Feed on
Posts
Comentarios

Arquivo de Marzo, 2007

Paranoid Android

Esta noite preciso dos Radiohead, sentirme por unhas horas parte do seu mundo. Ver as cousas doutro xeito, reflexionar, pensar, decidir, actuar…

Androide Paranoico
Por favor poderías deter o ruído,
estou intentando descansar
de tódalas voces de polos innatos no meu corpo
Que é iso?
(eu debo…ser…paranoico…pero…non…un androide)
Cando sexa rei, serás o primeiro contra a parede.
Coas túas opinións que non son [...]

Read Full Post »

Os compañeiros da web macedavirtual.com están a recoller preguntas entre tódolos seus lectores para pasárllelas ós candidatos á alcaldía do noso pobo e, posteriormente, publicalas na súa páxina. Paréceme unha excelente idea, así que se tedes interese en formular algunha pregunta aquí tedes toda a información.
Eu persoalmente teño coma unha das miñas primeiras lembranzas políticas [...]

Read Full Post »

Noite, escuridade, visión periférica e barullo. De súpeto, a xorda e trasnoitada conversación co Xoel fai chegar, ó máis agochado da miña mente, unha lembranza infantil.
- “Sempre te vin como o tío dos Fraggle Rock. ¿Lémbraste?, ese que estaba fora e lle enviaba postais”

E non me vou lembrar, eu sempre quixen ser o tío [...]

Read Full Post »

Unha verdade incómoda

As verdades doen. Un síntese incómodo cando lle soltan diante da súa cara tal magnitude de datos científicos e probas palpables. Eu asegúrovos que un sentido de culpabilidade percorreu todo o meu corpo. Apesares das excelentes pingas de humor, An inconvenient truth é un filme duro, Al Gore fainos ver realidades das que moitas veces [...]

Read Full Post »

Non sexas paiolo

Via Mauro Entrialgo

Read Full Post »

Vendéndome

Non sei onde irán parar os millóns de currículums que se cobren na rede, a verdade é que é unha cuestión que me ten trastornado no derradeiro mes. Supoño que haberá empresas que o tomen en serio e teñan unha potente base de datos que poida almacenar tanta información, pero tamén me temo que moitas [...]

Read Full Post »

Vintenove

E de regalo… novo deseño. Espero que vos guste.

Read Full Post »

Así é como me declaro despois de ler as palabras do ¿líder? do Partido Popular. Mariano Rajoy convoca a toda a xente “normal, sensata e de ben” a manifestarse contra a política antiterrorista do goberno, e afortunadamente, eu non estarei en ningunha manifestación.
A estratexia de confrontación elixida polos dirixentes do PP lévaos a un [...]

Read Full Post »

O venres, despois de dar boa conta dunhas androllas de Viana e dun feixe de contundentes grelos na casa do Dani, non puidemos menos que prolongar a noite ata que as primeiras empanadillas da mañá estivesen listas para facerlle fronte á esperada resaca.
E madrugou o sábado, coa música dende o amencer golpeando as nosas [...]

Read Full Post »

Non te deixes levar pola curiosidade. Vaiche doer, non vas poder sacalo da cabeza. Faime caso, non pulses no vídeo, esquécete, pasa ó seguinte post.

Díxencho.

Read Full Post »