Cheirando a coiro
26 Marzo 2008 por OLucas
O vindeiro venres un cheiro dos máis propios da nosa vila inundará o Castelo, un cheiro que merece facerse maior, converterse en perfume. Son horas de por en valor oficios que, como o de albardeiro, perderon peso no pobo e non souberon buscar a continuidade nos mercados actuais.

Este cheiro tórnase en dous suculentos manxares, como primeiro prato teremos ocasión de escoitar de primeira man experiencias familiares dun albardeiro do pobo. Uxía Caride fará as veces de chef coa presentación da súa obra Batanando. O segundo é un gran reserva, de 1996, o documental Os albardeiros de Maceda de Karlos Abal e X. M. Vilas, que por certo, aínda non catei e estou desexando saborear.
hei!
lembrate do escudo!
Moitas grazas polo post,
foi un pracer poder presentar o libro en Maceda,
saúdos
uxia
Olá Uxía,
xa tiven oportunidade de “degustar” o teu libro e a verdade é que me deixou moi bó sabor de boca. Ségueme a cheirar a coiro cada vez que lle boto unha ollada ás fotos e penso que iso dá mostra da súa calidade. Parabéns.