Reunidos na vila catalá de Sort tódolos mentalistas, bruxos e bruxas, adiviños, futurólogos, meigas (“haberlas haylas”)… e demais entes de todo o planeta que todo o saben, ou queren saber, decidiron por unanimidade que o número que vai saír premiado este ano no Sorteo de Nadal vai ser o 46.599, corenta e seis mil cincocentos noventa e nove.
Casualmente o Club Deportivo Maceda, entidade coa que servidor anda enleado ultimamente, ten en posesión o prezado número. Segundo recentes novas ás que puiden ter aceso, de seguir o ritmo de vendas actual apenas han quedar décimos para a vindeira semana…
Tamén casualmente, hai varios locais en Maceda que teñen aínda os cobizadísimos décimos á venda; Café Bar 2000, A Taberna, O Pincho, A Cepa, Bar Plaza, A Cervexería, Cafetería Castillo, Bar Rufas, Restaurante La Diligencia, Estación de Servicio Maceda.

Nota para despistados, moi despistados: calquera semellanza coa realidade… é puro azar. Toda a información anterior non é máis que un xeito de lembrarche que aínda temos lotería (San Google tamén ten que traballar) do Club Deportivo Maceda e de darlle as grazas ós locais que están colaborando na súa venda. Pois iso, moitas grazas.
Ia enviarche un correo pero non atopo o teu enderezo… precisaba o disco que “temos a medias” e preguntarche como vai o tema das webs…
Falamos maña ou sinon chamote na fin de semana.