Media ducia de horas no coche máis un tempo de desconcerto para atopar onde aparcar e deitar os ósos unha vez rematada a noite… e alí estábamos, gardando cola para gozar do Oeiras Alive Festival.
A primeira tarde presentábase gris (meteorolóxicamente) e acompañámola cun pouco de indiferenza fronte ós Linkin Park, non son unha das bandas que teña seguido pero o certo é que había moitos fans do grupo polas primeiras filas. Penso que o feito de comezar a súa actuación a plena luz do día lles marcou, en realidade excepto contados intres de “singles” coñecidos, o grupo non conectou co auditorio.¿Estaríamos os máis de nós reservándonos para o que se nos viña enriba?
Fíxose a noite e unha música fluída comezou a enche-lo escenario, ó lonxe apareceron os Vedder, Gossard, McCready, Ament, Cameron e compañía… nun só segundo a inmensidade brincaba e coreaba “Corduroy”. A banda estivo soberbia, o Vedder (botella de viño en man) sentíase como na casa, o público entregado… case dúas horas de choutos e berros. Imposible de describir a interpretación do dueto Pearl Jam- público en “Better man” ou a prolongación ata o infinito de “Black”.
Era tempo de pechar o menú e a versión de “Rocking in the free world” de Neil Young era a sobremesa perfecta. En definitiva, como o viño do que o Vedder deu conta, melloran co paso do tempo, e por suposto, están moi lonxe de calquera outra das bandas que se pasearon por Oeiras.
O segundo día ameazaba auga. Un caldeiro de auga fría podería considerar que se me veu enriba coa actuación dos White Stripes, esperaba moito deste dúo de irmáns de Detroit, pero o certo é que en directo deixaron bastante que desexar. Moitas intencións por parte do cantante e guitarrista Jack White, pero notábase a falta dunha banda potente por detrás que o sostivese en moitos momentos da velada. Por suposto a xente coreou o seu himno “Seven Nation Army”, faltaría máis.
E outra auga, desta volta máxica, volveu caer xusto no intre no que os Smashing Pumpkins facían acto de presencia. Do ceo comezaron a caer gotas e notas misturadas coa luminaria e con visións anxelicais. A banda presentouse cunha iconografía semellante a empregada na xira de despedida (lembro Santiago fai xa uns cantos anos) vestidos de branco, coas capas a ondear co aire. A imaxe do inmenso (en tódolos sentidos) Billy Corgan coa capa ó vento aporreando na guitarra é do máis plástico que se puido ver sobre o escenario. Dende aí arriba os Smashing fixéronnos subir e baixar un cento de veces ó seu antollo polas afiadas cumes das súas cancións máis potentes e polos profundos vales das súas baladas… un auténtico camiño de exploración. Ese camiño, que nós esperábamos ver cambalearse co mítico berro “the world is a vamper”, e que o mestre Corgan e os seus anxos transformaron nunha excéntrica curva onde, máis tarde ca cedo, todos camiñamos coreando o seu “Bullet with Butterfly wings”.
Nos comentarios podes ler as crónicas do Dani e do Victor.
Básicamamente vou dividir a miña crónica en dúas partes: O concerto de Pearl Jam, e pola outra banda o concerto dos Smashing Pumpkins.
Pearl Jam, simpremente dicir que estiveron sobérbios. Sorprendeume moito Eddie Vedder, ¿a razón?: Tiña unha idea del, dunha persoa reservada, de poucas palabras, e dicir, unha persoa introvertida…. Craso erro, todo o contrario, dende o primeiro tema ata o último fíxonos integranos no engranaxe dunha complexa maquinaria (grupo-público) ata chegar a fundirnos nunha única masa que se movía ó unísono. Mención especial ten o concurso de Mike McCready, cunha enerxía propia dos seus, xa lonxanos, vinte anos, chea de detalles circenses como tocar a súa guitarra por arriba do seu lombo. Para finalizar esta parte, contarvos o que me lembrarei co paso dos séculos deste concerto estea onde estea:
En primeiro lugar, o coro de Black (turututurutuhhhh…..turututurutuhhhhhhhh…..), ponme, aínda hoxe, a pel de galiña ó lembrame.
Segundo, cando rematou a interpretación de Alive, o público seguía coreando o estribillo, ¡espectacular!.
Terceiro punto, nun momento do concerto alguén do público deulle unha bandeira de Portugal a Eddie, e este colocouna no escenario. Na bandeira podíase ler: ”Porto is waiting for you”.
E por último, xa cara o final do concerto Eddie dixo que esto estaba a piques de rematar xa que o día seguinte tiñan que tocar en Madrid, a xente empezou a berrar que non, que queríamos máis, entón el nun xesto de complicidade con todos nos, exclamou:”¡!Que se foda Madrid”, e continuaron tocando.
En conclusión, os Pearl Jam tremendos, cun repertorio ben elixido.
Smashing Pumpkins, o que me produce a súa actuación é un sentimento ”agri-dulce”. O azucre pono un comenzo atronador, cunha atmosfera apocalíptica, e pouco a pouco íase dilucidando o tema que ía sonar: today. Máis azucre, a apariencia escénica de Billy Corgan, el só nun escenario e como un sofá renancentista nun salón medieval, e dicir el só encheo por completo. Sen dúbida, un dos maiores xenios dos 90. Máis azucre, a vestimenta de Billy cunha especie de capa, cor branca impoluta, que ondeaba ó ritmo do aire procendente da morte do rio ”Tejo”. Billy semellaba un arcanxel expulasado do ceo. Os Smashing tamén nos obsequiaron cunha iluminación curiosa, eran unha especie de láminas reflectoras.
O vinagre da actuación pono baixo a miña opinión un repertorio non moi ben elixido e paranoias de Billy sen moito tino, como por exemplo, o comenzo de Bullet With Butterfly Wings dunha forma un tanto rara, nada fiel a gravación orixinal, aínda que despois o tema descorreu coa fidelidade, que lle hai que exisixir a semellante obra maestra.
Máis vinagre, a evidente xenialida de Corgan, é sabido por todos, e el tamén o sabe que fai o que lle sae en gana, e moitas veces facendo enfriar o espectáculo. Supoño que son excentricidades de xenio.
O que me lembrarei sempre deste concerto é ver a inmensidade de Billy Corgan, tanto física (é enorme), como a inmensidade do seu talento.
Tamén lembrarei temas coma today, tonight tonight, disarm, zero e un pequeno regalo que nos fixeron, nada menos que unha emotiva, breve pero intensa interpretación de ”the end” dos doors.
Xa me decatara o sair do concerto dos Smashing que a miña opinión ía ir mellorando co tempo, como o bo viño, inicialmente non era moi boa que digamos…
ola a tod@s!! eu vou facer un balance do festival como prometimos victorino ( e veñan bimbasssssss )!!!
LINKIN PARK : apufffffffff, vaia broza. Sentemento 0, non me transmitiron nada, exceptuando o señorito chester benington que deixou a sua gorxa no escenario. O resto parecía non estar alí. ( se nos deixasen a nosssss meu pedriñoooo….)
PEARL JAM: incribles, estiven ante un dos concertos máis emotivos da miña vida e sinceramente non era fan diles como o eres tu dieguinho pero recoñezo que son e serán recordados coma uns dos grandes. Impecable Eddie Vedder, cun cantante asi vaise a calquera lado. Afectuoso, amigo de todos e sen deixar indiferente a ninguén. Coa sua botelliña de viño e o seu pitillo disfrutando coma un rapaz de quince anos que creceu sen darse conta e que mantén a mesma ilusión que antano. Chegaronme moito moito moito. Fantastico cantar con eles betterman.
WHITE STRIPES: un guitarrista creativo cunha voz prodixiosa e única ó q o único que lle falta é un grupo ó lado e non a súa moza facendo q toca a bateria. Pero ben ben, o rapaz esmerase e moito.
SMASHING PUMPKINS: ¿ pq se chama asi cando é BILLY CORGAN tocando temas dos smashing? non me gustou o seu egocentrismo. Vese cando hai un grupo e cando hai musicos contratados e alguén q leva a batuta e q fai q os demais non sintan. Excelentes temas que se cortaron polas excentricidades do señor corgan. Facia q o concerto fose explosivo e ó rato collia a sua acústica para despois deixarse levar por excesos técnicos q ninguén entendía. Estivo ben pero ese grupo con eses temas merece facer moito moito máis. En fin…. a ver se se da conta.
En xeral mereceu a pena pero resoa en min un eco a marmelada de perlasssss q deixou un bo sabor de boca. Repetirei para velos e cantar aquelas q descoñecía ( as do último disco e algunha mais. ) Por certo irei ó azkena tamén a ver a TOOL. Poderiades vir algun de vos tamén.
So unha anotación, o duo dos White Stripes non son irmáns, son exparella,estiveron casados…
como a min o ano pasado vexo que Pearl Jam marcoubos de cheo¡¡non esperaba menos¡¡a verdade que despois de ler as vosas parrafadas a un ainda lle fode mais non ter ido¡¡Só espero que esa botella de viño non chegue a vaciarse e que moi pronto poidamos velos denovo¡¡
do resto dos grupos, o que contades e o que me esperaba¡¡dos smashing xa tiña lido criticas non moi favorables…pero supoño que o que pasa e que a xente espera a ver os smashing dos noventa..e eso esta moi complicado….ainda así, o Corgan é o Corgan¡¡dos white stripes teño que dicir que gosto moito deles, e non creo que teñan que ter unha banda por detras…¡¡que duas persoas fagan vibrar a tanta xente coa súa musica e digno de admirar¡¡¡
próximo festival, caldas: kula shaker gratis…..non volo podedes perder¡¡¡
unha aperta dende o pais veciño¡¡
É certo o que dis Manuel, non sei porque en varios sitios aparecen como irmáns.
Un saúdo.