Non somos nación, non somos Fogar de Breogán, non somos un sentimento nacional, nin sequera un sentimento galeguista…
A estratexia de confrontación que nos chega cos aires da meseta fai que de novo volvamos a xoga-la promoción de descenso. Disque finalmente ETA vai marca-lo camiño do Estatuto de Galiza, disque as labazadas entre os dous partidos maioritarios en Madrid van ir pegar tamén na meixela da sosegada señora do Norte.
Doulle voltas e pregúntome se a comunidade humana, que está instalada nun territorio definido, que pode estar ou non politicamente organizada como estado, e que se caracteriza por ter unhas tradicións históricas e culturais comúns, os mesmos intereses económicos e unha unidade lingüística ou relixiosa, da que formamos parte, está preparada para unha nova aldraxe.
A situación faime lembrar unha carallada de fai uns anos: ¡perdidooo! ¡eres un perdidooo!
Eu quero ser…
18 Xaneiro 2007 by OLucas
Eses dous partidos maioritarios en Madrid dos que falas tamén son os dous partidos maioritarios en Galicia,é un deles(precisamente o que está na oposición por cousas do sistema electoral) cunha ampla marxe sobre o resto (e o BNG fose o partido maioritario en Galicia e PP e PSOE governasen coaligados ardería o Fogar de Breogán).E como ben saberás,son partidos maioritarios porque o deciden tódolos GALEGOS, incluso os que non estudamos na Universidade… Tes moita razón ó falar de a sosegada señora do Norte, e por eso, por ese sosegamento no noso pais, rexión, pobo, CCAA, chámalle como queiras, os nacionalistas sempre estarán na segunda ou terceira fila..
Unha comunidade humana de cuarenta millóns, instalada nun territorio definido(España), que está políticamente organizada como Estado, que nos caracterizamos por unhas tradicións históricas e culturais comúns(que é algo maís que gaitas, magostos, matanzas e licor cafe), os mesmos intereses económicos(só hai un único interes económico e é universal: que nos vaia ben)e unha unidade lingüística (o castelán). Definitivamente non vexo ningunha aldraxe, a única aldraxe que poido contemplar é a da minoría que quere impor a maioría…
Cal é a cultura común dos españois? El Cid Campeador ou El Quijote…
Cal é a tradición común dos españois? As sevillanas, os touros ou a tortilla…
Non acabo eu de ver un magosto en Andalucía, ou a unha rapaza de Madrid matando un porco. Alguén en castela coñece a Blanco Amor, a Rosalía, a Castelao? ¿como é polbo a feira ou pulpo a la feria?
Quén pensa que en España non hai máis dunha nación é lerdo ou está cego como unha toupa.
boa tarde puto¡¡que tal tudo pelo povo??suponho que igual que sempre!eu estudando que amanhã tenho a primeira frequencia¡acho que o levo bastante bem¡quanto ao mais poucas novidades¡começa a chegar o frio e dizem que muito em breve começará a nevar¡¡tenho vontade que passe este mês já que em breves chega o “entroido”¡¡¡estuda muito que ja não keda nada!ahh,amanhã quando você coma o polvo lembrate de min!uma aperta!até logo
O magosto tampouco se celebra na provincia da Coruña, nin en Vigo se matan porcos, os de Lugo falan coa jota e aseguroche que en castela poucos coñecen a Blanco Amor e en Galicia de oidas coñecemelo todos, outra cousa é cantos o teñen leido, seguro que a decima parte dos galegos que leron por pór un exemplo o Código da Vinci…Asi que creo que o mellor é ter a nacion ourensana, a nacion coruñesa…….De todos xeitos nestes asuntos creo que a palabra a ten o pobo cada catro anos…non esquezas que a soberanía reside no pobo
Eu penso que estamos ben como estamos, e non por ser nacion nos vai ir mellor nin nos imos sentir maís galegos…
Que unha porcentaxe do pobo galego se sinta identificada co concepto de nación despois de 40 anos de dictadura, nos que falar galego quíxose pintar de bruto, que se aniquilou toda referencia a nosa tradición, e se nos quixo integrar pola forza na cultura castellana, representa un número alomenos preocupante para todos aqueles que espallan a única nación Española.
Pensa un intre, entón pensas ti que ¿España si que é unha nación?
España é unha nación dende fai centos de anos, e fai 29 anos tódolos españois decidiron democráticamente institucionalizalo nunha constitucion…e non me veñades sempre coa mesma historia das tradicións porque ninguén está en contra delas, a diversidade dentro dunha nación é fundamental ou pensas ti que en Nova Orleans teñen as mesmas tradicións que en California….España cada vez maís funciona coma un estado federal pois as CCAA levan asumido a meirande parte das competencias. E non me voltedes co tema da dictadura porque a guerra foi unha loita entre españois contra españois, entre galegos contra galegos, na que gañou un bando, pero eso forma parte dos libros de historia….
Os comentarios políticos son os que xeneran maís polémica neste blog, eso está ben, quere decir que estamos vivos. Eu plantexo uns interrogantes: ¿Por qué a meirande parte dos nacionalistas tedes ese recelo con España e todo o que sexa español? ¿Que gañamos sendo nación?
Xose, creo que a historia da formación de España, xunto co maltrato histórico co que Madrid tratou sempre o noso país é a raíz dese recelo do que falas. Eu persoalmente penso que o futuro de España pasa por unha integración voluntaria das distintas nacións que a forman. Pero parece que no Estado español a constitución naceu para ser eterna e invariable e eso fai que a día de hoxe moitas cousas non sexan nin sequera plantexables.
O maltrato histórico é cousa do pasado e eu penso que debemos mirar sempre para adiante e deixar dun lado eses recelos e odios infundados…Por outra banda eu estou de acordo en que se pode modificar a constitución, pero non na liña que sinala a minoría nacionalista….que volto a recordar sodes unha minoria en España e maís en Galicia…unha minoría respetabel pero que fai maís ruido do que en realidade representa e que pretende impornos algo que os galegos non queremos….porque non teñades dúbida de que si os galegos quixesen ser nación maioritariamente seríamolo…
¿”si os galegos quixesen ser nación maioritariamente seríamolo”?
A maioría dos cataláns queren ser NACIÓN e ao final son unha cousa rara no preámbulo. Estas son as contradicións do noso Estado.
A maioría de Euskadi quere ser NACIÓN e moitos independentes de España e non os deixan.
Isto de as nacionalidades sen estado é un tema moi complicado. Eu tamén considero que Galiza é unha nación, pero sen ningún tipo de dúbida. O problema é encuadrala dentro do estado español.