Feed on
Posts
Comentarios

Arquivo de Xuño, 2007

Preciosa Aurora

Nin a máis chuviosa das primaveras puido evitar que se secase a túa luz. Hoxe as miñas bágoas golpean estas teclas para escribir un último recordo. Os demais, os da vida, levareinos para sempre escritos no meu peito.

Read Full Post »

Babel

Unha bala atravesa as vidas de catro personaxes para amosarnos que a soidade e o medo non coñecen fronteiras. Dous rapaces marroquís coidando cabras e armados cunha arma que o seu propio pai lles mercou. Unha rapaza xaponesa xordomuda que vive a “anos luz” do seu pai fuxido. Unha parella estadounidense nunhas vacacións que se [...]

Read Full Post »

“O luns comezas”

Hoxe tiven unha entrevista para comezar a traballar, a verdade é que todo foi moi rápido. Sentinme cómodo falando co xerente da empresa, este feito engadido ó meu benestar mental (é unha tolada tratar de atopar un posto de traballo en Recursos Humanos na nosa provincia se non tes experiencia), fixeron que aceitase con [...]

Read Full Post »

Habemus alcalde!

Hoxe as 12 da mañá celebrouse no salón de actos do Concello diante dunhas 180 persoas o pleno no que se elixiu o novo alcalde de Maceda. Tra-lo reconto das papeletas de votación, Xavier Oviedo xurou o seu cargo, agradeceu a corporación saínte o seu traballo, ofreceuse a ser un alcalde para todos e animou [...]

Read Full Post »

Media ducia de horas no coche máis un tempo de desconcerto para atopar onde aparcar e deitar os ósos unha vez rematada a noite… e alí estábamos, gardando cola para gozar do Oeiras Alive Festival.
A primeira tarde presentábase gris (meteorolóxicamente) e acompañámola cun pouco de indiferenza fronte ós Linkin Park, non son unha das [...]

Read Full Post »

Non sei cando naceu a miña curiosidade pola túa música, non sei ata que punto a túa poesía me mudou, non sei cantas noites principiei escoitándote no Antro, non sei porque a túa música me pon eléctrico, non sei onde atopar hoxe novas respostas, non sei quen decide que vivas entre barras ou entre estrelas, [...]

Read Full Post »

Estiven alí. ¿Antes?

I seem to recognize your face
Haunting, familiar, yet I can’t seem to place it
Cannot find the candle [...]

Read Full Post »

Madrugón

Madruguei. Non podía marchar sen verte. Desta volta non foi a madrugada quen me despertou nas túas rúas despois dunha hipnótica noite. Sei que estarás aí o próximo ano, por iso non me doe tanto a ausencia.
Que viva o boi!

Fotos do boi. Allariz 2007.

Read Full Post »

Pechando o círculo

As entradas nos petos, as tendas de campaña preparadas, a estrada esperando por nós. Os nós que serán o Victor, o Dani, o Nica e un servidor.
Hoxe comezo a pechar un deses círculos “medenianos” da vida que medrou con aqueles casetes regrabados no instituto, cunha manchea de CDs prestados polo Abe no verán, co [...]

Read Full Post »

Premio

O Tin (Martín Cortés) é un profesional dos premios, unha persoa nacida para vivir a “golpe de concurso”. Os seus pais están orgullosos del, os seus compañeiros de facultade envexan o seu xeito de vida, a súa avoa (coma a de todos) sinte auténtica devoción polo neto…
Con esta idea a macedana Eva Quintas (guión e [...]

Read Full Post »

Artigos Antigos »