenos dous novos compañeiros de viaxe, Macia e Shane, brasileira ela, irlandés el. Fixemos máis da metade do ascenso xuntos e compartimos alberguen, no final da etapa do día, en Roncesvales.

E se dura foi a subida, máis dura será a caída… ou baixada neste caso. Só 4 Km. de descenso pero cuns niveis que quebraban as pernas. Fiquei sorprendido de ver a xente realmente maior tomando a decisión de facer este tramo, no que unha caída significaría obrigatoriamente o final do seu camiño, cando existe outra alternativa moito menos perigosa.
Chegados a Roncesvales, e xa asentados no Albergue de Peregrínos recentemente reformado, unha visita ás 3 ou 4 cousas de interese que nos presenta o pobo; Colexiata de Santa María, Silo de Carlomagno, Capilla de Santiago e un monumento conmemorativo da Batalla de Roncesvales.

Unhas cervexas antes da cea e, xa no albergue, os compañeiros do día anterior Juan, Antonio, David e Jesús presentáronnos ao Home que sabía demasiado… pero esa é outra historia e queda pendente para mañá.

Boas Domínguez¡¡¡¡ Como vai a aventura camiño de Compostela?¿?¿? Ferveranche xa os pés¡¡¡jejej¡¡¡¡Espero que todo vaia saíndo ben, e que o corpiño vaia aguantando. Espero noticias túas. Unha aperta dende a terra prometida.
Sorte e saúde.
Que fermosas fotos! Estou ansiosa para ver máis do resto do camiño! Un gran bico de Barcelona.