Cousas
26 Xaneiro 2008 por OLucas
Sei que vos teño un “moito” abandonados, pero o traballo, o fútbol, a visita anual da amiga gripe, un cursiño para tratar de controlar o incontrolable… e tamén é certo, un pouco de galbana, fan que as miñas pegadas na arañeira teñan sido esporádicas no que vai de ano. Farei propósito de emenda.
Supoño que se quedarán no tinteiro algúns temas dos que pensei escribir durante estes días: o cambio das árbores nas prazas; o cabaceiro barcelonista,con ampla cobertura por La voz de Galicia, do Jose Antonio; a miña visita a “La tetería del oso malayo”, o comezo das eleccións estadounidenses, o que se nos aveciña nas estatais do 9M… en fin xa veremos o que podemos recuperar destas ideas.

O que si non vou deixar pasar por alto é o Xoves de Compadres que vivimos fai un par de días, cando menos que vexades unhas fotiños.

Fotos do Xoves de Compadres 2008.
O ano que ven, máis e mellor ( e con charanga).
Ola OLucas…
E o cabaceiro ese… exactamente onde é que está?
parabéns pola cea¡¡eu non puiden..que senón, xa sabes que alí estaría¡¡
vémonos no antroido…..aínda que este ano será moi curto¡¡merda de examess¡¡¡¡¡
unha aperta Domínguez¡¡
Cesare, se non me trabuco, o cabaceiro estache no lugar de O Campo, ó pasar Parada, eiquí no Concello de Maceda.
Un saúdo.
Lucas!!Volve con nos,jejeje…Xa vexo que andas moi atareado, non si? Veña, levalo con calma…
Ese cabaceiro del campo, jajajja como mola. Q grande es el barça y el setonio
[...] que me preguntas por que non escribo. Xa sei que non che valen escusas. Xa sei tamén que fixera propósito de enmenda un tempo atrás… pero é o que ten andar en 50 [...]