Xornadas de Cata- degustación de Produtos Galegos Agroalimentarios de Calidade
21 Abril 2008 por OLucas
Comezaron hoxe no Castelo de Maceda as Xornadas de Cata- degustación de Produtos Galegos Agroalimentarios de Calidade organizadas polo Concello de Maceda e a Consellaría do Medio Rural. E que mellor para este primeiro contacto que a sangue do nosa terra, os viños das denominacións de orixe Ribeira Sacra, Valdeorras, Ribeiro, Rías Baixas e Monterrey.

Fotos da Cata- degustación de viños galegos
A verdade é que para un profano como é o autor destas letras resultou curioso e sorprendente atopar algúns cheiros e sabores no fondo dunha copa de viño… e por riba de todo descubrir que as relacións que o noso cerebro fai nestes casos teñen unha explicación máis ou menos lóxica na gran maioría dos casos.
As Xornadas han continuar o vindeiro xoves 24 coa Cata- degustación dos queixos de denominación de orixe protexida galegos. Para máis adiante quedarán as augardentes e licores, as carnes, a mel, as patacas, o pan de Cea, os produtos de agricultura ecolóxica e… e marcho cear porque non hai quen se concentre con tanto sabor, xa empez# a co€me% at+ as pa$ab*as.