Estaba fermosa a lúa. Alaranxada, no fondo do horizonte íase consumindo. As estrelas despedíana entre aplausos. Mañá saíra o sol.

Veño cabreado, supoño que afectado pola miña visión lunar. Veño do castelo. A policía local cercando as posesións do “Conde Palomares” as 24 horas, o alcalde e os concelleiros do BNG poucas menos á busca dunha solución, algún traballador do Concello facendo garda durante a noite, a mamá do individuo pechada dentro… ¿e a xente de Maceda?
Non quero escribir demasiado porque se cadra cando me “arrefríe” arrepíntome, pero o que está a pasar supérame. ¿Podemos deixar que esta situación se prolongue?, ¿e logo os veciños non imos facer nada?, ¿e que este pobo só se move cando lle furgan nos petos?, ¿onde están todos aqueles que dicían que o Castelo era do pobo e que habería que recuperalo polas boas ou polas malas?.
Son da idea que cada pobo é o que quere ser, o que está a pasar estes días no Castelo dará fe do que Maceda quere ser nos vindeiros anos. O que avisa…
Chamádeme lunático pero eu mañá volverei por alí, cando menos para ollar a lúa.
Palomanes,cando rodas outra escea da tua curtametraxe,”yo y mi castillo”?A verdade e que o reparto de actores do luns á noite ia sobrado, e ti de fondo dirixindo, ca tua cínica mirada,non tes prezo.Pronto rodaremos nos a nosa largometraxe,na que ti seralo verdugo”Palomanes, el destierro”.Por certo o sabado ás 5 da tarde hai unha combocatoria nas praza das toldas para acudir o castelo en protesta,sexamos cidadans con conciencia,esto cheira dabondo!!!Palomanes vaite xa!!!
Seica agora si hai reacción. Hoxe a tarde a xente estase organizando para ir “visitar” os okupas do castelo.
Deberíamos ir todos, fagamos que a xente o saiba.
¡O castelo é do pobo!
O cidadán Palomares, alias Nerea, é un home tan probe, tan probe, que só ten diñeiro, 1000 € dos cales anualmente os adicaba a vivir no castelo de Maceda. E así ano tras ano. Porén nesto chegou Fidel, quero dicir o novo alcalde, Xabier, que finou coa aldraxe que o Batista de turno estaba a facer aos macedáns polo que lle restaba de contrato, o cal incumpliu, non hai dúbida, e por iso terá que atopar outra illa no Caribe para seguir vivindo a corpo de rei, porque na Galiza acabóuselle o engano. O concello falou, e ben falado; non embargante o pobo está caladiño e agarda o final da teima entre o neo-feudal okupa de feito e o alcalde de dereito. Se queremos que a democracia gañe, que gañará, o pobo ten que mollarse, a tempo, antes e durante a loita, todos a unha, como Fuenteovejunha, e non esquecer de quen é o castelo, xa que logo non é de ninguén en particular, pois é de todos os veciños de Maceda, e por iso todos eles teñen que dicir a súa, na rúa, non só na casa nen na taberna, que tamén. Cando? Este sábado, por exemplo, porén tamén onte, hoxe, e mañá, sen desmaio, porque os concelleiros que votaron a favor de botalo fóra, o cento por cento, necesitan o apoio dos seus representados, para que se sintan respaldados pola forza da lei e pola forza da razón, e finar así os abusos e formas duns tempos afastados xa do presente, aínda que haxa un señor que non albisque o futuro, por moi altas que sexan as almenas do castelo. Está cego pola cobiza, mais é o pobo quen máis ordena, como ben cantaba o inesquecible “Zeca”.
Marco Aurelio.