Disque temos un rapeiro a triunfar por Europa adiante que é fillo de emigrantes de Pardeconde. Velaquí GranPurismo e a canción en galego que lle dedica ó seu pobo (escoitade con atención pois tamén fala de Maceda).
Arquivo de Outubro, 2007
GranPurismo
Posted in Arte on 30 Outubro 2007 | 9 Comentarios »
Os veciños de Maceda tomarán mañá as armas contra a Princesa do Castelo.
Posted in Eventos on 25 Outubro 2007 | 12 Comentarios »
Mañá venres as 7:00 da tarde os veciños de Maceda, cualificados na prensa oficial do Reino Palomanes (La Coz de Galicia) como delincuentes, porcos, mentireiros e vándalos, responderán coas únicas armas que poden tirar abaixo o “muro das mentiras”… as verbas do pobo.
Acude armado… algo para montar barullo e a túa frase dedicada [...]
Pura provocación.
Posted in Eu on 21 Outubro 2007 | 16 Comentarios »
Situádevos en escena. Día soleado e impagable sombra de carballos. A xente de Maceda xanta tranquilamente como medida de protesta pola usurpación do seu Castelo.
I Acto.
Ó fondo nótase a tensión, ruído, a xente comeza a erguerse das súas mantas e bancos… a irmá do “Conde Palomanes” achégase a porta e trata de entrar, trae as [...]
O “conto” da princesa
Posted in Eventos on 20 Outubro 2007 | 1 Comentario »
Hoxe… máis e mellor. Participa no novo capítulo, só precisas un aparello para armar rebumbio.
Entre lusco e fusco no Castelo
Posted in Eu on 18 Outubro 2007 | 3 Comentarios »
Foron polo menos 200 veciños de Maceda os que acudiron hoxe a rachar a súa vasalaxe coa estirpe dos Palomares.
Uns cantos berros, algunha que outra cara de rabia, palmas de apoio as verbas do alcalde e unha nova convocatoria para mañá. Será as sete da tarde e neste caso dende a praza da igrexa.
¿Armas?. [...]
Manifestación
Posted in Eventos on 18 Outubro 2007 | 2 Comentarios »
Estase a correr a voz en Maceda de que hoxe a tarde, a partires das 7, os veciños acudirán en manifestación ata o castelo para reclamar o que é noso. Vémonos alá. Temos que estar todos.
¡O castelo é do pobo!
Chámame lunático
Posted in Verbas on 18 Outubro 2007 | 3 Comentarios »
Estaba fermosa a lúa. Alaranxada, no fondo do horizonte íase consumindo. As estrelas despedíana entre aplausos. Mañá saíra o sol.
Veño cabreado, supoño que afectado pola miña visión lunar. Veño do castelo. A policía local cercando as posesións do “Conde Palomares” as 24 horas, o alcalde e os concelleiros do BNG poucas menos á busca dunha [...]
Un “okupa” no castelo
Posted in Na rede on 15 Outubro 2007 | 1 Comentario »
Así titulaba A Galega a nova dedicada ó castelo de Maceda no Telexornal de hoxe. Se aínda non o viches pincha aquí e avanza cara o final do vídeo, despois dos deportes (hora 3:16).
E mañá máis…
¿Gústache conducir?
Posted in Eu on 12 Outubro 2007 | 1 Comentario »
Saín canso de traballar. Prendín o CD e os Radiohead estaban a divagar polo seu universo. Máximo volume.
Gozaba, a miña man creaba no aire ondas que envexaría o máis valente surfista. Gústame conducir!, a miña mente replicaba inconscientemente ó continuo Bombardeo do Marketing no World.
Nun instante vino enriba de min, no meu carril, polo [...]
Vivamos como galegos
Posted in Na rede on 5 Outubro 2007 | 5 Comentarios »