¡Donas e cabaleiros!, ¡nenos e nenas!… ¡benvidos a noite máis tola das vosas vidas!… ¡preparádevos para o surrealista mundo do Circo Palomanes!
¡¡¡Tititiririri titi tititiririri!!! ¡¡¡Tititiririri titi tititiririri!!!

O circo desta familia non ten nome. Esta pasada madrugada presentáronse, coa súa “troupe” nas portas do Castelo, a facerlle un espectáculo de escapismo á xente de Protección Civil que estaba a facer garda no Castelo e … finalmente un deles “colouse” na fortaleza, enganchado a súa maleta, tal como faría o mesmísimo Houdini nos seus mellores tempos.
Até agora a PrinCelsita dábame certa pena (a amargura de ver a un pallaso chorar); pensaba na soidade do camerino despois de cada actuación, nas horas consumidas fronte ó espello maquillándose para volver a crear unha infeliz máscara, no afastados que quedaban os sorrisos dos seus queridos “nenos”… e non podía evitar sentir certa angustia. Agora que xa son dous “pallasos” no Circo todo é diferente, seguro que ata a ti che apetece participar ¿non si?.
Por certo, o circo merece maior respecto.
Ben, chegados a este contrapunto, coido que hai que mobilizarse outra volta. Isto é un choteo. Están de atar. Menuda tropa nos meteron no castelo hai tres anos e medio. QUE NOS SIRVA DE LECCIÓN.
¿Onde comen(e dormen) dous, comen(e dormen) tres, catro, cinco, seis, sete, oito, nove, dez, …?
Ata cantos?
O señor xuíz que fai?
Agardando que?
A xustiza pola man?
Por onde romperá a corda?
O pobo é quen máis ordena.
DEBEMOS APORTAR OS NOSOS COMENTARIOS EN “LA REGIÓN” VIRTUAL DEBAIXO DA NOVA SOBRE O CASTELO.
NEREA E NEWNEREA ESTÁN EMPREGÁNDOSE A FONDO LARGANDO LIXO CONTRA MACEDA.
Compañeiro, o tempo é cumplido…