Feed on
Posts
Comentarios

Arquivo de Decembro, 2006

Festa

E alá nos fomos, cargados de ilusións a gozar do partido e anima-la nosa selección. Un autobús cheo ós topes saíu de Maceda. Cánticos antes e chegar A Coruña, e un par de cervexiñas (outras para o bocadillo).

Unha vez dentro o ambiente volveu a ser especial, a xente vivindo o fútbol e apoiando a [...]

Read Full Post »

Volta á actividade

Despois duns días de (¿merecido?) descanso, a ruleta ponse a xirar outra vez. Ese maldito exame do 25 de Xaneiro tenme tolo; moito material e pouco tempo… e as gañas de meterlle o dente que non aparecen por ningún lado.
Dentro dun par de horas marchamos cara A Coruña, toca enche-los pulmóns para anima-la selección galega. [...]

Read Full Post »

Na casa

Durmín coma un leirón. A mañá adicada a recoller tódolos trastos, desface-las maletas, que desta volta si chegaron canda min…
O bo de chegar un día de feira é que iso implica comerlle o polbo, despois de cinco meses aínda se agradece máis. Agora, tras falarlle ó Jota, irei visitar a algúns dos colegas, polo que [...]

Read Full Post »

Voando vou!

Penso que non esquecerei nada (nin físico, nin moral), cargo coas miñas historias e volto á casa. O mellor das viaxes é o regreso, chegar ó fogar, ver á familia, tomarlle unha dúcia de novas últimas cervezas cos amigos, durmir no meu cuarto…
Serán 20 horas de voos, aeroportos, esperas, maletas (¿perdidas?), estradas e coche… pero [...]

Read Full Post »

“Espaldas mojadas”

Son milleiros, viven na intranquilidade continua, fan que a economía americana avance, aman este país polas oportunidades que lles ofrece… e sen embargo son simples números de estatísticas “ilegais”.
Están aí; na cociña do restaurante no que ti saboreas un delicioso menú, podando as árbores do teu xardín, coidando á señora maior da casa do lado, [...]

Read Full Post »

Bird

Adoro o cinema que trata a feliz década dos 20 e os duros anos posteriores nos Estados Unidos; anos de gansters e jazz, de duros boxeadores e whisky ás agochadas, de grandes fortunas e perdedores. Onte tiven a oportunidade de ver un filme titulado Bird (198 no que Clint Eastwood conta as aventuras [...]

Read Full Post »

Galiza- Ecuador en Riazor

Estase a organizar unha viaxe dende Maceda para acudir ó partido que o vindeiro día 28 enfrontará ás seleccións de Galiza e Ecuador no estadio de Riazor. O prezo da viaxe será duns 20 €, incluíndo a entrada. Se vos animades podedes deixarme unha mensaxe e eu vos pasarei os teléfonos ós que chamar.

Creo que [...]

Read Full Post »

Esto acábase

O vindeiro luns destas horas estarei voando cara Galiza, a miña aventura americana está chegando o seu fin. Polo de pronto esta semana téñoa ben ocupada; réstanme por facer catro exames, e supoño que empregarémo-lo fin de semana para despedirnos da xentiña. Boto unha ollada atrás e paréceme que foi onte cando cheguei ó campus [...]

Read Full Post »

Cinco, catro, tres, dous, un… aló imos. Saímos “voando” da Universidade, no noso coche alugado, con rumbo a Houston. Ademais do partido da NBA, o noso outro obxectivo era o Johnson Space Center da NASA. Dende este centro coordínanse as operacións que leva a cabo a axencia americana, pero tamén outras en colaboración coas axencias [...]

Read Full Post »

Unha mágoa

Dende a distancia poucas novas podo ler sobre Maceda. De tódolos xeitos hai algunhas, como esta que aparece hoxe en La Voz de Galicia, que desexaría non ter visto:
A imaxe lévanos ata o Alto do Rodicio. Un lugar de vistas pintorescas. E de lixo. O bidón está a rebordar de desperdicios e ninguén parece acordarse. [...]

Read Full Post »

Artigos Antigos »