Posted in Eu on 29 Agosto 2007 | 1 Comment »
Coñecino por casualidade. Un día pasou diante de min, alguén me falou del… e xa non puiden esquecelo. Un par de viaxes para coñecernos persoalmente, probar se funcionaría, e comezamos a viaxar xuntos. Agora vémonos tódolos días, penso que xa non podería vivir sen el.
Chámase Ledo. Estou seguro de que o noso vai durar, ou [...]
Read Full Post »
Posted in Verbas on 26 Agosto 2007 | 13 Comentarios »
Patético. Esa é a única palabra que se me ocorre para defini-lo artigo que El Mundo publicou a semana pasada sobre o Himno galego. Na súa liña van tamén as últimas declaración de Rajoy ó respecto.
Estamos a falar dun Himno con cen anos de historia, instaurado pola Xunta de Galicia cando Fernández Albor era presidente [...]
Read Full Post »
Posted in Eu on 25 Agosto 2007 | Non hai comentarios »
Por fin xa non son un descoñecido no meu traballo. A xente pasaba e miraba cara o despacho como dicindo ¿que fai ese tipo aí?. Nos dous derradeiros días tiven a ocasión de facer a miña presentación “formal” a tódolos traballadores. Decidimos que o mellor sería unha entrevista persoal na que me presentaría, e [...]
Read Full Post »
Posted in Eu, Na rede on 22 Agosto 2007 | 2 Comentarios »
Sempre me preguntei como sería a vida no mundo amarelo de Matt Groening. Onte brincando na arañeira atopei a porta de entrada a Springfield. Non o dubidei e tentei “renacer”, a verdade e que non me acabo de ver no personaxe…pero é o meu intento.
O mellor de todo foi poder compartir unha cervexa con Homer, [...]
Read Full Post »
Posted in Eu, Verbas on 19 Agosto 2007 | 4 Comentarios »
Foi unha semana dura. Os ecos do accidente aínda baten na memoria e na alma. Sei que o Edu vai adiante, contenteime o martes cando o vin, loitando, forte, como un gladiador enfrontado ó inimigo invisible. Dende entón souben que nada o frearía… e onte abriu os ollos. Naceu.
O Carballo conta cos amigos, tirarán del, [...]
Read Full Post »
Posted in DxT, Eventos on 18 Agosto 2007 | Non hai comentarios »
Espectacular tarde de ciclismo nos arredores do Castelo de Maceda. Parabéns a tódolos participantes e o Club Ciclista Maceda e a Escola de Ciclismo J. A. Hermida pola organización.
Fotos do III Mini BTT Maceda
Read Full Post »
Posted in Arte, Na rede on 18 Agosto 2007 | Non hai comentarios »
Menos mal que aínda nos queda Manu. El sempre ten algo que dicir cando abre a boca para cantar… e desta volta por partida dobre. Unha versión dirixida polo inimitable Kusturica e a outra animada polo debuxante polaco Evene Wozniak. Pracer para os sentidos!
Welcome to paradise
Today it’s raining (Welcome to paradise)
Today It’s raining (Welcome to [...]
Read Full Post »
Posted in Eu on 13 Agosto 2007 | Non hai comentarios »
Despois de, polo menos, un par de anteriores amagos (un e dous), hoxe por fin, podo contarvos que comecei a miña andaina profesional. A semana antes das festas tivera un par de entrevistas no Parque Tecnolóxico, e a semana pasada pechamos a miña incorporación a Callcenter, unha empresa de atención telefónica do Grupo Netaccede.
A espera [...]
Read Full Post »
Posted in Eu, Verbas on 13 Agosto 2007 | 1 Comment »
Lembranzas da infancia mollan as miñas meixelas. Recordo a facilidade coa que nos confundían de nenos. Un cento de trasnadas compartidas. Descubrimentos paralelos na aventura da adolescencia. Agora, unha mala xogada do destino fai que abandones a partida antes de tempo, eu quédome con só tres cartas túas: Amigo, Aperta, Adeus.
E a ti compañeiro… forza, [...]
Read Full Post »
Posted in Eventos on 10 Agosto 2007 | Non hai comentarios »
Cae a noite e a Santa Compaña comeza a buscar incrédulos entre as derruídas paredes do Pazo de Chaioso e os seus arredores. Eu non creo, ti non crees, el non cree… ninguén cre. Pero, ¿que foi daquel grupo de amigos que o ano pasado non creían?, ¿porque non volveron xamáis a Chaioso?. Alguén te [...]
Read Full Post »