Contan os máis vellos que era Mariña unha fermosa rapaza, filla dun gobernador romano de A Limia que lle confiara a súa educación a unha ama cristiá que a educou nesta fe, o que provocou o rexeitamento do seu pai. Mariña adicábase a saír coas ovellas ó campo, e namentres pastaban, ela sentábase tecía baixo [...]
Arquivo de Febreiro, 2007
A lenda de Santa Mariña de Augas Santas
Posted in Arte, Eu on 28 Febreiro 2007 | 1 Comentario »
Marcos Serrano e Óscar Pereiro en Maceda
Posted in DxT on 24 Febreiro 2007 | 11 Comentarios »
Pasaban algúns minutos sobre as oito da tarde cando, por un corredor feito a partes iguais de ilusión infantil e de rodas das súas propias bicicletas, Marcos Serrano e Óscar Pereiro entraban nun ateigado Salón Multiusos do Campo da Feira.
Tras as presentacións iniciais, Cesáreo Borrajo fixo unha positiva e esperanzadora valoración da situación do ciclismo [...]
Atrás quedou o entroido
Posted in Eu on 22 Febreiro 2007 | 1 Comentario »
Atrás quedan estes días de tolemia compartida. Atrás queda a nosa visita a Verín o venres, onde tiven a oportunidade de pegar uns choutos, comer unhas cenorias e compartir un par de horas co meu amigo eras mus francés Ludo.
Atrás queda a convención de super heroes que o sábado tivo lugar no restaurante La Diligencia [...]
Xa cheira ó entroido
Posted in Arte on 16 Febreiro 2007 | 2 Comentarios »
O forte aire que nos acompaña estes días levanta a verde pel da serra e déixanos ver como por entre as súas veas comeza a baixar unha manchea de rechamantes fitas de cores. Prestando atención case se pode escoitar o eco acumulado en séculos de tradición, o estrondo das chocas fai tremer o máis ousado [...]
Forumemprego 2007
Posted in Eu, Verbas on 16 Febreiro 2007 | Deixa un comentario »
Durante esta semana celebrouse nos campus de Vigo e Ourense da Universidade de Vigo o Forumemprego Universitario 2007. Como actos máis interesantes das dúas xornadas celebradas en Ourense destacaría a charla impartida por D. Ignacio Arellano Salafranca, socio e actual Director no mercado de Cataluña e Baleares de Cega Tegos, e unha mesa redonda onde [...]
Os provedores de ADSL tratan os seus potenciais clientes como idiotas
Posted in Na rede, Verbas on 13 Febreiro 2007 | 4 Comentarios »
Fai xa uns días que din de baixa o meu servizo de internet básico coa intención de mudar cara unha ADSL. A raíz da miña procura de información pola rede un aluvión de chamadas de teléfono de comerciais das distintas compañías comezaron a tratar de convencerme das bondades da súas respectivas ofertas.
Son todos iguais, uns [...]
Aprobei
Posted in Eu on 9 Febreiro 2007 | 4 Comentarios »
Aprobei… e marcho celebralo!
Suspéndese o entroido no triángulo máxico ourensán
Posted in Arte, Verbas on 9 Febreiro 2007 | 1 Comentario »
Tranquilos que é burla!
Porén animémonos a facer un exercicio de ficción, ¿imaxinádesvos que o que está a pasar en Tenerife ocorrese en vilas coma Xinzo de Limia, Verín, Laza ou mesmo en Maceda?. Parece ser que os veciños da illa non van poder celebra-lo carnaval este ano. Onte un xuíz suspendeu cautelarmente os festexos despois [...]
Pechando círculos
Posted in Eu on 6 Febreiro 2007 | Deixa un comentario »
Paso os días á espera do resultado do exame, sen decidir aínda que carallo vou facer nos próximos meses, pechando unha manchea de cousas que tiña pendentes. Enchendo cuestionarios, revisando as solicitudes de títulos, actualizando o currículum, botándolle unha mirada ás ofertas de traballo (panorama desesperante), en fin, buscando unha saída cara adiante.
Fai xa un [...]
Como un neno
Posted in Arte, Eu on 1 Febreiro 2007 | 2 Comentarios »
A nosa infancia transcorría construíndo soños, alí nas “obras”, cada fin de semana convertíase nun exercicio de imaxinación. Nas frecuentes visitas á carpintería do barrio, o Señor Arturo aprovisionábanos de cortes e restos de madeira que nas nosas mans se transformaban nas máis afiadas espadas, en carros que, literalmente, voaban sobre o asfalto das costas [...]