Foi unha semana dura. Os ecos do accidente aínda baten na memoria e na alma. Sei que o Edu vai adiante, contenteime o martes cando o vin, loitando, forte, como un gladiador enfrontado ó inimigo invisible. Dende entón souben que nada o frearía… e onte abriu os ollos. Naceu.
O Carballo conta cos amigos, tirarán del, non teño ningunha dúbida. Son grandes.

Intento que as bágoas non distorsionen a realidade. Reflexiono. Coñezo moita xente que conduce, moita xente que bebe, moita xente que fai as dúas cousas paralelamente. Inclúome entre o 99% de xente que coñezo e que algunha vez colleu o coche despois de tomar unhas copas, para todos nós, o do venres pasado foi un regalo vital. Explícome. Foi un regalo vital porque o seu infortunio prolongará a vida de moitos de nós, unha parte da miña vida a partires daquel intre perténcelle a estes tres amigos. Non sei cal será a porcentaxe, non sei se acontecería ou non, non sei se me decataría noutra situación, nin sequera sei o porque. Só sei que dende entón naceu no meu ser un compromiso, persoal e inviolable. Nunca máis na miña vida o alcohol conducirá o coche no que eu me suba. É o mínimo que se me ocorre devolverlles.
Respecto as túas reflexións, quizás para os implicados e as súas familias sexan neste momento “duras”.
Alégrome moito pola recuperación de Edu.
Fixeche unha boa reflexión, as veces facemos as cousas sen darnos conta do que pode supoñer, ata que pasa o que pasa. Que o tempo non borre o teu compromiso, nin o recordo do teu amigo.
Si este compromiso o facemos todos, o mellor esta perda pode valer para algo. Agora por él xa non se pode facer nada, máis ca lembralo.
Palabras valentes, e reflexións que moitos compartimos, súmome a ese 99%, espero que todos aprendamos deste dor, e espero que todos axudemos a seguir adiante.
É un magoa que estas reflexións, que comparto, fagámolas sempre despois dunha fatalidade.