Sen comentarios
Posted in Na rede on 30 Novembro 2007 | 10 Comentarios »
Posted in Na rede on 30 Novembro 2007 | 10 Comentarios »
Posted in Arte on 27 Novembro 2007 | Non hai comentarios »
Persépolis conta a historia que lle tocou vivir a Marjane Satrapi, debuxante de banda deseñada iraniana, durante a xestación da Revolución islámica no seu país e o posterior ascenso ó poder dos fundamentalistas.
A verdade é que é un filme agradábel de ver, tanto a nivel estético, pola simpleza dos seus debuxos, como a nivel argumental, [...]
Posted in DxT on 24 Novembro 2007 | 4 Comentarios »
Todos fomos nenos unha vez, todos tivemos cativeiros soños. Hoxe moitos destes rapaces , benxamíns das Escolas Deportivas do Concello de Maceda- Club Deportivo Maceda, xogaban por primeira vez un partido “oficial”, comezaban a soñar. Oxalá ninguén os esperte en moito tempo.
Fotos do C. D. Maceda- Ponte Ourense
Posted in Arte, Verbas on 22 Novembro 2007 | 3 Comentarios »
Prezado amigo:
Coñecíate de vista, eras coma unha desas caras familiares que un perece ter atopado mil e unha vez: saímos xuntos a coller bolboretas en Allariz, vivimos a guerra compartindo aquel pequeno cuarto de Madrid e, xa maior, fixéchesme teimar unha e outra vez sobre a importancia da honra, da amizade e do amor. Aínda [...]
Posted in Eu, Eventos on 21 Novembro 2007 | 4 Comentarios »
A verdade é que sabendo que son o Pájaro e a Ro os encargados de levar adiante este proxecto, non tiña apenas dúbidas sobre o seu futuro éxito. Porén, as poucas que puidera ter, quedaron esvaecidas despois da viaxe da semana pasada a Sanlúcar con motivo da inauguración. Sei que nos trataron como se fóramos [...]
Posted in Eu on 19 Novembro 2007 | 44 Comentarios »
Éncheme de ledicia as novas que chegan de ti dende terras vascas. Sei que foi unha sorpresa estar rodeado dos teus colegas o día do teu aniversario. Outros botámoste de menos dende aquí. Espero que sexa por pouco tempo e que no Nadal nos poidamos ver, mentres tanto traballa. E por suposto… ¡que cumpras moitos [...]
Posted in Eu on 16 Novembro 2007 | 1 Comment »
Anda o Conde preocupado porque os víveres do Castelo se botan a perder. Esta tarde aproveitou o seu paseo (¿semanal?) polos seus “territorios conquistados”, para conversar (chamémoslle buscar bulla) co pobo chan e pedirlle a “prinCelsita” que lle chimpase embaixo as viandas deterioradas.
¡Oh que preocupación polo xeado estragado!
¡Oh que mágoa de langostinos afeitados!
¡Oh que pena [...]
Posted in DxT on 15 Novembro 2007 | Non hai comentarios »
Esta tarde estiven de novo no Campo de O Couto. Alí firmamos un acordo de colaboración entre as Escolas deportivas do Concello de Maceda- C. D. Maceda e o C. D. Ourense, e que “…nace coa bontade de ámbolos clubs de transmitir a necesidade de recupera-lo sentido humanista e educativo do deporte, para o cal [...]
Posted in Eu on 14 Novembro 2007 | 3 Comentarios »
Ia falarvos de todo o que pasou nestes días; da viaxe a San Lúcar, do Hotel Barrameda, do Coto de Doñana, do espectáculo de flamenco… pero deixarémolo para os vindeiros días porque as novas no tema do Castelo chaman á porta.
O caso é que hoxe a tardiña o cadro eléctrico do Castelo ardeu, presuntamente queimárono, [...]
Posted in Eu on 3 Novembro 2007 | Non hai comentarios »
Esta semana vin por primira vez a cara oculta dos recursos humanos. Horas e horas tratando de atopar unha solución, unha fenda legal, unha opción menos mala. Foi duro ter que decirlle a unha persoa, da que coñecía a súa complicada situación persoal e familiar, que non continuaría na empresa. Foi duro coñecer unha parte [...]