Patético. Esa é a única palabra que se me ocorre para defini-lo artigo que El Mundo publicou a semana pasada sobre o Himno galego. Na súa liña van tamén as últimas declaración de Rajoy ó respecto.
Estamos a falar dun Himno con cen anos de historia, instaurado pola Xunta de Galicia cando Fernández Albor era presidente e Rajoy vicepresidente, e que a día de hoxe está plenamente asumido pola inmensa maioría dos galegos.
Disque Rajoy pensa que o importante é que os cativos aprendan “inglés e informática”. Eu tamén. E tamén penso que é importante que se desenvolvan en francés, que melloren as habilidades de comunicación en público, que as artes teñan maior peso na educación… e sobre todo que se (auto) valoren como persoas e como pobo.
Dende o meu modesto punto de vista, de pouco vale ter unha xuventude perfectamente formada e preparada para mellorar as condicións de vida do noso país, se cando rematan a súa formación e comezan as súas vidas profesionais deciden (ou se ven obrigados) a marchar cara “Madrí”. A miña “boa e xenerosa” interpretación é que todas aquelas medidas que tenten desterrar o sentimento de auto-odio que se colou na vida dos galegos nos séculos pasados serán positivas para acadar un maior benestar no noso país. Pero claro fai falla ser “sabio, temperado e aberto, esperto e clarividente” para entendelo… e eles non nos entenden, non.

Deberían de lapidar a Rajoy. Qué renegado de merda!!! Indígname este personaxe. Espero que nas próximas eleccions xeráis perda outra vez, é o que se merece.
os himnos e bandeiras non deberían existir….
Paréceme moi ben que se defenda o himno pero pretender que tódolos nenos teñan que coñecelo paréceme unha barbaridade. Estou en contra de calquera tipo de adoctrinamento, o seguinte que se lle ocorrera ó Bng é que tódolos nenos o teñan que cantar ó inicio das clases coma se facía co Cara o Sol…Tódalas ideoloxías totalitaristas son iguaís e neso o BNG lévase a palma….LIBERDADE!!!!!!
Por certo o himno galego ten unha letra ben pouco tolerante na que se tilda de pouco menos que retrasados ós que non coñecen o galego….É eso o que lle queremos trasmitir os nosos fillos, eu polo menos non, nin desexo que os meus fillos sexan adoctrinados por un BNG que a pouco que consegue poder vai demostrando o excluinte e “racista” que pode chegar a ser. É a miña opinión.
Os do PP sempre andan a amolar. O himno forma parte da nosa cultura e por iso os galegos deberiamo-lo coñecer, digo eu.
Un saúdo!
EU PENSO QUE A VECES O BNG TENTA CREARA POLEMICA ONDE NON DEBERIA EXISTIR, NINGÚEN ESTA EN CONTRA DE QUE OS RAPACES COÑEZAN O HIMNO GALEGO PERO DE AHI A OBRIGAR QUE SE ESTUDE XA NAS GARDERIAS, ESTOU DE ACORDO CON JOSE P QUE SE TRATA DUNHA ESPECIE DE ADOCTRINAMENTO. SON UNHA VOTANTE DE ESQUERDAS PERO AS VECES CANDO VEXO OS MILITANTES E SIMPATIZANTES DO BNG CON BANDEIRAS DE ESTRELA ROXA E CANTANDO TODOS A UN TEMPO COA MAN NO PEITO VEÑEN A MIN IMAXES DUN PASADO QUE POR SORTE NON COÑECIN NO QUE BANDEIRAS E HIMNOS TIÑAN MAIS VALOR QUE A INDIVIDUALIDADE DAS PERSOAS. POR CERTO LUCAS MOITAS VECES LEO ESTE TEU BLOG E ESTOU DACORDO CON MOITAS DAS COUSAS QUE DIS, PERO O DO AUTO-ODIO COMO BEN DIS E COUSA DE SECULOS PASADOS, E CALQUERA CON DOUS DEDOS DE FRONTE SABE QUE ESTA MAIS QUE SUPERADO, NON TENTEDES FOMENTALO OUTRA VEZ DENDE O PARTIDO CO QUE TI SIMPATIZAS, OS GALEGOS SABEMOS BEN O QUE SOMOS E SENTIMONOS ORGULLOSOS DE SELO, SIN BANDEIRAS, HIMNOS E FRONTEIRAS.
¿Que los niños aprendan qué? El HIMNO galego, já, que perdida de tiempo.
Que les enseñen valores como el reseto, igualdad, solidaridad… no esas tonterias.
Para que sirve? PARA NADA.
“mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.”
Primeiro, eu non entendo precisamente que insulte ós que non entenden o himno,si vexo mais ben que insulta ós que por moito tempo nos despreciaron e ningunearon, cantando que algun dia a nosa terra sera importante, ou alomenos equiparable.
Que pasa?que temos que falar por falar, temos que meter excusas que se nos ocorran…o que hai que facer e pensar e analizar obxectivamente as cousas e deixarse de paravadas que se pp e bng…
Por ultimo, recordolle ós que ainda vexan esto como un insulto , as papeletas que foron lanzadas con avionetas nas cidades galegas en epocas anteriores, sobretodo na Coruña: “Hable bien, no sea barbaro.Es de cumplido caballero….” Vense vostedes agora insultados??…Eu si
Volvo ser eu, e que ocorreuseme que habera algun “ferido e duro” que non me crea,non…Enton poño eiqui unha copia que encontrei dise papelorio que antes citei…
http://www.asueldodemoscu.net/archivo/imagenes/hable%20bien.gif
CREO QUE O UNICO IMPORTANTE É A CUESTION RELATIVA Á NECESIDADE DE QUE OS NENOS APRENDAN O HIMNO, PARECEME UNHA VERDADEIRA TONTERIA E MAIS COMO O PLANTEXA O BNG, QUE PARECE QUE QUERE APROPIARSE DEL E DARNOS OS DEMAIS LECCIONS SOBRE GALEGUIDADE. EU POR CERTO TAMEN DESEXO QUE AOS RAPACES NA ESCOLA SE LLES ENSINE O HIMNO DO REAL MADRID E QUE TÓDOS O CANTEN A MAÑA Ó ENTRAR NAS AULAS. DENTRO DE POUCO VIRAN COA PROPOSTO DE QUE ” GAITA E FOLCLORE” DEBE SER ASIGNATURA OBRIGATORIA, PARA ASI SER TODOS BOS GALEGOS E NON PERDELA NOSA IDENTIDADE…MAMARRACHADAS!!!!!!
POR CERTO HIMNO NON DESVIES OS TEMAS, NINGUEN ESTA EN CONTRA DE QUE SE DEFENDA O GALEGO E DE QUE TENTE POTENCIARSE, TODO O CONTRARIO, DO QUE ESTAMOS A FALAR É DE A NECESIDADE DE OBRIGAR OS RAPACES A APRENDER ESE HIMNO..POSTOS A PEDIR QUE APRENDAN A TOCAR COA ZAMBOMBA O HIMNO ESPAÑOL PORQUE CREO RECORDAR, NON SEI SI ESTOU NO CERTO, EU PENSO QUE SI, QUE ADEMAIS DE GALEGOS SOMOS ESPAÑOIS, PORQUE POR CERTO PODESE SER DUAS COUSAS A VEZ AINDA QUE ALGUNS PARECE QUE O TEÑEN ESQUECIDO…SERAN ESES CHEOS DE PREXUIZOS….BYE
Aínda que se escapou un pouco a discusión por outros camiños, o meu propósito neste caso era expor, por unha banda se o himno galego é ofensivo, e pola outra se o feito de fomenta-lo orgullo polo noso nos axudaría á hora de reter o capital intelectual no país.
Non desvio o tema, so aclarei que non me parece ofensivo.Pero no tocante a que os nenos o aprendan…so podio dicir que me houbese gustado que mo fixesen aprender amin..os rapaces hai que ensinalos a aprehender ideas e ter o concepto de valoracion propio. Vemos a moita xente do resto de españa gabarse de Cervantes ou de calquera outro, e moi ben, pero pareceme que hai que facerlle ver cousas os rapaces,porque eu tiven noticia de “el caballero de las botas azules” moi lonxe xa do colexio? pq rosalia para a xente parece ser so poeta;e se pod por este exemplo con rosalia poderia por moitos mais…porque en galiza o que hai e moita, pero moita cultura…pero parece que se vai a ir enfriando…
eso e o que nunca pode pasar…