Despois de moitos anos de traballo e tras un primeiro intento “errado”, os veciños de Maceda decidíronse a apostar polo BNG. A verdade é que unha honra formar parte de ese grupo, traballamos duro durante moito tempo pero o feito de ilusionar de novo os veciños paga de largo ese esforzo.
A partires de agora teremos que seguir mantendo esa ilusión e loitar por mellorar as cousas no pobo, non vai ser fácil nin é unha cuestión a resolver por uns poucos, o reto precisa da implicación de todos.

Máis información en Macedavirtual.com
Eu dende aquí quixera felicitar os meus compañeiros e a todos aqueles que nos apoiaron dun xeito ou doutro. Os meus parabéns teñen que ir tamén para o grupo do PSdG PSOE de Maceda polo traballo realizado e o incremento nos seus resultados. Finalmente o meu respecto tamén para aquela xente do PP que defende e loita polas súas ideas limpa e democraticamente.
Felicidades dende terras catalanas. Pola miña parte e aínda que non esté no pobo, a ilusión supoño que é a mesma que o resto dos veciños que sí votaron o bng. Para Maceda ábrese unha nova etapa, a que a ten que poñela no mapa de galiza. Un exemplo a seguir, Allariz.
Penso que é unha merecida victoria e só espero que os novos governantes que supoño lerán este blog sepan coller o testigo que o pobo lle deu e sexan capaces de tomar decisións que había tempo tiñan que ser tomadas, empezando por “limpar” o noso concello de parásitos, xa está ben de que sempre “traballen” os mesmos no concello mentres os demaís temos que arriscar para gañarnos o porvir. Necesitase un pouco de man dura, hai algúns no concello que se adican a xogar pachanguiñas no pavillon só polas tardes, etc…O do castelo é de vergoña e como esto moitas outras cousas maís.No momento que empecemos a ver decisións neste senso, eu e moitos dos que che brindamos o noso apoio comezaremos a confiar en vós.
Aínda non me creo de todo o que vivin o domingo dende as 8 da tarde,… a xente apostou polo CAMBIO¡¡¡¡¡ Un novo goberno de esquerdas que mire polo interés de todo o pobo e non só polo duns poucos. Noraboa a todos os que traballastes e apostastes por este proxecto de cambio. Agardo que nestes catro anos que quedan por diante non se perda a ilusión nin as ganas de traballar. Todos xuntos, colaborando, dialogando, informando,…podemos conseguir pouco a pouco esa Maceda na que estamos pensando.
PARABÉNS dende Santirso
Como calquera sociedade normal en democracia a alternancia ten que ser dun xeito natural. Desexamos que o acontecido o 27-M non quede nunha anecdota.
Pero ollo, o PSOE para ben o para mal ten dereito de pernada.
Compre agardar, esperar acontecementos, pero non queremos outro caso “Gregorio-Xulio”, (o peor dos periodos da política en Maceda dende o ano 1978).
A ver se agora governades cara a xente, e vos deixades de tonterías como as da outra vez que estivestes no governo(uns meses) de cambiarlle o nome as ruas e cousas polo estilo que os veciños non lle interesan.
Creo que para toda a xente que votou o domingo o Bloque ou o Psoe o resultado acadado e unha ledicia inmensa e non se debe empañar con medos que hoxe non teñen cabida e con xente do pasado que non ten nada que ver co presente.
Non se pode empezar nada con medo, hay que apostar polo que conseguimos e deixar facer; co voto voto do domingo foi tamén o voto de confianza de moita xente que votaba o PP , xa que perderon dous escaños que foron para o outro lado, esa confianza de esa xente que cambiou o voto e da xente de sempre non se pode perder antes de empezar. Deixemos traballar.
E non me parece para nada unha tontería cambiar o nome das calles pq eu non quero vivir nun pobo que adique unha calle a un dictador como Franco.
Noraboa a todos o domingo foi incrible……pero certo!
SEÑALAR PARA LOS QUE PARECE QUE NO SE DAN DE CUENTA QUE LAS ELECIONES NO LAS GANÓ EL BNG SINO EL PP, OTRA COSA ES QUE COMA VA A OCURRIR EN EL RESTO DE GALICIA BNG Y PSOE SE UNAN PARA APARTAR A LA LISTA MAS VOTADA DEL GOBIERNO,TODO MUY DEMOCRÁTICO PERO EN ALGUNOS CASOS NO DEMASIADO ETICO COMO PUEDE SER EN LA PRINCIPAL CIUDAD GALLEGA DONDE EL PP HA TENIDO PRACTICAMENTE EL MISMO NÚMERO DE VOTOS QUE PSOE Y BNG JUNTOS.
Como responsable político e como persoa, xa fai moitos anos que condeno calquera tipo de terrorismo, de aí a miña militancia nun partido, o BNG que condena nas institucións oportunas toda manifestación violenta ou terrorista. Pero non é menos certo que afortunadamente o terrorismo no noso ámbito local non é o noso principal problema porque non o padecemos directamente, algo do que nos temos que felicitar.
Co cal e sen deixar de condenar o anteriormente exposto, a condena que pensamos facer os do BLOQUE publicamente é a que levamos facendo nos últimos anos neste Concello:
- Fin do caciquismo como forma de facer política dende un Concello.
- Fin do atraso e desaproveitamento dos nosos recursos que nos levaron en todos estes anos á migración de Vila a Aldea.
- Igualdade de oportunidades para todos, independentemente de como pensan ou en que forza política militan.
- Liberar o noso monumento histórico (O CASTELO), que o meu entender está secuestrado por persoas que non o saben xestionar, e enriba non teñen escrúpulos para falar en foros e demais medios para tratar de confundir e acusar os demais do que padecen eles.
Estamos a menos de tres semanas para que a Política Municipal de Maceda mude totalmente, e gustaríame pedir tranquilidade e respecto polo que decidiron os Macedans o día das eleccións. Entre outras cousas recibín dos meus veciños a mensaxe de ter que gobernar con Ana María Rodríguez o cal tanto para min como para a miña organización política será todo un pracer.
Creo que os que me coñecen e moitos dos que non, saben perfectamente que son unha persoa tolerante e demócrata. Gobernar co PSOE non supón un problema para mi, máis ben un reto interesante polo feito de ter que compartir mais dun programa e proxectos de futuro para Maceda. Os que escriben en foros compadecendo o PSOE por ter que gobernar con nos, non tardaran en darse conta do bo entendemento que se pode chegar a ter nos gobernos das institucións formados por varios partidos, resultaremos un exmplo a seguir. Agora ben, en situacións como a burla que os veciños padecen na xestión do castelo: “TOLERANCIA CERO”.
Levo anos na política e tamén me tocou no seu día soportar derrotas, pero algunhas reconvertinas en ledicia porque me sumei en máis dunha ocasión a celebrar os éxitos de outros, porque xa daquelas como agora, a cuestión sempre consistiu para min en ter gobernos tolerantes e de progreso nas institucións. Estoume a referir as pasadas Eleccións Xerais onde os meus compañeiros do PSOE de Maceda poden testificar a miña ledicia de que Zapatero chegase a Moncloa en vez de Mariano Rajoy.
Lamento o discurso, pero estaba canso de escoitar cousas tan distantes da realidade, que só serven para distorsionar a ilusión e ledicia que os macedans respiran, e con razón, estes días pola rúa. E como non, tamén me gusta participar como un veciño máis que son nestes foros.