Anda o galiñeiro da política galega revolucionado por un “dáme aí eses cartos” e un “eu non os quería”, a verdade é que o asunto ten miga… cando menos tanta como 15000 €.
A disposición transitoria 17 da Lei da Función Pública de Galicia, establece subidas salariais de 15.000 euros anuais para os altos cargos da Xunta que sexan empregados públicos. Esto supón que 2000 persoas que desenvolveron o seu traballo como altos cargos na Xunta, dende a aprobación do Estatuto no ano 81 e durante máis de dous anos, terán un sobresoldo ó reincorporarse ó seu traballo como funcionario de ata 15000 €.
Dende logo houbo voces discordantes, entre elas unha valente Encarna Otero, pero a maioría dos nosos políticos mirou cara outro lado… e calou.
Na miña opinión os políticos deberían estar ben pagados. Non teño ningunha dúbida de que o xeito de progresar un país é poder contar na esfera política co seu mellor capital intelectual. Tampouco dubido á hora de valorar a enorme responsabilidade inherente ós seus postos e a adicación que supón. Dende logo na empresa privada ese tipo de perfís estan bastante mellor remunerados.
Xa que logo, ¿que facer para atraer os mellores e que a política se profesionalice?, ¿non é esta unha medida atractiva nese senso?
Penso que este tipo de medidas dificilmente se poderían xustificar en base a estas ideas, en primeiro lugar por ser inutilmente discriminatorio entre os altos cargos, é dicir, non diferencia en base a súa boa ou mala xestión, simplemente valora o feito de ter permanecido nun alto cargo durante dous anos. En segundo lugar por ser altamente discriminatorio cos futuros compañeiros da administración á hora de reincorporarse á función pública, ou a caso é sostible que entre dúas persoas que ocupan o mesmo posto e fan o mesmo traballo para a mesma empresa, haxa unha diferencia de 15000 € anuais nos seus salarios.
En fin, que con vontade sempre hai tempo de mudar as cousas. Fagámolo.
Con esta lei, cando unha persoa chegue ao cargo mesmo cargo de funcionario que un ex- alto cargo da Xunta atopará unha diferenza de soldo de 15000 Euros, POR FACER O MESMO TRABALLO!!!
Estou de acordo contigo en que hai que profesionalizar a política, pero toda esa leria de soldos vitalicios paréceme unha “tomadura de pelo”. A xente ten que cobrar polo traballo que fai non polo que fixo.
O do alcalde de Maceda é indignante….quero recordar que o anterior alcalde non cobraba un peso…
Supoño que teredes probas para afirmar que o Xavier cobra 3000 €, ¿do contrario deberíao borrar?. Non é a miña intención que este blog se converta nun sitio no que “todo vale” e o respecto deste tema a verdade é que teño lido moitas barbaridades:
https://www.blogger.com/comment.g?blogID=24493645&postID=4253576910735292449
Por outra parte sería interesante que aportásedes ideas acerca do xeito de remunerar ó alcalde. ¿Debería o alcalde traballar de balde?, ¿fixérono os anteriores?, ¿acaso non está aprobado no pleno?, e o máis interesante… se hai tanta xente altruísta e interesada en traballar polo ben de Maceda ¿porque non xorden partidos alternativos no noso pobo?, ¿porque son sempre os mesmos os que moven as organizacións (políticas, culturais, deportivas)?
Sentado diante da pantalla do meu computador é moi sinxelo criticar todo canto fan os demais, é moi fácil dicir que tal ou cal persoa renuncie o seu salario, pero ¿faríalo ti?. Eu dende logo non.
Da igual 3000 que 2000 paréceme excesivo para non ter dedicación exclusiva, e maís tendo en conta como están asa arcas de este concello, o que seiben claro é que o Manolo non cobraba un peso, e a deuda reduciuse….Ademaís que gaña neste concello eses cartos. ¿ QUE PASA CO CASTELO? ¿QUE PASA CON TODOLOS PARASITOS DO CONCELLO?
Xavier non ten nada que aclarar, dende o primeiro intre os plenos do Concello son públicos, se tes interés podes acudir e informarte de calquera decisión tomada polo grupo de goberno.
Que quede claro que o Manolo non cobraba un peso…que quede. E que quede claro tamén que o posto de traballo que desempeñaba o mesmo tempo que era alcalde foille regalado polo señor Baltar, regalo que tuvo que pagarlle sendo alcalde de Maceda, como ben explicou él tantas veces sin cortarse nin un pelo. Que quede claro que ese traballo segue e seguirá desempeñandoo toda a vida, si eso non é cobrar inmerecidamente, non sei que o é.
EL TEMA NO ES EL ALCALDE, MANOLO NO COBRABA OFICIAL PERO COBRABA FAVORES POR DETRAS. EL TEMA SON LOS 15000 EURAZOS QUE TENDRAN PARA TODA LA VIDA ESOS QUE CHUPARON DEL FRASCO. NO HAY GUARDERIAS, NO HAY AYUDA PARA HIJOS PERO SI HAY DINERO; MUCHO DINERO PARA LOS RICOS QUE YA VIVIERON COMO DIOS CUANDO TENÍAN SUS CARGOS. CENAS, PRIVILEGIOS QUE LA GENTE DE A PIE NO TENEMOS. TODOS SON IGUALES, LA POLITICA ES PATETICA. Y YO A TRABAJAR COMO UN NEGRO PARA DARLE DE COMER, DARLE UN COLEGIO Y ALGUN CAPRICHO A MIS HIJOS. MIENTRAS QUE LOS DE LOS 15000 EURAZOS MANDAN A SUS HIJOS A ESQUIAR, A COLEGIOS PRIVADOS, Y VISTEN DE MARCA.
O do soldazo é unha medida adoptada polos progres que governan Galicia, eses que van de socialistas e comunistas…jajajaja……
Non se debe borrar aquelo que non gusta mentres se faga con repecto.
Esta Nuria, quen é? a que levaba un irman na lista do PP, ahhh. Claro, claro,… ahora resulta que cobrar 1500 euros por ser alcalde e indignante. Xa, xa nos entendemos de onde veñes os tiros.
Lección de honestidade, e menos vindo de quen veñen as xustas porfavor.
Se o Tixo ou Manolo non cobraba nen un peso, outro beneficio sacaría, seguro que o posto de traballo na Deputación non o sacou nunha oposición onde a igualdade o méritos e a capacidade brillaban pola súa ausencia.
Non teño ningún irmán, e si o tivese e fose nas listas do PP non creo que estivera a cometer ningún delito…Só se alporiza o que quere, eu opino o que me peta igual que facedes vós…e sigome rindo dos pseudoprogres…porque ese calificativo de progres que vos autoimpodes faime rir..
¿Qué pasa co castelo e os 100 días? ¿Qué pasa con tódolos parásitos que siguen no Concello?