Decateime da retirada da revista El Jueves polo xuíz Juan del Olmo no telexornal. A súa web estaba atascada polas visitas así que marchei a lume de carozo á libraría a facerme cun exemplar… conseguín o último que lles quedaba.
De principio direi que a portada é un pouco forte, se cadra de mal gusto (trátase dunha caricatura, unha deformación da realidade), pero non creo que deba ser o feito de caricaturizar ó herdeiro da coroa o que invite ó xuíz a retirala. Acaso sería menos grave se os debuxadas fosen outra parella (pública ou anónima).
Disque o Código Penal (art.490.3 e 491) prevé sancións para este tipo de “inxurias”, textualmente di “el que calumnie o injurie al Rey o a cualquiera de sus ascendientes o descendientes, a la Reina consorte o al consorte de la Reina, al Regente o algún miembro de la Regencia, o al Príncipe heredero de la Corona, en el ejercicio de sus funciones o con motivo u ocasión de éstas”, e tamén “al que utilice la imagen del Rey o de cualquiera de sus ascendientes o descendientes, o de la Reina consorte o del Príncipe heredero, de cualquier forma que pueda dañar el prestigio de la Corona”. Supoño que todos estes privilexios se deberán a súa “orixe divina” (lembrade a polémica das viñetas de Mahoma publicadas en Dinamarca), ¿e nós éramos os que nos escandalizábamos do fanatismo musulmán?.
O bo de este novo universo chamado internet é a capacidade para esparexer e non deixar no caixón da censura todo este tipo de cousas, un par de minutos máis tarde da decisión do xuíz, a portada xa estaba colgada en varios sitios da arañeira. Aquí tamén.

Ola lucas,
estou de acordo contigo, que aínda hoxe a casa real española é un tema tabú e protexido polas institucións, pero esta polémica, está a anos luz con respecto o sucedido coas viñetas de mahoma, porque no estado español non se tomaron as calles coma protesta por esta tira cómica coma sucedera daquela en estados musulmáns, que daba a impresión que acabara de estoupar un novo conflicto bélico.
Un saúdo.
PD: O sábado iremos xogarlle unha pachanguiña de balocesto.