Un veciñ@ da zona de Asadur fíxome chegar estas fotos para a súa publicación. Onte durante a tarde, no acostumado sprint electoral de “caminos, bancos y farolas”, o chapapote fixo acto de presenza na parroquia. As imaxes falan por si soas, só comentarvos que xa algún veciño se encargou de dar conta delo ó SEPRONA.



O que che fixo chegar as fotos do chapapote fun eu (agora si que entrei no teu blog, a primeira vez), “un veciño”, non “un veciñ@” nin “unha veciña”, por se o queres correxir ou alguén ten dúbidas ao respecto.
Se é para manter o anonimato, pois especifica que non son hermafrodita, por se vou recibir unha proposición in-decente ou out-decente.
Como ben dis era por manter un pouco o anonimato. Pero que quede claro que es meu veciño e amigo. Parabens pola parte que che toca no cambio de Maceda. Unha aperta.