Non sei cando naceu a miña curiosidade pola túa música, non sei ata que punto a túa poesía me mudou, non sei cantas noites principiei escoitándote no Antro, non sei porque a túa música me pon eléctrico, non sei onde atopar hoxe novas respostas, non sei quen decide que vivas entre barras ou entre estrelas, non sei cando e como me convertín ó dylanismo, non sei porque o futuro non pode ser teu… non sei que día te felicitarei por abrazar ó “sueco literario”.
Sei que naciches como Robert Allen Zimmerman, sei que polo teu amor a poesía mudaches de nome, sei que os principios nos nightclubs de Colorado foron duros, sei que a moitos non lles gustou que te puxeses “eléctrico”, sei que ti atopaches moitas respostas no vento, sei que Huracán Carter estaría libre hoxe, sei que o mundo está cheo de dylanianos, dylanitas e dylántropos, sei que che sentaron marabillosamente ben os Modern Times… e hoxe sei que estás de noraboa polo abrazo do Príncipe de Asturias.
Unha canción: Bob Dylan´s dream by Bob Dylan (Lyrics, Letra)
A música sen xente coma Bob Dylan non tería sentido. Un dos mellores músicos, poeta…. de todos os tempos¡¡por moito que pasen os anos sempre hai un momento para escoitar unha canción do Dylan¡¡No meu recordo sempre estará o concerto en Santiago….que grande¡¡ahi vai unha das miñas preferidas¡¡
Blowind in the wind¡¡
“Cantos camiños ten que andar un home
antes de que lle chamédes home?
Cantos mares ten que sucar
a pomba branca
antes de poder descansar na area?
Si, e canto tempo teñen que voar
as balas do canón
antes de que sexan prohibidas para sempre?
A resposta, meu amigo,
está soprando no vento,
a resposta está soprando no vento.”
Eu tamén estiven a lembrar aquel concerto. Un concerto no que lle tivemos que mirar ós ollos (o xefe non quixo pantallas) e no que, moi a pesar noso, non colleu a súa guitarra. Pero bom, o Dylan sempre é o Dylan.