Feed on
Posts
Comentarios

Arquivo de Abril, 2007

Viaxe a Bragança

Comezo este viaxe ilusionado coa idea de volver a sentirme Erasmus por uns días, fai xa máis de tres anos da miña experiencia en Finlandia e estou desexando recuperar sensacións.
Ademais a elección da data é perfecta pois coincide coa celebración da “queima das fitas” en Bragança, tamén chamada Semana Académica, unha sorte de festa de [...]

Read Full Post »

A Revolución dos caraveis

Non atopo metáfora con maior forza para expresar o pensamento dun pobo nun intre da súa historia, o desexo da liberdade, do cambio pacífico, do valor e da loita… iso é o que son os caraveis vermellos colocados polos lisboetas nos canóns das armas do seu exército o 25 de abril do 74.

Pero a historia [...]

Read Full Post »

Semana portuguesa

Esta semana vai ter un marcado acento luso. Hoxe déixovos unha música (Até Quando de Gabriel O Pensador) dun dos meus artistas preferidos do Brasil, o 25 falaremos sobre a Revoluçao dos Cravos, e no remate da semana ireime facerlle unha visita ó Dieguinho a Bragança.

Read Full Post »

De pinchos por Ourense

Onte, pensando co bandullo, fómonos inaugura-lo concurso “De pinchos por Ourense”. Este concurso no que participan case que cincuenta bares da cidade das Burgas, repartidos en 4 zonas; Casco Vello, A Ponte, Centro Cidade e Avenida de Bos Aires, comezaba onte e continuará ata o vindeiro 6 de maio.
A verdade é que penso que aínda [...]

Read Full Post »

Sucesos de Ramón Caride

A inmersión na lectura da obra de Ramón Caride significa comezar a desconfiar de todo. O teu veciño non che vai parecer o mesmo tan só un intre despois da lectura dos relatos contidos nas súas obras Crónica de Sucesos e Os ollos da noite.

Realidade [...]

Read Full Post »

Un novo Jeremy volveu a falar onte na clase. Desta volta estalou na Virginia Tech University.

Resulta curioso (tradúzase por incrible a esta beira do Atlántico) como este tipo de acontecementos se repiten ciclicamente nos Estados Unidos. Poderíamos retroceder ó ano 1999 para vérmonos golpeados por un feito semellante acontecido en Columbine, máis tarde oscarizado polo [...]

Read Full Post »

Vicent

Hoxe cólgovos aquí un luxo que atopei no YouTube. Trátase de Vicent, a primeira curtametraxe do director norteamericano Tim Burtom. O filme é unha clara homenaxe a dous personaxes moi admirados e presentes na filmografía de Burtom, Vicent Price e Edgar Allan Poe. Ademais no orixinal incluso podemos gozar da voz do verdadeiro inspirador [...]

Read Full Post »

Mañá Sábado as 6 da tarde no salón multiusos do Toural presentarase a candidatura do BNG de Maceda para as vindeiras eleccións municipais. No acto, ademais do novo candidato, Xabier Oviedo, intervirán o Vicepresidente da Xunta de Galiza e portavoz nacional do BNG, Anxo Quintana, e o Director Xeral da Benestar Social e veciño de [...]

Read Full Post »

Santa gripe e pouco máis

Antibióticos e xaropes, vaia xeito de remata-la semana santa. Eu, que son dos que fuxo dos medicamentos, porén, desta volta tocoume. Facíache tempo que non me pegaba tan forte. Levo xa tres días sen saír da casa e non sei como escapar. Téntoo cun par de novelas de Ramón Caride e volvendo a ver algún [...]

Read Full Post »

Nesta miña actual teima de coñecer máis de preto a diferentes persoeiros de Maceda, pérdome hoxe entre as follas da obra Xosé Lois Parente, poeta e galeguista na II República. Deste xeito achégome non só ó macedán protagonista do volume senón tamén ó seu autor Santiago Prol, unha das persoas que máis ten traballado na [...]

Read Full Post »

Artigos Antigos »