Posted in Arte on 31 Outubro 2006 | Non hai comentarios »
“As primeiras edicións dos periódicos vespertinos conmoveran Londres con enormes titulares como este:
RECIBIDA UNHA MENSAXE DE MARTE. WOKING VIVE UN EXTRAORDINARIO ACONTECEMENTO…
… De súpeto, atopeime só, e vin fuxir do outro lado do foxo a toda a xente, Stren no medio dela. Volvín mirar cara ó cilindro invadiume un medo incontrolable. Quedei petrificado sen [...]
Read Full Post »
Posted in Verbas on 29 Outubro 2006 | 1 Comment »
Érgome e camiño. Xa é outono, aínda que co sol gobernando o día deste xeito ninguén o pensaría. O aire bate con forza na miña cara, centos de follas aproveitan para danzar agarradas o forte Eolo. Un, dous, tres, cambio de sentido. Unha nova reviravolta. Gústame seguir o baile, os seus movementos anárquicos hipnotízanme.
O sol [...]
Read Full Post »
Posted in Arte on 28 Outubro 2006 | 2 Comentarios »
Falo con compañeiros que remataron a carreira o ano pasado. Non penso opositar. Cada día que pasa vexo incrementa-las posibilidades de fuxida, como a amiga Mafalda.
Read Full Post »
Posted in Na rede on 25 Outubro 2006 | 3 Comentarios »
Hoxe en La Voz De Galicia:
Maceda celebrará o vindeiro sábado a súa primeira Festa dá Matanza, organizada pola asociación cultural e gastronómica Os Taberneiros do Pobo. A cita está fixada para as 18.00 horas do día 28 na Praza dás Toldas. Alí será ofrecida unha merenda a base de empanada, zorza, pan e viño. Todo [...]
Read Full Post »
Posted in Verbas on 24 Outubro 2006 | 5 Comentarios »
Séntome, a miña cachola volve repousar nun dos seus brazos. Síntome seguro, coma na casa. Un, dous, tres… e trágame. Repouso, botaba de menos esas tardes subindo os Pirineos ou os Alpes (espertando sempre xusto a tempo para non ser o último na chegada), seguindo as pegadas dos leóns no Serengueti, ou escoitando decenas de [...]
Read Full Post »
Posted in DxT on 22 Outubro 2006 | 6 Comentarios »
Disque en todo o mundo se segue o partido. Nós non íamos ser menos. Sabendo que a televisión americana se interesa máis ben pouco polo soccer (só emiten os partidos da Champions League dos equipos ingleses), preparámo-las nosas cervexas e metémonos de cheo na rede á procura dalgunha canle que ofrecese o “partido do século”. [...]
Read Full Post »
Posted in Arte on 21 Outubro 2006 | 1 Comment »
Levaba tempo na procura de algo parecido. Música pausada pero contundente, desafiante, chea de pequenas confidencias. Escoito o disco unha e outra vez, é perfecto para un estado de morriña permanente como o desta derradeira semana.
Marlango no seu álbum Automatic Imperfection achéganos ó mellor do rock melódico cunhas suxerentes pingadelas de jazz clásico. Recórdame [...]
Read Full Post »
Posted in Eu on 19 Outubro 2006 | Non hai comentarios »
Levo catro días choiando duro para o Proxecto do Porto de Marín, ademais de asistir ás clases, preparar as lecturas, exercicios para facer na casa… Mañá teño unha presentación e a semana que ven dous exames e un traballo máis que entregar. Desbordado. Non a rasquei nos catro días das vacacións e agora cargo con [...]
Read Full Post »
Posted in Verbas on 18 Outubro 2006 | 1 Comment »
Fondo, fondo, máis fondo. Silencio. Sssss… 11 S. Aínda se pode sentir algo especial. Unha rapaza chora nunha especie de ritual de liberación, a xente é incapaz de aguanta-las bágoas. Debuxos de nenos que pintan as súas lembranzas do fatídico día. Retratos cheos de cor. Cativos. Ilusión.
Recortamos o pasado cun pase de peito ó business [...]
Read Full Post »
Posted in Verbas on 16 Outubro 2006 | 3 Comentarios »
Luces, cámara… acción. Un non pode atopar ningún lugar con máis lugares de cine por metro cadrado. Por un intre gústame verme atrapado polo papel de celuloide dos clásicos: baixando do tren en Grand Central Station, arrastrando cos pés as follas caídas no Central Park ou virando en calquera curruncho de Broadway.
Síntome cómodo entre as [...]
Read Full Post »