A verdade é que sabendo que son o Pájaro e a Ro os encargados de levar adiante este proxecto, non tiña apenas dúbidas sobre o seu futuro éxito. Porén, as poucas que puidera ter, quedaron esvaecidas despois da viaxe da semana pasada a Sanlúcar con motivo da inauguración. Sei que nos trataron como se fóramos a súa familia, e sei que o farán cos clientes do pequeno Hotel Barrameda.
Por iso poderíavos falar do fermoso que é o edificio, do ben situado que está o hotel, da exquisita mestura na decoración, do amable que é a cidade… pero no fondo sei que todo era tan perfecto porque eles estaban alí, porque puxeron o corazón en cada detalle, porque tentaron crear o seu pequeno mundo por aquelas terras. Eu de verdade adorei.
Fotos do Hotel Barrameda
Así que, tratándose duns amigos, toda publicidade que lle faga será pouca. Xa sabes as túas vindeiras vacacións no sur … Ademais, nos próximos días mostrareiche cousas que facer por aqueles paraxes, e pensa que estarás posiblemente no mellor hotel do mundo… probablemente.
Pois vaia aspecto tan espectacular. Simplemente as fotos falan por si mesmas.
Sorte!!
Noraboa , o hotel ten un aspecto espectacular, agardo de todo corazón que vos vaia de moi moi ben. Unha aperta dende Maceda, e sorte. O próximo destino de vacacions se podo a de ser a San Lucar o HOTEL BARRAMEDA.
derrrrrrrrrrrrrrrrr dieeeeeeé, damos fé.
Sanlúcar de Barrameda conta cunha gran historia de mariños de navegantes que acompañaron a Colón.
Desde fai 22 anos coñezo esa vila mariñeira, señorial onde a antiga nobreza española solia veranear.
Sempre durmo no Hotel os Helechos, moi especial, con encanto.
O meu bo amigo Domingo, descendente de mariños e adicado desde fai 30 anos á produción de variedade de flores, rosas, margaridas…etc. cando lle fago unha visita é habitual sentarnos nunha terraza a tomar unha “manzanilla” ben fria acompañada dunhas gambas e lagostinos recien “pilláos”.
Magoa que a distancia aínda sexa longa á espera do remate da autovia da Prata para en 6 horas poder chegar a esa paraxe tan agarimosa polo seu clima e as súas xentes.
Na proxima viaxe terei a oportunidade de durmir e coñecer ise hotel.
Vai por ti Lucas.
Alberte