Escusas
14 Abril 2008 por OLucas
Xa sei que me preguntas por que non escribo. Xa sei que non che valen escusas. Xa sei tamén que fixera propósito de enmenda un tempo atrás… pero é o que ten andar en 50 historias.
No choio estamos na época de maior carga de traballo, esta semana comezamos coa Cita Previa da Renda, a semana pasada tiven a 140 persoas para entrevistas de traballo (90 seleccionados para a formación, deses 70 serán contratados).
Por outro lado tiven a oportunidade de facer unha pequena presentación na Facultade de Empresariais de Ourense, foi dentro dun curso de extensión universitaria sobre cine e RRHH, “Apply for a job. Cinema and human resources”, así que a recupera-lo inglés a lume de carozo, pois fun avisado dun día para outro. Sobrevivín, incluso despois de terme disparado un par de preguntas dende as bancadas.
No fútbol anduvemos a cen na procura dalgunha subvención para darlle unha volta ós vestiarios, ademais xa se está a xogar a Copa Deputación de cadetes e xuvenís. ¡Ata volvín xogar cos modestos!, moitas baixas tiña que haber.
Por se non fose suficiente púxenme a estudar francés e comecei o Curso Superior de Prevención de Riscos Laborais na CEO.
Pois iso, que vou seguir ocupado… máis non esquecerei barrenar nesta fiestra de cando en vez.
Cando falamos de por que non escribías, eran as cinco da mañan do sábado noite vendo a 5 baixo cero… POLO TANTO ESCUSAS ACEPTADAS…
o xogador mais rentable do Maceda¡¡¡un partido, un gol¡¡¡
o que tuvo retuvo…..jeje¡¡¡¡
Non teño mais que decir … aceptamos barco!! je,je,je…
animo, e darlle forte!!
Aproveito para saúdarte moi calurosamente e decir que foi un pracer compartir unhes días de ocio polo noso pobo. Foi moi divertido “reencontrarnos” despois de máis de oito anos, e revivir tempos pasados. Espero con ánsias volver pronto.
Haber se se pode ver unha fotiño.
http://img402.imageshack.us/img402/5463/img0148xr3.jpg
Graciñas Jorge,
esas fotos… a esas horas… espero que se poidan repetir en breve!
Lucas, tas feito unha fiera eu so fago unha cousa, e tardei 6 meses en poder escribir estas duas lineas de merda, un abrazo a todos dende Sanlúcar e noraboa polo blog ten un meritoinmensoooo !!!; A por certo si dieguiño é quen eu penso un abrazo forte po searinha, e dicirlle que si pode que me devolva os discos e a miña gorra de mayoral.
bicos.