Posted in DxT, Eu on 31 Xullo 2007 | 2 Comentarios »
A veteranía impúxose no I Open de Asfalto de Maceda, Pachín foise desfacendo un a un dos seus rivais ata rematar cunha vitoria na gran final fronte ó Number.
Tamén quedou patente nesta edición o poder feminino, representado polo terceiro posto de Natalia e o cuarto de Uxía.
Fotos do I Open de Asfalto de Maceda 2007
Eu [...]
Read Full Post »
Posted in Arte, Eventos on 28 Xullo 2007 | 3 Comentarios »
O vindeiro martes 31 de Xullo a macedana Eva Quintas presentará Premio, a súa primeira curtametraxe, en Maceda. A proxección terá lugar as 11 da noite na Praza das Toldas.
Unha vez rematada a presentación poderemos gozar tamén dunha sesión de curtametraxes elixidas para a ocasión.
Lembro que cando a curta fora presentada en Ourense moitos macedáns [...]
Read Full Post »
Posted in DxT, Verbas on 28 Xullo 2007 | Non hai comentarios »
Pasei un bo anaco limpando medio século de Historia do fútbol de Maceda. Ducias de trofeos gañados coa maior das ilusións. Ilusións que por algún estraño motivo foxen, desvanécense.
Volvo a ollar as fotografías do club, vexo centos de rostros; coñecidos, recoñecibles e insospeitados. Todos dispostos a gozar do deporte rei.
Volvo pensar nos domingos de [...]
Read Full Post »
Posted in Eventos on 27 Xullo 2007 | Non hai comentarios »
Fai uns días convidábame Moncho Ramos a descubri-la figura de Celso Montero. Personaxe que dalgún xeito quedou solapado por “non bailar” ó son da música que lle marcaban dende as filas franquistas, dende a igrexa ou dende o Partido Socialista de Ourense.
Mañá sábado as oito da tarde no Salón de Actos do Concello teremos oportunidade [...]
Read Full Post »
Posted in DxT on 26 Xullo 2007 | 1 Comment »
Os días 27 e 28 de Xullo nas piscinas municipais. Sorteo o día 27.
Partidos individuais ó mellor de tres sets. Inscripción 5 euriños (telfs. de contacto 600821562- 67770891
Premios:
1º clasificado: 50% das inscripcións + ensaladeira
2º clasificado: 30% das inscripcións + trofeo
3º clasificado: 20% das inscripcións + trofeo
4º clasificado: as “boas tardes” + trofeo
Organiza Asociación [...]
Read Full Post »
Posted in Eu on 24 Xullo 2007 | 2 Comentarios »
Compostela chámame… e non sei dicirlle que non.
Hoxe perderémonos de camiño coas estrelas no Festigal 2007, mañá atoparémonos, un ano máis, orgullosos de ser galegos.
Read Full Post »
Posted in Na rede on 24 Xullo 2007 | Non hai comentarios »
Ja, ja, ja… Sen palabras!
Read Full Post »
Posted in Arte on 23 Xullo 2007 | Non hai comentarios »
¿Que farías se hoxe, vendo un filme deses nos que xamais repararas, descubrises que hai un actor cuspidiño a ti? E cando digo cuspidiño, digo idéntico; a mesma cara, as mesmas cicatrices, os mesmos xestos. Gustaríache coñecelo, quedarías con el para tomar unha cervexa, sentirías envexa se a súa vida fose mellor cá túa… a [...]
Read Full Post »
Posted in Verbas on 20 Xullo 2007 | 1 Comment »
Decateime da retirada da revista El Jueves polo xuíz Juan del Olmo no telexornal. A súa web estaba atascada polas visitas así que marchei a lume de carozo á libraría a facerme cun exemplar… conseguín o último que lles quedaba.
De principio direi que a portada é un pouco forte, se cadra de mal gusto (trátase [...]
Read Full Post »
Posted in Na rede on 20 Xullo 2007 | 2 Comentarios »
Durante esta semana tivo lugar o primeiro pleno da nova corporación de goberno de Maceda. O cambio de horario, a partires de agora celebraránse as 8:00 da tarde, espertou a curiosidade entre os veciños… e, polo visto ó día seguinte, entre a prensa provincial.
La Región, “El equipo de gobierno de Maceda reorienta la gestión municipal [...]
Read Full Post »