Aqueles marabillosos anos
14 Maio 2008 by OLucas
Disque 30 anos non son nada… ¿seguirás pensando o mesmo despois de ver este vídeo?
Maceda anos 60 -70- 80
A verdade é que me fixo sentir como un neno, apenas lembro ou recoñezo un par de persoas, o que si recordo son varios dos sitios que hoxe mudaron completamente… quen sabe se para mellor.
Publicado en Na rede | 6 Comentarios
Deixa un comentario
Se miramos a chea de bandeiras españolas (colocadas despois de porlle unha man no pescozo á xente) que aparecen en Maceda se cadra si que mudamos a mellor.
Algún aínda sigue coa xeira da bandeiriña, e iso que xa non hai mans no pescozo… penso que non se decataron do cambio
¿e por que non borrarlos?
Escóndeste detrás dun anónimo, os teus comentarios aparecen repetidos noutros blogs (¿fuche ti o do corta e pega ou foi outra persoa?), o tema que criticas non ten nada que ver co artigo escrito…
¿Por que non fas o teu propio blog para expresar as túas ideas?. Se eu o visitase e fixese unha crítica dun amigo teu, ten seguro que iría co meu nome. ¿verdade que deste xeito non serías capaz de borralo?
OLucas.
Creo que é unha indecencia utilizar este blog para atacar con nomes e apellidos a unha persoa, que independiente das súas ideas, é un cidadán querido porvtodo o pobo.
Si este un blog de concordia deberíase retirar o lamentable comentario da tal TANIA que vergoña debía darlle.
Sei que non o vou a conquerir pero entre os comentarios anónimos que borraches y esta salvaxada antitodo de esa Tania non teñen coor. Por favor quita esa impresentable calumnia o este blog vai a convertirse nunha basura……
Por favor Lucas quita o comentario ofensivo de esa tal TANIA, tes un blog maravilloso e libre donde non se deben insultar a terceiros e menos dunha persoa que é boa e que participa activamente na nosa cominidade.
TANIA coñocese que non ten educación e que lle imos a facer, pero tí Lucas eres tolerante e xusto e non debes permitir que o teu blog se convirta nun tribunal da Inquisición.
Totalmente de acordo…creo que deberías quitalo. E unha falta de respeto e sobra. E moi facil insultar as agachadas , non debrías permitilo, de ninguén e contra ninguén.
Pois eu recoñecín tamén a un par de persoas, e entre elas un personaxe inesquecible das aldeas de Maceda: o Jerónimo, que sae diante do palco da música, dirixindo a banda ou a orquestra de turno, pois el dáballe a todo, por suposto. Poucos lle facían caso, claro. ¡Cantas veces veu á casa dos meus avós, non a pedir, senón a saúdar á tía E… e ao tío A…! Que educación e que grandeza a súa! Aí se que mudaron os tempos, e moito, porque hoxe iso xa non pasa: o feito de que alguén ruba á túa casa só para saúdar, un minutiño, e despois marchar seguindo a súa teima. Neste intre lémbrome doutros dous homes que levaban, máis ou menos, a vida do Jerónimo, e que non citarei porque non sei se faría ben ou mal en citalos, porén a miña homenaxe aos tres. Mais agora non é tempo para cansarvos coas miñas lembranzas de rapaz.