Hoxe as 12 da mañá celebrouse no salón de actos do Concello diante dunhas 180 persoas o pleno no que se elixiu o novo alcalde de Maceda. Tra-lo reconto das papeletas de votación, Xavier Oviedo xurou o seu cargo, agradeceu a corporación saínte o seu traballo, ofreceuse a ser un alcalde para todos e animou a tódolos veciños a sumarse a esta nova etapa do noso Concello. Dende aquí ánimo e adiante!
Déixovos aquí o vídeo do discurso.
Máis información en Macedavirtual.com
Fotos do pleno da toma de posesión.
Sorte!!
Agora comeza o traballo duro, que Maceda vexa dentro de catro anos que non errou nesta elección.
Como dixo o exalcalde ultimo, ¡¡¡ que teñades sorte que a vades a necesitar¡¡¡
E axuda de todos… que de eso supoño que si que contares.
Un saúdo e adiante que xa chegou a hora.
parabéns, sorte e a traballar¡¡