Operación Carballo
18 Agosto 2006 por OLucas
Despois de que a bendita auga nos apagase o lume, é o intre de comezar a pensar no futuro, dende canalciencia.com están a impulsar unha iniciativa que me parece moi positiva dende tódolos puntos de vista. Trátase da operación carballo, unha sorte de repoboación coa que pretenden implicar a colexios, institutos e todo tipo de asociacións na recuperación do monte.
Deste xeito non só axudamos a que se recupere o monte senón que espertamos tamén, nos máis pequenos, unha conciencia ecoloxista fundamental á hora de resolve-lo problema dos lumes en Galiza. Sería moi interesante que algunha asociación en Maceda se unise á iniciativa, non hai dúbida de que sitio temos onde levala a cabo.
uyuyuyuyuyuy….a cousa esta que arde…coidado pola retaguardia que che estan enviando unha ofensiva terrestre…
O dos carballos en Maceda vai a ser como a duquesa-esa do museo en vez de “no a la tala” vamos decir “si os carballos”
ainda que a min se me ocorre unha idea moito mellor, castiñeiros, a ver quen se anima, a “castaña” sempre deu moitos cartos…ademais é un plan de dinamización da zona caralludo, postos de traballo, mais poboación… ou se non un “redlait” como o de amsterdam…jajjaja…o escaparate do Eloy e do 2000 os mellores, jajaja, eso si con parquin para autocaravanas…que non se diga de Maceda