Todos temos soños, mais tamén todos fomos nenos e soñamos doutro xeito. ¿Lémbraste da derradeira vez que soñaches coma un neno?, ¿serías capaz de regresar?…

Isto é o que nos propón a macedana Eva Quintas na súa nova curtametraxe. Un exercicio de transporte cara o apaixonante mundo da infancia, no que os adultos son un mundo aparte e no que os soños, o final, cúmprense. ¿Ou non?.
Poderemos gozar da presentación en Maceda de Palíndromo o vindeiro mércores día 6 ás 22:30 nas Toldas, e despois cinema ó aire libre.
Por certo, sei que varios rapaces de Maceda fixeron o seu pequeno papel na curta, así que haberá moita xente esperando ver o resultado final. Vémonos aló.
Gracias a todos os que fostes!!! .. e tamén ós que quixeron ir e non puideron!
EVA