Unha cascada de chocolate, flores de merengue, árbores de caramelo… todo o que soñamos cando eramos cativos. A fin de semana pasada vin Charlie y la fábrica de chocolate do director americano Tim Burton e volvín sentir a mesma sensación que cando de neno entraba na Maruja da esquina, a miña tenda de lambetadas favorita. [...]
Arquivo de Xullo, 2006
Charlie y la fábrica de chocolate
Posted in Arte on 31 Xullo 2006 | 5 Comentarios »
Festas de Maceda 2006
Posted in Verbas on 29 Xullo 2006 | 4 Comentarios »
Hoxe por fin se pode ver polo pobo o cartel das festas, aquí o tedes:
Eu persoalmente non esperaba nada especial, sempre pensei que as festas facémolas os que queremos festexar. ¿Vos que opinades?
¡Obreiros do mundo, unídevos!
Posted in Arte on 28 Xullo 2006 | Deixa un comentario »
Onte rematei de reler O Manifesto Comunista de Karl Marx e Friedrich Engels, que caira desta volta nas miñas mans nunha edición en galego, publicada por La Voz de Galicia.
Pouco ou nada novo vou poder contar sobre esta obra que mudou o pensamento e a historia de occidente a partires do século XIX, [...]
¿Pereiro Campión?
Posted in DxT on 27 Xullo 2006 | Deixa un comentario »
Estaba a preparar outro post para o blog e o enrar na páxina de La voz de Galicia sorpréndeme unha nova de última hora, ¿teremos un campión galego do Tour? Pra min non cambia nada, xa era a ostia ser segundo, o que si é decepcionante é o que está a ocorrer co ciclismo. Acabarán [...]
Graciñas
Posted in Na rede on 26 Xullo 2006 | 1 Comentario »
Estes días apareceron nas páxinas macedáns Enmaceda e Macedavirtual comentarios sobre o meu blog. Quería dende aquí agradecer ós administradores de ámbolos portais as súas palabras, e o mesmo tempo comprometerme, tanto con eles como con todos os que chegastes a este blog a través dos seus enlaces, a postear temas relacionados con Maceda. Gústame [...]
O río dá vida
Posted in Verbas on 24 Xullo 2006 | Deixa un comentario »
Non aturo máis tempo esta calor de verán africano, a miña pel sofre correntías semellantes ás que a tormenta da semana pasada nos deixou en Maceda. Conducido pola súa forza natural véxome arrastrado cara o río nunha nube de cascallos, ladrillo e asfalto pero ó final, tra-la tempestade… amañece a calma.
Sombra, repouso, sona de fondo [...]
Días de baloncesto/ noites de carallada
Posted in Eu on 23 Xullo 2006 | Deixa un comentario »
Non sei se foi pola proximidade do mundial de baloncesto ou polas relacións antagónicas, que diría Marx, propostas polo Víctor de Tioira durante as derradeiras semanas cada vez que lle tomamos unhas “terrinas”, pero a verdade é que onte despois de moito tempo volvín xogar ó baloncesto. Batemos os nosos corpos langráns na cancha das [...]
Próxima estación………. Texas
Posted in Eu on 21 Xullo 2006 | Deixa un comentario »
Un dos propósitos deste blog é manter un contacto “diario” (a constancia non é a miña mellor cualidade) coa miña xente, durante a miña próxima aventura. Pois ben, hoxe á mañá firmei o meu contrato de estudos, o que dalgún xeito significa que xa non hai volta atrás. O programa co que vou estudar nos [...]
Voos baratos
Posted in Na rede on 19 Xullo 2006 | 2 Comentarios »
Se tedes pensado viaxar nos próximos meses aproveitai ata o 23 de Xullo pra face-las vosas compras. Iberia pra mellora-la súa imaxe despois da folga da pasada semana está a levar a cabo unha campaña de publicidade (1000000 de disculpas, 1000000 de gracias), que inclúe voos realmente baratos. Eu, por exemplo, xa teño localizado un [...]
Parabéns Señor Pedro
Posted in Eu on 17 Xullo 2006 | Deixa un comentario »
Este fin de semana a cousa estivo quente en Maceda. O meu amigo Pedro recibiu novas sobre o seu exame de oposición e, afortunadamente, foron positivas. Esto dalgún xeito resolve, como se adoita dicir por estas terras, o seu futuro. A verdade é que a ocasión merecía unha celebración sonada, e así foi; o venres [...]